viernes, enero 29, 2010

Un dos faros máis vellos do mundo...

...é imponente e aínda guía . Nunca lle tirara fotos á Torre do noso Breogán, volverei facerllas seguro porque se lle pode sacar mais aínda, mágoa de trípode ese día...

Ovas de pescada rebozadas en sésamo con salsa de eneldo


No sur de España as tomán cocidas e "aliñas", en ensalada, pódense atopar en conserva e tamén por alí abaixo as fan rebozadas. Hai poucos días non sabía moi ben qué peixe elexir e atopei estas ovas de pescada e decdín facelas rebozadas pero cun pequeno toque diferente, bañadas nunha masa de fariña, salsa de soia e ábundante sésamo.




Para empezar as ovas deben estar íntegras na bolsa se non desfanse, convén deixalas un anaco en auga fría con sal para que sangren. Unha vez feito este proceso sécanse ben e pásanse pola masa vixiando que queden ben cubertas. Bótanse en aceite a lume vivo, que logo baixaremos para que non se queimen. Retíranse da tixola e poñense en papel absorbente.

Para presentalas pódense curtar en rodaxas pero cun bo coitelo para ter coidado de non desafacelas.

Velaí tedes unha riquísima tapa de peixe, co exótico e sabroso toque do sésamo. Para acompañalas decidín estrear unha sabrosa salsa de eneldo das que usan non países nórdico para acompañar ó salmón , abofé que foi unha boa decisión. Gracias a Isa que dende Suecia me
trouxo a salsa

Benxamín e Iván, Radiohead e Satie


Foto de Méixome (gracias)

Qué teñen todos estes nomes en común? pois sen lugar a dúbidas , a música, música con letras grandes e douradas que son capaces de levantar no aire a calquera.

Cando se fala de Benxamín a un pode virlle á cabeza a súa faceta de contador de historias, de mago , pero evidentemente se lle coñece por ser un xenio do oboe...o oboe sí, ese instrumento de vento que tanta xente as veces confunde con outros como a frauta travesera ou o clarinete pero que soa dun xeito ben diferente. Se a Benxa lle unimos a Iván temos a un sorprendente e máxico dueto que combina unha delicada guitarra española co son do vento ,tocando un repertorio de música clásica que polo que eu vin é moderna e contemporánea, non sempre fácil para oídos como os meus, non afeitos a estes sons.


Pero o certo que nese concerto da noite do 18 de decembro na Tarabela fixeronnos desfrutar cunha música distinta pero reflexiva e luminosa. Tocaron unha peza de Erik Satie, un francés de finais do XIX, un compositor un case maldito , vangardista , dunha vida fascinante e posiblemente un deses xenios avanzados que son recoñecidos con posterioridade.


É certo que os meus patrón para mesurar non son dende logo académicos , pero ista inquedante Gnossienne nº 1 , que así se chama a peza, asombroume pola súa fermosura e dende a miña ignorancia viñeronme á cabeza algunhas músicas escoitadas pero que non podía lembrar...ata que ao día seguinte coa mesma musiquiña dándolle voltas á miña cabeza din cunha canción de Radiohead, "Life in a glasshouse" , moi "jazzistica" á que lle atopei semellanzas, non sei se pola escuridade e o desacougo que por momentos ambas evocan ou simplemente porque as dúas gustanme moitísmo...


Déixovos un video da actuación, os 2 primeiros minutos son de Benxamín presentando a peza (é contacontos, que lle imos facer!!!), a Gymnopedie nº1, que eu coñecía daquela película de Jaime de Armiñán rodada en Galicia chamada "La hora bruja" e por último un video da canción "Life in a glasshouse" en directo para sentir ao detalle a forza e o sentimento da banda de Tom Yorke.

Benxamín e Iván



Gymnopedie nº1


Radiohead

O Mercado de San Miguel



Esta esta sendo unha das grandes atracción de ocio e desfrute no último ano en Madrid, o recuperado Mercado no corazón castizo de Madrid está conseguindo ser un dos focos de atención culinaria da capital falto dun lugar deste tipo como os que hai noutras cidades europeas ou tamén en Barcelona.


