viernes, noviembre 27, 2009

Volta o Forum Gastronómico a Santiago


Aínda que por un tempo a súa celebración estivo no aire ao final impúxose a cordura e Santiago celebrará novamente do 20 ao 24 de Febreiro unha nova edición do Forum Gastronómico que dará continuidade ao celebrado no 2007 e alternacia aos que se veñen celebrando en Girona.

O evento presentouse o pasado 25 de Novembro e certamente promete ser moi completo coa presenza de moitos dos grandes cociñeiros tanto de España como do mundo, alí estará como non Ferrán Adriá que repetira visita a Compostela, os irmán Roca con 3ª estrela Michelin baixo do brazo, Pierre Gagnaire, Eneko Atxa...e unha nutrida representación da mellor cociña galega como Flavio Morganti, os irmáns Cannas, Solla, Pedro Roca...

O programa ten algunhas novidades, a primeira é que desta vez celebrarase en Amio para gañar en espazo expositivo antes as restriccións do Pazo de Congresos , aínda que hai certo malestar entre os gandeiros que supoño que poderán solucionar ese problema.

Terá unha parte máis ben profesional con moitos talleres de cociñeiros e ensalzamento de productos da nosa terra. Tamén contara durante a fin de semana cunha parte máis lúdica para o público en xeral na que se conserva o Concurso de Pulpeiras. Parte destas actividades celebraranse no casco urbán de Santiago para permitir que o Forum tome a cidade.

Seguiremos informando do evento gastronómico do ano 2010 en Galicia, alí penso estar como na edición anterior.

Videoreceita: Carrilleiras de porco ibérico ao ron con pementos do Arnoia en salsa de queixo do Roncal


Está é unha das receitas que tiña por poñer e das que mellor me sairon nos últimos meses. Nela utilicei unhas tenras e sabrosas carrilleiras de porco ibérico e combineinas cuns pementos de Arnoia que estaban de tempada daquela e unha salsiña suave dun queixo algo forte como é o do Roncal.

Non é unha receita sinxela pero tampouco de gran dificultade, importante primeiro "pelar" ben as carrilleiras, e dicir , sacarlle a graxa e o coláxeno que as envolve se non van quedar duras. Por certo , a diferencia das de vaca, as de porco so precisan dunha cocción duns 45 minutos a lume suave.

Na presentación tratei de facer un xogo combinativo de cores entre as dúas salsas, unha parte máis clariña onde están os pementos e outra máis escura onde está a carne cos tomates secos, un pouco o xogo complementario do Ying e o Yang.
Bon proveito.


jueves, noviembre 26, 2009

Restaurante el Nuevo, Teverga , Asturias

A entrada a El Nuevo de Teverga

Unha carta de domingo
Xabarín

Repolo recheo

Fabes con setas e gambas

Nas proximidades do Parque Natural de Somiedo está o Concejo de Teverga, tamén esta zona caracterízase polas súas macizas montañas , aínda que máis baixas que as somiedanas , e por un bo coidado do entorno. Na vila de San Martín , a capital do municipio, está un dos mellores descubrimentos gastronómicos que teño feito.

Trátase dunha casa de comidas asturiana, das que teñen prezo fixo con menú para elexir e que nos domingos esmeranse en dar de comer magníficamente a quen os visita por un prezo lixeiramente máis elevado que pola semana. Por certo unha tradición que aquí en Galicia non conseguimos sacar adiante e que en Asturias fai que moitas familias se decidan a saír todos xuntos a comer fora sen medo a non chegar logo a fin de mes.

Fun xa , que me lembre, alomenos 4 veces e nunca saín defraudado , a súa comida caseira, contundente e feita con esmero seguindo receitas tradicionais da mellor cociña montañesa asturiana é unha garantía de éxito.

O restaurante garda o vello encanto desas grandes casas de comidas cun bonito e amplo comedor tradicional nunha gran casona. Alí teño comido fabes con setas e gambas , fabes con xabarín, fabes con almejas , fabes con..., o tradicional e sempre exquisito Pitu de Calella (de curral), Xabarín, o Pote, Repolo recheo con salsa, o tradicional arroz con leite ou unha magnífica Tarta de queixo...e todo por un prezo nunca abultado.

