lunes, marzo 08, 2010

Mercadorías dunha viaxe


Non podía ser doutro xeito, unha viaxe a euskadi con incursión no Sur de Francia precisa dalgún souvenir que traer para a casa.

Do País Vasco dende logo non podía faltar o queixo Idiazabal, nunha versión levemente afumada, non é dos mellores pero ben vale. Ademais uns bos pementos asados de navarra, unhas ás de pato en confit e unhas guindillas ácidas de Tolosa.

En Francia fun ata Biarritz, onde hai unha das tendas da cadea de viños Nicolas , evidentemente con ese nome eu sempre lles merco algo, mesmo hai tempo comprei un fermoso mandilón co meu nome. Desta trouxen 2 viños monovarietais etiquetados por eles , saen moi ben de prezo e están bastante bos, desta collín Garnay (Garnacha) e Pinot Noir. Ademais un Burdeos de 8 euros recomendado polo dependente e un Cahors, tíñalle gañas pois desta zona proveñen as primeiras cepas da Malbec, coñecida mundialmente polos mellores viños arxentinos pero que en orixe provén desa zona de Francia, a ver que tal...

Ademais collín algún que outro foie-grass nunha tenda de delicatessen , un preparado de polenta con legumes co que experimentarei e unha salsa de "colmenillas" que ten un faisán agardando no conxelador...

1 comentario:

noguerol dijo...

diorrr, boa importación, abofé, para unha homenaxe gastronómica pre-primaveral