viernes, enero 29, 2010

O Mercado de San Miguel



Esta esta sendo unha das grandes atracción de ocio e desfrute no último ano en Madrid, o recuperado Mercado no corazón castizo de Madrid está conseguindo ser un dos focos de atención culinaria da capital falto dun lugar deste tipo como os que hai noutras cidades europeas ou tamén en Barcelona.


Que ninguén pense que estamos a falar de La Boquería, nin moito menos, o Mercado de San Miguel é un lugar moito máis pequeno e dende logo que en canto a xénero alí exhibido sería flatarlle ao respecto comparalo co templo da Cidade Condal. Pero tampouco o pretende, pois a súa filosofía é servir mais como un punto de ocio e reunión arredor da boa gastronomía a base de delicatessen, tapas e , como non, bos caldos.


Na súa rúa central é onde están a gran parte de locais para consumir e polos laterais bundan máis as pequenas tiendas especializadas en productos de alta calidade, e por certo, tamén prezo. Polo que aquí non podemos pretender facer a compra diaria, pero si achegarnos a mercar algunhas das deliciosas propostas que podemos atopar no seu interior.


Na miña visita , un sábado pola tarde previo ao Nadal, puiden comprobar o éxito de público da iniciativa e decidimos facer un alto nun dos locais que mais lle gusta aos visitantes, un pequeno posto onde se degustan ostras, francesas iso sí, a un prezo non moi elevado que si pode disparase se as acompañas dunha copiña de champagne francés...pero a ocasión o merecía.


Polo tanto unha interesante proposta mais en Madrid, a un paso da Puerta del Sol e da casa do meus amigos Arantxa e Alfonso (as fotos son do seu Iphone). Por certo, logo de ver o Mercado a pregunta obrigada foi: cando se van decidir en Madrid a arranxar o Mercado de la Cebada? , agora mesmo o seu aspecto é total suciedade e ben podía ser un dos lugares de compra dos madrileños e unha alternativa mais para os turistas que agora xa se achegan a La Latina...tamén por qué non, para que o amigo Calleja o desfrute pois está a carón da súa casa.