Normalmente cando saes de El Nuevo o que che pide o corpo é unha boa siesta nos tranquilos prados da zona ou como xa fixen 2 veces e recomendo:

Alugar unha bici en Proaza a 14 Qm e subirr cara a Teverga unha Vía Verde chamada "La Senda del Osu", que percorre un fermoso trazado dunha subida moi doada e remata moi preto do restaurante. Logo despois de comer so hai que deixarse levar costa abaixo pola suave pendente respirando natureza e facendo a dixestión...tamén, por certo, é posible despois de tanta faba experimentar a "autopropulsión"

Somiedo en setembro











Tempo levaba sen darlle moito ao blog, nunca pensei en abandoalo pois escribir aquí entretenme , pero un exceso de ocupacións deixoume sen tempo libre para actualizar, tratarei agora de seguir unha cadencia que volva a atraer aos fieis da páxina.
Aquí como vedes vos traio algunhas fotos da visita feita con bos amigos as fermosas terras somiedanas, un dos meus destiños preferidos e seguramente un dos entornos mellor conservados da Península Ibérica . Comarca asturiana que destaca pola harmonia lograda entre a conservación esplendorosa do entorno, as tradicionais actividades humanas como a gandeiría e un dos novos modos de vida dos seus habitantes: o turismo. O certo é que o coidado dese Parque Natural por todos os que residen ou traballan nel merece unha mención especial pois mesmo as veces entre bromas rematas preguntándote quen será o xardiñeiro que pode manter aquelo...
Hoxendía dicir Somiedo é dicir natureza, é dicir tamén oso pardo , montaña, gastronomía, etc. En definitiva un entorno que acepta perfectamente ese cualificativo de moda denominado "sostible", un exemplo que deberiamos seguir os galegos coas nosas serras orientais, Ancares e Courel, declarándoas xa Parque Natural.
Nesta ocasión a excusa era a montaña, facer un bo percorrido polo Valle do Lago, subir aos Lagos de Saliencia para logo ascender aos Picos Albos de máis de 2000m. Como vedes foi un día fermoso de gran visibilidade que nos permiteu por exemplo ver Peña Ubiña dende a cima. Logo ao baixar despois dunha boa ruta aínda refrescamonos no magnífico Lago del Valle para finalmente baixar a Valle del Lago e volta a Pola de Somiedo porque unha ducha e unha grandísma cea esperaban como premio. Tampouco faltou unha curiosa verebena pois eran as festas patronais da vila e o II Certamen Internacional de la Vaca Asturiana de los Valles, que tremendo alboroto facían todas elas na feira de gando local
Da miña experiencia acumulada teño que dicir que a hostelería de Somiedo gaña a cada ano que pasa, cada vez hai más hoteis, apartementos, casas de turismo rural ou pensións desta aloxámonos nos Apartamentos Miño e so podo dicir que eran excepcionais, pero tamén está o Hotel Castillo del Alba, o Palacio Flórez-Estrada (xa de categoría)...podedes atopar máis nesta páxina http://www.somiedo.info/
En canto a gastronomía a oferta de Pola de Somiedo é magnífica para unha vila tan pequeniña. Podes empezar tomando unha sidra ou unha tapa onde o río (non lembro o nome) para logo decantarte por unha potente comida ou cea na Sidrería-Restaurante Carrión (lexendario pote asturiano), o Restaurante El Urogallo ,etc. Desta sorprendeunos moi gratamente o Restaurante do Hotel Castillo del Alba, carta variada todo moi sabroso, contundente como a gastronomía da zona, con bos viños a elexir e dun prezo moi contido. Sinto non ter apuntada a cea pero sei que foi agradecida , abundante e non pasou dos 30 euros con bo viño , postre e algún dixestivo: unha agradable sorpresa.

O certo é que Somiedo sempre está pedindo que volvas e tamén vale o outono ou o inverno.


lunes, noviembre 09, 2009

A Voda de Paula e Sito (Post para amigos)


Teño o blog medio abandoado , non por falta de gañas de poñer cousas se non por falta de tempo pero xa queda pouco para voltar a rutina blogueira, e necesitaba unha boa excusa para voltar a poñer cousas e para min non a hai mellor que poñer fotos da voda de dous grandes amigos.
Qué ben o pasamos o sábado , boa comida, moitos amigos e festa rachada, a pesares do tempo foi un día grande de alegría.

Primeiro na cerimonia na Igrexa de Lalín e logo no Pazo de Bendoiro,aos Loño e os Tome saeulles todo perfecto incluíndo a sorpresa que Julia lle preparou a Sito coa Banda das Crechas tocando no antepatio do Pazo, e que ben soaban...
O domingo en Lalín e Donramiro, debía haber algunhas cefaleas pero pagou a pena ,e agora aos dous xa os temos ben casadiños e polas lonxanas terras do Kruger en Sudáfrica, meténdonos unha sana envexa...que o desfruten como nunca ,que ben o merecen os dous.
Aí van algunhas fotiños, teño moitas máis pero haberá que ir aos pouquiños que non dou feito.
Un bico a Paula e a Sito por se ledes isto e a ver se conseguides facer o "Big Five", a María e a min custounos pero ao final vimos a todos eses bichos.