viernes, enero 29, 2010

Benxamín e Iván, Radiohead e Satie


Foto de Méixome (gracias)

Qué teñen todos estes nomes en común? pois sen lugar a dúbidas , a música, música con letras grandes e douradas que son capaces de levantar no aire a calquera.

Cando se fala de Benxamín a un pode virlle á cabeza a súa faceta de contador de historias, de mago , pero evidentemente se lle coñece por ser un xenio do oboe...o oboe sí, ese instrumento de vento que tanta xente as veces confunde con outros como a frauta travesera ou o clarinete pero que soa dun xeito ben diferente. Se a Benxa lle unimos a Iván temos a un sorprendente e máxico dueto que combina unha delicada guitarra española co son do vento ,tocando un repertorio de música clásica que polo que eu vin é moderna e contemporánea, non sempre fácil para oídos como os meus, non afeitos a estes sons.


Pero o certo que nese concerto da noite do 18 de decembro na Tarabela fixeronnos desfrutar cunha música distinta pero reflexiva e luminosa. Tocaron unha peza de Erik Satie, un francés de finais do XIX, un compositor un case maldito , vangardista , dunha vida fascinante e posiblemente un deses xenios avanzados que son recoñecidos con posterioridade.


É certo que os meus patrón para mesurar non son dende logo académicos , pero ista inquedante Gnossienne nº 1 , que así se chama a peza, asombroume pola súa fermosura e dende a miña ignorancia viñeronme á cabeza algunhas músicas escoitadas pero que non podía lembrar...ata que ao día seguinte coa mesma musiquiña dándolle voltas á miña cabeza din cunha canción de Radiohead, "Life in a glasshouse" , moi "jazzistica" á que lle atopei semellanzas, non sei se pola escuridade e o desacougo que por momentos ambas evocan ou simplemente porque as dúas gustanme moitísmo...


Déixovos un video da actuación, os 2 primeiros minutos son de Benxamín presentando a peza (é contacontos, que lle imos facer!!!), a Gymnopedie nº1, que eu coñecía daquela película de Jaime de Armiñán rodada en Galicia chamada "La hora bruja" e por último un video da canción "Life in a glasshouse" en directo para sentir ao detalle a forza e o sentimento da banda de Tom Yorke.

Benxamín e Iván



Gymnopedie nº1


Radiohead