Que ninguén pense que estamos a falar de La Boquería, nin moito menos, o Mercado de San Miguel é un lugar moito máis pequeno e dende logo que en canto a xénero alí exhibido sería flatarlle ao respecto comparalo co templo da Cidade Condal. Pero tampouco o pretende, pois a súa filosofía é servir mais como un punto de ocio e reunión arredor da boa gastronomía a base de delicatessen, tapas e , como non, bos caldos.


Na súa rúa central é onde están a gran parte de locais para consumir e polos laterais bundan máis as pequenas tiendas especializadas en productos de alta calidade, e por certo, tamén prezo. Polo que aquí non podemos pretender facer a compra diaria, pero si achegarnos a mercar algunhas das deliciosas propostas que podemos atopar no seu interior.


Na miña visita , un sábado pola tarde previo ao Nadal, puiden comprobar o éxito de público da iniciativa e decidimos facer un alto nun dos locais que mais lle gusta aos visitantes, un pequeno posto onde se degustan ostras, francesas iso sí, a un prezo non moi elevado que si pode disparase se as acompañas dunha copiña de champagne francés...pero a ocasión o merecía.


Polo tanto unha interesante proposta mais en Madrid, a un paso da Puerta del Sol e da casa do meus amigos Arantxa e Alfonso (as fotos son do seu Iphone). Por certo, logo de ver o Mercado a pregunta obrigada foi: cando se van decidir en Madrid a arranxar o Mercado de la Cebada? , agora mesmo o seu aspecto é total suciedade e ben podía ser un dos lugares de compra dos madrileños e unha alternativa mais para os turistas que agora xa se achegan a La Latina...tamén por qué non, para que o amigo Calleja o desfrute pois está a carón da súa casa.

jueves, enero 21, 2010

MAÑÁN A LINGUA NA RÚA


Para que os que se confunden poidan rectificar
para que a galegofobia sexa so unha triste lembranza conforme pasen estes meses escuros
para que os castelán-falantes desta terra que aman o galego non teñan que xustificarse
para que os que non queren ser galegos reflexionen
para que os nosos fillos e netos non se avergoñen da incultura dos seus pais e avós
para que "arrecendo" siga a ser o aroma de Galicia
para que deixe de minguar a cantidade de bos e xenerosos
para que a "choiva" non nos abandone
para que non haxa que botarse ao monte
para que "fraga" non so sexa Don Manuel
para que NÓS escoiten
para que ...

para que non esquezamos esta canción de Fuxan



martes, enero 19, 2010

O Courel de neve











Dicían que igual non se podía pasar pero aínda así decidin ir ata o Courel e velo completamente nevado, as previsións eran que ata o día seguinte non caería outra boa ,así que collín o coche e as cadeas...
Entrei por Foilebar, pasando por Casa Veva ,desta non probei os seus manxares, e continuei polo doce Val de Louzara , unha das mais fermosas marabillas da paisaxe da nosa terra.Alí a estrada tiña dificultades , aínda así fun pasando para achegarme ata Paderne e ir divisando a súa devesa.
Seguín cara a Moreda para ver a maxia da Devesa da Rogueira nevada e totalmente solitaria, nin un son humano, mesmo a natureza atacada polo frío facía deste lugar máxico un pouco mais calado do habitual, so o canto dalgúns paxaros, a caída da neve das polas ou o caer do río entre as pedras rompían ese silencio...

Teño fotos xa da Devesa en todas as estacións do ano, estas son as primeiras con neve. Como vedes parece espida en comparación coa primavera ou o verán pero non perde nada do seu encanto , é diferente pero segue sendo ese máxico compendio dos bosques interiores do noso país, un lugar onde Galicia é pura.
Poño algunhas fotos , se queredes ver mais ,ollade o video.

viernes, enero 15, 2010

CATÁSTROFE HUMANITARIA: se queres axudar a Haití...

