lunes, marzo 08, 2010

Mercadorías dunha viaxe


Non podía ser doutro xeito, unha viaxe a euskadi con incursión no Sur de Francia precisa dalgún souvenir que traer para a casa.

Do País Vasco dende logo non podía faltar o queixo Idiazabal, nunha versión levemente afumada, non é dos mellores pero ben vale. Ademais uns bos pementos asados de navarra, unhas ás de pato en confit e unhas guindillas ácidas de Tolosa.

En Francia fun ata Biarritz, onde hai unha das tendas da cadea de viños Nicolas , evidentemente con ese nome eu sempre lles merco algo, mesmo hai tempo comprei un fermoso mandilón co meu nome. Desta trouxen 2 viños monovarietais etiquetados por eles , saen moi ben de prezo e están bastante bos, desta collín Garnay (Garnacha) e Pinot Noir. Ademais un Burdeos de 8 euros recomendado polo dependente e un Cahors, tíñalle gañas pois desta zona proveñen as primeiras cepas da Malbec, coñecida mundialmente polos mellores viños arxentinos pero que en orixe provén desa zona de Francia, a ver que tal...

Ademais collín algún que outro foie-grass nunha tenda de delicatessen , un preparado de polenta con legumes co que experimentarei e unha salsa de "colmenillas" que ten un faisán agardando no conxelador...

A incrible minicociña do Aloña Berri (Donosti)


O famoso chipirón en equilibrio de mar





Traballar toda unha semana a 800 qm da casa ten que ter a súa recompensa:
Falar do Aloña Berri é falar dun dos referentes mundiais do que se ven en denominar a cociña en miniatura . Como non podía ser doutro xeito este bar de pintxos atópase en San Sebastián , cidade ben coñecida debido a que a gastronomía ocupa un lugar destacado dentro non so da oferta turística se non tamén da cultural.
Este establecemento está especializado en pintxos de alta cociña, autenticos minipratos que en ocasións conseguen dun xeito reducido a maxia das máis grandes cociñas. O Aloña Berri atópase no Barrio de Gros , zona na que os bares que se están especializando neste tipo de pintxos con outras referencias como o Bergara ,El Patio de Rauntxo ou a Taberna Donostiarra.´
O propietario e alma mater do local é Joserra Elizondo e destácase dos outros gracias a posibilidade de escoller un menú degustación dun bo feixe de pinchos incluído postre por un prezo que entra dentro do asequible.
Ao entrar o primeiro que chama a atención é a espectacular decoración da barra cos pintxos fríos apostados nela. O local non é grande, pero dispón de varias mesiñas onde degustar dunha forma pasauda esta magnífica microcociña.
Como vedes nas fotos as propostas son realmente espectaculares no aspecto visual pero tamén no eido dos sabores que sorprenden en pequenos bocados.
Eu optei por un menú degustación de 20 euros que inclúe 6 pintxos e 1 minipostre, regado con 2 copas dun suave Riesling do cal non lembro , o prezo final foi de 25 euros, axustado para as verdadeiras marabillas en miniatura que probei.

O Guiller , un pequeno ovo con verdura tostada e ovas de troita, o Capuccino de algas e pulpo, a Delicias do Ulía, pasta bric rechea de langostino e aguacate sobre salsa de porros, un ravioli chino recheo con verduriñas, a mini carrillera de terneira e principalmente o arquipremiado espectáculo do Chipirón en equilibrio de mar , un chipirón recheo de cebola confitada servido cun vasiño co prebe do propio chipirón, unha reducción de Martini que lle presta un sabor moi particular e acompañado dun cristal de xerminados e unha logradísima tosta de arroz, un pequeniño socarrat. Para o final un correcto postre de tarta de foitas con xeado que pon o peche a un desfrute gastronómica de gran categoría.

Evidentemente non todos os locais de pintxos de Donostia acadan este nivel, pero o Aloña Berri é un bar totalmente necesario para comprender o alcance que as propostas da minicociña poden lograr. Para min resultou moi gratificante a visita recomendada polo meu amigo Alfonso así coma ver que a senda desta vertente da nova cociña empeza tamén a arraigar na nosa terra

Un simple pracer na casa


De vez en cando no Hipercor teñen moi boas ofertas dunhas gambasgrandes e a bo prezo. Dende logo que non ha ser a boa gamba vermella de Huelva ou Palamós, pero de verdade son ben sabrosas e valen para facer a prancha na casa...

Cunha cervexiña ben fresca e espinicando nelas podes sentirte no teu lar como si estiveras nunha desas grandes cervexerías madrileñas de toda a vida...

Luces de Donosti






















O brillo de San Sebastián adornase polas noites cos seus xogos de luces. Farolas que lembran a belle epoque, o kursaal como foco de atención, o xogo do mar e o reflexo nocturno da cidade, as vermellas letras do glamuroso Hotel de Londres e Inglaterra...certamente un espectáculo que un afeccionado da fotografía non pode deixar de captar.

Rape con fideos e kombu


Como todo o mundo sabe os peixes ligan ben cos fideos, neste caso o que fixen foi aproveitar unha cola de rape para facela con esa pasta e lograr un bo sabor a mar.

Para axudar ao rape e potenciar o súa forza marina empreguei a alga kombu e tamén un pouquiño de caviar de lumpo que lle da un toque salgado e mineral moi interesante.

O proceso é simple: dourar un bocadiño o rape e na mesma pota botar un pouco de auga , viño ,caldo de peixe,unhas febras de azafrán e media folla de loureiro, ademais eu engadinlle a auga de rehidratar a alga para potenciar o sabor mariño. Facer os fideos co kombu un 8 minutos e nos dous últimos botamos a cola de rape para que se faga un chisco.

Compre deixar o rape xugoso e comer tras repousar un par de minutos fora do lume. Pódovos asegurar que o sabor a mar é intenso, máis se lle botamos o caviar e un pouquiño de eneldo.

Un prato sinxelo, san e que se fai en pouco mais de 15 minutos.