lunes, marzo 08, 2010

Rape con fideos e kombu


Como todo o mundo sabe os peixes ligan ben cos fideos, neste caso o que fixen foi aproveitar unha cola de rape para facela con esa pasta e lograr un bo sabor a mar.

Para axudar ao rape e potenciar o súa forza marina empreguei a alga kombu e tamén un pouquiño de caviar de lumpo que lle da un toque salgado e mineral moi interesante.

O proceso é simple: dourar un bocadiño o rape e na mesma pota botar un pouco de auga , viño ,caldo de peixe,unhas febras de azafrán e media folla de loureiro, ademais eu engadinlle a auga de rehidratar a alga para potenciar o sabor mariño. Facer os fideos co kombu un 8 minutos e nos dous últimos botamos a cola de rape para que se faga un chisco.

Compre deixar o rape xugoso e comer tras repousar un par de minutos fora do lume. Pódovos asegurar que o sabor a mar é intenso, máis se lle botamos o caviar e un pouquiño de eneldo.

Un prato sinxelo, san e que se fai en pouco mais de 15 minutos.