Algunhas posibilidades para canalizar a vosa posible axuda a Haití:

Médicos sin fronteras:
Debido al alto número de visitas a nuestra web, la conexión puede ir muy lenta. Por esto te pedimos que, si quieres realizar un donativo para ayudar a la población haitiana, llames al 902 30 30 65 o hagas una transferencia en:

Banco Santander: 0049 / 1806 / 95 / 2811869099

La Caixa: 2100 / 3063 / 99 / 2200110010

BBVA: 0182 / 6035 / 49 / 0000748708

Caja España: 2096 / 0300 / 96 / 3383320504

Caja Madrid: 2038 / 0603 / 29 / 6005700064

Triodos Bank: 1491 / 0001 / 29 / 0010001773

Banco Sabadell: 0081 / 0052 / 00 / 0004400044

Caixa Sabadell: 2059 / 0660 / 44 / 8000174083


Solidaridad Internacional ha abierto dos cuentas para hacer donaciones que serán destinadas a satisfacer las necesidades de una población devastada, que a si situación de precariedad se le suman las gravísimas consecuencias de la catástrofe.




Las cuentas:


Banco Santander


Titular: Solidaridad Internacional


Cuenta: 0049 0001 54 2210042242






Caja Madrid


Titular: Solidaridad Internacional


Cuenta 2038 1001 37 6000888882


La Cruz Roja Española también ha puesto en marcha un operativo para ayudar a las víctimas, y ha habilitado un número de teléfono para contactarse y ofrecer ayuda: 902 22 22 92.


Intermón Oxfam, que trabaja en 46 países, habilita sus números de cuenta para colaborar.


La Caixa 2100-0765-81-0200111128


Caixa Catalunya 2013-0500-16-0213198878


Caja Madrid 2038-8978-17-6000016604


CAN 2054-0300-56-9157938948


Santander 0049-1806-91-2111869471


BBVA 0182-6035-49-0201502475


Banc Sabadell-Atlántico 0081-7011-11-0001698879


Triodos Bank 1491-0001-21-0010010201


Cáritas ha habilitado un teléfono de donaciones, el 902 33 99 99. Además, dispone de las siguientes cuentas bancarias:

Santander 0049-1892-64-2110527931


BBVA 0182-2000-21-0201509050


La Caixa 2100-2208-39-0200227099


Banesto 0030-1001-38-0007698271


Caja Madrid 2038-1028-15-6000969697


Banco Popular 0075-0001-81-0606839307


Sabadell-Atlántico 0081-0216-74-0001306932


C.E.C.A 2000-0002-20-9100382307


Bancaja 2077-1277-10-3100146740


CAM 2090-5513-04-0040370409

Para ayudar a través de Save the Children:

Santander 0049 0001 52 2410019194


La Caixa 2100 1727 12 0200032834


BBVA 0182-5502-58-0010020207


Caja Madrid 2038 1004 71 6800009930


Teléfono 902 013 224

martes, enero 12, 2010

Lovely Luna, a outra cara de Xoel

O mellor músico pop galego de hoxe ven de sacar novo disco no seu outro proxecto conxunto con Felix Arias chamado Lovely Luna que continúa o camiño indie-folk que comezarán do seu anterior e pegadizo disco "Las cosas que nadie debe ver".
O actual chámase "Chang y Eng", non esperedes un disco de son espectacular pero si dende logo música entretida e cantable para pasar un rato agradable. Pódese descargar legalmente na súa páxina Lovely Luna polo módico prezo de 5€ polo que non hai razón para piratealo.
A primeira canción con video é "Parando el tráfico", moi acústica e suave pero con ritmo. O video tamén é interesante cunha marcada presencia de cores e ambientes galegos ademais de recoñecibles paisaxes coruñesas.

lunes, enero 11, 2010

Recunchos da gastromemoria de Lalín 70-80s


Pasei hai 15 días por diante e atopeime con isto, grandioso verdade?.
A min gustábame máis o bocadillo de salsa de riles, pero de seguro que hai quen prefería isto. O de salsa de riles lembróo a 15 pesetas...algún lalinense dos 30 aos 50 que nunca o probara?

