lunes, enero 11, 2010

O Nadal ,as papatorias e os quiliños de mais


O Faisán braseado (fotos móbil)



A Langosta na súa crema (foto móbil)

A quen non teña collido peso no Nadal pódenlle suceder dúas cousas : a primeira triste a segunda miserable.
A primeira serían circunstancias económicas ou de saúde que non permitan os excesos típicos das festas , no segundo caso sería seguramente debido a pouco amor pola boa mesa en compaña de amigos e familia.
A día de hoxe case non son capaz de lembrar todas as papatorias festivas , pero si que hai pequenos detalles que compre grabar na memoria gastrofestiva deste Nadal de 2009.
Empezarei sen dúbida por unha magníficas perdices comidas na cea de Noiteboa, encargadas no Restaurante Os Arcos de Lalín teño que dicir que me lembraron a aquelas perdices de sempre que en tan boa lembranza levo no meu padal (ver este post).
O año do día de Nadal tamén estaba fabuloso como as centolas sempre cheas de garantía de Casa Corinto en Pontevedra..
No fin de ano tocoume a min facer a cea, destacaría do menú os faisáns braseados con viño doce e uvas que cociñei, co venado creo que é das pezas de caza que mellor collido lle teño o punto. Poñerei a receita en Paparevivir.
Tamén fixen para esa cea unha Langosta coa súa crema e ovas que non estaba todo o boa que me gustaría pero considero que a receita estaba ben elaborada ,e da que saquei algunhas ideas para outros pratos de marisco no futuro, sobre todo na elaboración de caldos.

Pero non hai que pensar que todo é luxo, pois tamén nestas festas tomei un gran churrasco nunha desas parrilladas , as veces esquecidas, que podemos atopar no Concello de Lalín: o Airiños en Golmar, na estrada que vai de Prado ao Corpiño.
Ademais o día da matanza da que falo máis abaixo tamén comimos un bo cocido co resto dos porcos do ano pasado, os chourizos cocidos aínda estaban deliciosos.Tamén na casa de María non hai moitos días degustei un dos manxares nórdico máis típicos : arenque afumado traído por Isa dende Suecia con salsas de eneldo, unha delicatessen da que repetín.

Cos amigos tamén degustei unha boa comida en Casa Roberto en Vedra, composto por un sinxelo pero sabroso menú degustación nunha boa compaña ao calor dunha magnífica chimenea de ferro. Da comida non moitas sorpresas pero sí destacaría uns canutillos de langostino que puxeron ao inicio e que vedes na foto e un xugoso e tenro solombo de terneira galega que houbo incluso quen tomou ración doble. Mágoa da soedade que se percibía no restaurante e da falta de proivisións dalgúns productos.

Como vedes despois de todo isto e algunha máis que de seguro que se me esquece (paseo ata a Gaspara a comer o polbo do Carballiño e coller cañas de Cerviño con Rafa...) estou contento con so 2 kiliños que me teño que sacar do bandullo pois case non hai tregua para a tempada de cocidos.
A chimenea de Casa Roberto(foto móbil)
Canutillos recheos de Casa Roberto