martes, enero 19, 2010

O Courel de neve











Dicían que igual non se podía pasar pero aínda así decidin ir ata o Courel e velo completamente nevado, as previsións eran que ata o día seguinte non caería outra boa ,así que collín o coche e as cadeas...
Entrei por Foilebar, pasando por Casa Veva ,desta non probei os seus manxares, e continuei polo doce Val de Louzara , unha das mais fermosas marabillas da paisaxe da nosa terra.Alí a estrada tiña dificultades , aínda así fun pasando para achegarme ata Paderne e ir divisando a súa devesa.
Seguín cara a Moreda para ver a maxia da Devesa da Rogueira nevada e totalmente solitaria, nin un son humano, mesmo a natureza atacada polo frío facía deste lugar máxico un pouco mais calado do habitual, so o canto dalgúns paxaros, a caída da neve das polas ou o caer do río entre as pedras rompían ese silencio...

Teño fotos xa da Devesa en todas as estacións do ano, estas son as primeiras con neve. Como vedes parece espida en comparación coa primavera ou o verán pero non perde nada do seu encanto , é diferente pero segue sendo ese máxico compendio dos bosques interiores do noso país, un lugar onde Galicia é pura.
Poño algunhas fotos , se queredes ver mais ,ollade o video.

1 comentario:

Gourmetdeprovincias dijo...

Qué gozada!

Hai tempo que non vou polo Courel. Xa vai tocando.