O Nadal ,as papatorias e os quiliños de mais


O Faisán braseado (fotos móbil)



A Langosta na súa crema (foto móbil)

A quen non teña collido peso no Nadal pódenlle suceder dúas cousas : a primeira triste a segunda miserable.
A primeira serían circunstancias económicas ou de saúde que non permitan os excesos típicos das festas , no segundo caso sería seguramente debido a pouco amor pola boa mesa en compaña de amigos e familia.
A día de hoxe case non son capaz de lembrar todas as papatorias festivas , pero si que hai pequenos detalles que compre grabar na memoria gastrofestiva deste Nadal de 2009.
Empezarei sen dúbida por unha magníficas perdices comidas na cea de Noiteboa, encargadas no Restaurante Os Arcos de Lalín teño que dicir que me lembraron a aquelas perdices de sempre que en tan boa lembranza levo no meu padal (ver este post).
O año do día de Nadal tamén estaba fabuloso como as centolas sempre cheas de garantía de Casa Corinto en Pontevedra..
No fin de ano tocoume a min facer a cea, destacaría do menú os faisáns braseados con viño doce e uvas que cociñei, co venado creo que é das pezas de caza que mellor collido lle teño o punto. Poñerei a receita en Paparevivir.
Tamén fixen para esa cea unha Langosta coa súa crema e ovas que non estaba todo o boa que me gustaría pero considero que a receita estaba ben elaborada ,e da que saquei algunhas ideas para outros pratos de marisco no futuro, sobre todo na elaboración de caldos.

Pero non hai que pensar que todo é luxo, pois tamén nestas festas tomei un gran churrasco nunha desas parrilladas , as veces esquecidas, que podemos atopar no Concello de Lalín: o Airiños en Golmar, na estrada que vai de Prado ao Corpiño.
Ademais o día da matanza da que falo máis abaixo tamén comimos un bo cocido co resto dos porcos do ano pasado, os chourizos cocidos aínda estaban deliciosos.Tamén na casa de María non hai moitos días degustei un dos manxares nórdico máis típicos : arenque afumado traído por Isa dende Suecia con salsas de eneldo, unha delicatessen da que repetín.

Cos amigos tamén degustei unha boa comida en Casa Roberto en Vedra, composto por un sinxelo pero sabroso menú degustación nunha boa compaña ao calor dunha magnífica chimenea de ferro. Da comida non moitas sorpresas pero sí destacaría uns canutillos de langostino que puxeron ao inicio e que vedes na foto e un xugoso e tenro solombo de terneira galega que houbo incluso quen tomou ración doble. Mágoa da soedade que se percibía no restaurante e da falta de proivisións dalgúns productos.

Como vedes despois de todo isto e algunha máis que de seguro que se me esquece (paseo ata a Gaspara a comer o polbo do Carballiño e coller cañas de Cerviño con Rafa...) estou contento con so 2 kiliños que me teño que sacar do bandullo pois case non hai tregua para a tempada de cocidos.
A chimenea de Casa Roberto(foto móbil)
Canutillos recheos de Casa Roberto

