jueves, junio 10, 2010

Subida a Peña Ubiña (2417 m.)
















A comarca de Babía, famosa pero unha xoia descoñecida á vez, é un dos paraísos montañeiros do noroeste peninsular, varios son os cumios de insigne nome como Orniz ou Montihuero (que seguen no debe), pero sen dúbida a montaña estrela é a orgullosa Peña Ubiña de 2417 da que Jovellanos chegou a dicir que "se cree la más alta de España" .
Desque os amigos Michi e Josito me recomendaran o seu ascenso como un dos mais divertidos e sinxelos con boas condicións o macizo dos Ubiñas estaba no meu punto de mira. Nas últimas veces que tiven que conducir por terras leonesas non deixei de mirar ao norte para localizala, pois Peña Ubiña con visibilidade pode ser observada sen dificultade dende moi longas distancias.
Aproveitando a volta de terras cántabras e compartindo compaña con amigos que nalgún caso se bautizaban nas altas montañas con esta montaña , logrando un estreno meritorio que so pode ser posible nos tempos próximos ao verán pois neve e xeo complican moito a subida a esta cima , supoño que convertindo o treito final de roca nun cristal deslizante e con pasos moi delicados de superar tanto na subida como no descenso.
Para subir á grande das Ubiñas dende Babia pola súa ruta mais transitada é preciso achegarse a Torrebarrio, pequena aldea situada nun deses fermosos vales de verdes pradeiras que caracterizan estas terras. Dende alí xa se alcanza á con craridade a vista da cima, pois a diferencia de montañas mais tímidas como o próximo Catoute, Peña Ubiña sempre da a cara.
Collendo un ancho camiño de terra comeza unha suave subida que logo de 2 Qm teremos que abandoar pola dereita para dirixirnos seguindo a base da cara oeste. O punto de coller a senda que nos levara ata arriba non está ben sinalizado polo que é doado trabucarse e seguir adiante, algo que nos pasou e que logo rectificamos perdendo arredor dunha hora e meténdolle 4 Qm as nosas pernas.
Cando collemos a senda o ascenso comeza a inclinarse, sin ser nada difícil nos leva ata o magnífico praderío do Collado Ronzón de mais de 1900 m. Dende alí o espectáculo visual xa paga o esforzo, Babia, Somiedo, Luna,etc comarcas de beleza montañeira singular que nos anuncian que o mellor aínda está por chegar.

Alí no Ronzón collemos forzas pois dende aquí quedan 500 m de imponente desnivel a través de rochas que haberá que atravesar para tocar cumio. Para facer este percorrido precísanse coas boas condicións que atopamos arredor dunha hora e media. O camiño está marcado con fitos , non ten dificultades severas mais hai que facelo con xeito pois un pequeno erro ou tropezo pode facer que a caída sexa dura. De vez en cando hai que rabuñar polos rochedos, gatexar para ir gañando altura e por fin alcanzar a cresta que nos levara a esta fermosa cima.

No alto a visión é inesquecible, Peña Ubiña é a montaña mais alta en moitas leguas arredor e permite divisar dende as planicies de León ata os macizos dos Picos de Europa. Fermosa a vista ao norte das terras asturianas cubertas de espesos neboeiros so furados polos picachos mais altos da Cordillera Cantábrica que aparecen tamén cara o Este, Peña Santa de Castilla, Torre Cerredo ao lonxe...palabras maiores. Ao sur a comarca da Luna co embalse e mais alá o comezo da Meseta, virando xa a cabeza cara ao Oeste nos atopamos coas montañas do Bierzo e Gistredo , a comarca de Laciana e mais próximas as cimas lindeiras de Babia e Somiedo...un espectáculo que so alí arriba se pode ver!.

Logo xa toca descer novamente polas rochas, con mais xeito todavía que na subida e voltamos polo mesmo camiño deixando a picuda Ubiña Pequeña para outro día que voltemos por estas terras.

Para min foi un pracer compartir a subida cos amigos Jorge, Marcos e Manuel , tamén con Elena e Luis que non fixeron cima mais nos acompañaron nunha boa parte. Para o Potro,todo pundonor, e Manuel foi a primeira grande montaña, non lles resultou difícil pois as condicións eran óptimas, pero non deberían confiarse. Manuel coa súa gran condición física marcou un ritmo impresionante, espero que a súa temeridade en vindeiras ocasións non supoña unha imprudencia, pois álí arriba páganse moi caras.
Unha muesca mais , unha belísima montaña superada á que seguro voltarei, espero que os amigos que aquí me acompañaron lle colleran cariño pois foi grata compaña para novos cumios.

Non so estivemos en Babía, estivemos no mais alto de Babia.