3 Porcos 3




No inverno frío é o momento de facer a matanza , nas terras do Deza o mes máis usado para facela é decembro e a ser posible que sexa un día xélido e seco para que a o porco teña máis garantías de curar axeitadamente e así as súas carnes e salgaduras poidan dar pracer aos que teñan o voluptuoso pracer de desfrutalas . Na casa da miña moza María, ou para ser máis preciso da súa avoa Maruja, foi o segundo día do 2010 o elixido, arredor de 4ºC ,cuberto sen chuvía.
Nas fotos vedes unha mata tradicional como se fai nesta zona de Galicia, iso si con pistola e non con coitelo para axustizalos. Xa co porco sen vida procédese a limpeza da pel do animal queimándolle o pelo e o coiro ben sexa co lume das carqueixas ou co repaso do soplete a gas , "avance tecnolóxico" que permite que este traballo sexa máis doado e se acaden mellores resultados que antigamente. Xa no seu famoso libro "A Cociña galega" o grandísimo Cunqueiro falaba das diferencias na queima das cerdas " ...Nuns lugares por exemplo , escáldase o porco para afeitarlle as cerdas e noutros queimaselle coas chamas dun fachico de palla...". Certamente este cheiro e os gritos do animal no seu sacrificio son lembranzas de calquera que teña sido neno na Galicia interior.
Posteriormente compre limpalo e cepillalo ben para que quede o máis pulcro posible antes de proceder a abrilo. Neste punto é onde as artes do matachín , tras a sorte previa da mata en sí, teñen maior importancia: abrir o porco con garantías e unha lección maxistral de anatomía que non so precisa dun coitelo ben afiado, a mestría no seu manexo é determinante para ir separando e limpando as diferentes partes que se van ir sacando do animal. O meu cuñado Tin , presente e colaborador nestes pasos , cualificou a Manuel o matachín, de auténtico cirurxán, eu tamén comparto a súa opinión.
Co porco inanimado e panza arriba procédese a un curte transversal para poder acceder ao seu interior e colocarlle na súa pelve a corda que permitirá colgalo. Unha vez aberto o porco compre retirarlle as tripas que logo valerán para embuchar os chourizos e nalgúns casos aproveitar a vincha (vexiga) para facer algún embutido como na zona de Terra de Montes ou balóns para xogar nenos doutros tempos, hoxe xa polo menos serán bisavós. Tamén as visceras abdominais serán aproveitasdas para o seu consumo: fígado e riles , lugares onde o porco acumula toxinas ou marcas de antigas enfermidades . Isa, irmá de María e doctora veterinaria escrupulosa nestes temas, examina e incluso decomisa se detecta calquera anomalía. Non tería ningunha gracia que nunha casa con 2 veterinarias e 3 porcos tan ben coidados se producira algún problema.
Co porco xa en vertical coa cabeza cara abaixo e ben aberto comézase a retirar o unto, pouca cantidade nestes 3 animais , como moito para unha ducia de pares de zocos, e despois co coitelo e as mans retíranse os contidos do tórax como pulmóns , tráquea , esófago...e o corazón, aínda quente e fumegante, coa vida recente , brilante...e tan tan parecido en forma e tamaño ao humano que confirma esa similitude fisiolóxica tan falada entre porco e humano.
Eviscerados e limpiños é o momento de deixar aos animais pendeurados, cos seus coiros que se van enrrugando e endurecendo para secar nos días posteriores e logo despiezalos , facer a zorza para os chourizos, aproveitar o raxo fresco para o seu consumo e logo empezar o proceso de salgado nas artesas da cachucha co seu fuciño e orellas, os lacóns, o rabo, a costela, a soá ..."pártese en provincias tan ilustres como as do Imperio de Roma" ,outra vez Cunqueiro... todas partes esenciais para facer un deses cocidos artesanais únicos que son difíciles de topar por outras terras.
Pero hai unha parte previa á matanza da que non falei mais é a primordial en todo o procesado dunhas boas carnes de porco : a súa cría e cebo.
Aseguro que en toda a comarca do Deza non hai porcos mellor criados que estes 3, pode habelos igual pero dende logo non mellores que os da Señora Maruja do Sixto, que practica auténtica artesanía da alimentación tradicional . Ningún deles probou o pienso, a súa alimentanción baseouse nos cultivos da propia casa onde se realiza a mata...sen ningún tipo de sello, nin o precisa, este é un auténtico Porco ecolóxico e sostible . Nos meses do seu cebo a dieta de remolacha, millo, castañas, landras e no final dos seus días papas de fariña de millo garanten que estes porcos serán campións do Deza na elaboración de suculentos cocidos . Non moitos afortunados poderán degustalos . Ademais virán acompañados de grelos da casa, galiña da casa, terneira da casa...so os garbanzos son de "importación" pero hai quen anda traballando nunha solución para ise problemilla e cultivalos para o ano.
Polo de agora dicirvos que a zorza estaba no seu punto, xugosa, sen moitas especias pero no xusto punto de picante, sen moita graxa pero non seca...esperaremos polos chourizos e por todo o demais...
O xoves que ven é 14 de Xaneiro , lembrade: de San Amaro a San Valentín, mes do Cocido en Lalín

domingo, enero 10, 2010

A contundencia e o sabor feitos prato


A suculencia contundente na mesa: a receita por desgraza non é miña plo que non a veredes debullada no blog, trátase dun magnífico e potente corzo con fabas de Lourenzá e castañas, ao que tamén lle caeron uns chourizos e un pouco touciño ibérico. Guuisado con viño e paciencia , conseguíuse un auténtico manxar nun prato que non debería tomarse máis dunha vez ao ano...

Feito polo bo cociñeiro Miguel Nela na casa dos Loño nunha cea-magosto que se repite de ano en ano e na que Miguel sempre mos obsequia con caldos e manxares inmellorables.

Nin que dicir ten que a cea foi potente e calórica pero a dixestión soprendeume por respetuosa.

Gracias a Miguel e aos Alfonsos pola súa xenerosidade