martes, julio 28, 2009

Algo fresco para o vran: Tartar de bonito e augacates con tomates secos e pementas


O xa clásico tartar de bonito, o meu peixe favorito no mes de xullo. Para facelo é preciso picar miúdos os lombos de bonito e poñelos a marinar,nalgunha ocasión o teño marinado parecido a un steak tartar máis leite de coco, desta vez so cun pouco de vinagre de Xerez, salsa de soia , aceite virxe e sal.
Complementase co aguacate lixeiramente aliñado, os tomates secos en aceite de oliva virxe, unha pequeniña ensalada , servido cunha mistura de pementas (vermella, negra e Shechuan) que le dan un puntiño de aroma e picante e un pouco ceboliño da miña colleita.
Un prato lixeiro, san e moi nutritivo que sabe mellor logo dun par de horiñas na neveira.

As Tarabelas de Lalín



As fotos son da web da Tarabela



Celsiño nunha maxistral e amena lección na Tarabelateca

Tarabela é unha palabra galega que entre outras acepcións é un adxectivo usado para designar a unha persoa como algo toliña, pero dunha tolería máis ben simpática e revoltosa (inconstante e pouco serio nas súas accións, di o diccionario de Ir Indo). Tamén se utiliza como sustantivo para designar aos muiños de vento , por tal razón non deberiamos asustarnos cando escoitemos dicir que “ os nosos montes están cheos de tarabelas”como seguramente podedes escoitar en Zobra.

En Lalín, Tarabela ten máis referentes nesas dúas vertentes ou acepcións da palabra. Por un lado temos A Marela Tarabela (título dun libro de Neira Vilas), que é o nome que recibe hoxe en día a Biblioteca do IES Ramón María Aller Ulloa, un espazo dentro do Instituto cheo de vida, obra e actividades, non como nos tempos nos que os da miña xeración estudiamos nese centro . Todos nos lembramos da biblioteca reducida a carbonilla e acordome que tampouco é que se sentira moito, pois había quen non sabía que existía. Hoxe cambiou completamente co esforzo do persoal docente e dos alumnos, da gusto visitar o seu blog e ver todo o que fan.

E dende o pasado 18 de xullo, día de nefasto recordo histórico , estrease en Lalín unha Tarabela chea precisamente diso que foi suprimido nun día similar hai case 70 anos: Liberdade. A Tarabela de Lalín ven sendo un espazo aberto , sen ideoloxías predefinidas no que a expresión cultural vai tratar de ser o puntal dunha experiencia de convivencia e manifestación cívica da veciñanza .
Sen dúbida Lalín conta cunha extensa e recente historia de actividade cultural alternativa , baseada na necesidade de aportar expresións ante o tradicional deserto institucional da vila. Todo o mundo en Lalín coñece e recoñece a grande labor realizada por colectivos como O Naranxo (a súa páxina web ofrece un auténtico fondo documental sobre o tema), berce de iniciativas como A Algarabía e colaborador doutras como A Foliada da Asociación Berra! ,e veñen a cabeza de calquera nomes que levan anos e anos “na brecha” e que tamén teñen dado outros froitos como Viravolta, Seisdedos, o Focucu, iniciativas empresariais de base cultural como o Barriga Verde ou Nonsi e outras máis que non por non nomear deixan de ser importantes. Creo sinceiramente que con esta asemblearia Tarabela crease un espazo aberto ,común e interxeracional para que xurdan con naturalidade máis iniciativas como as referidas anteriormente , para que moita xente teña un oco, un recuncho onde libremente poida expresar as súas inquedanzas culturais e mesmo relacionarse doutro xeito cos seus veciños.

Como dicía Chispón, un dos impulsores do proxecto, “o primeiro era definir o lugar, a partires de aí A Tarabela será o que os seus socios decidan”, así que entre todos vai existir unha grande responsabilidade compartida dos logros que se vaian acadando , nun espazo que reinvindica a autoxestión como xeito de supervivencia.

Presenta A Tarabela un punto singular que pode pasar desapercibido: o seu espazo físico, xa que por primeira vez na historia recente un dos referentes culturais de Lalín será un local non oficial situado fora da parroquia principal, na veciña de Donramiro, onde seguro que os seu veciños se van volcar, máis do que o farían os do casco urbano tradicionalmente “máis durmido”

A inauguración foi ben recollida na prensa e so se precisa ver as fotos para decatarse de que o ambiente festivo e de convivencia marcou esa xornada, eu particularmente lamento non ter asisitido, pero sei que vou pasar moitas horas nese lugar xa que so basta con botarlle unha ollada ao programa dos vindeiros meses para saber que esta Tarabela empeza a xirar con forza e a cada volta xenera compromiso.
Actuación de Linho do Cuco

O eclipse de sol máis longo do século XXI


E nos non puidemos observalo, pois so foi visble en Asia Oriental. Tratouse dun eclipse total de sol que é un fenómeno escaso na escala de tempo humano. Millóns de persoas en todo o mundo o seguiron e directo . Algúns incluso viaxando dende Occidente para "cazalo" coas súas cámaras e telescopios solares, seguramente outros estaban asustados , pois xa é sabido que non están moi ben vistos polos profetas da apocalipse, lembro agora o ridículo de Paco Rabanne en 1999.
O momento álxido do eclipse e cando se cobre por completo e so asoma unha coroa de luz ao derredor, momento no que o resto do ceo ponse escuro e os ventos habitualmente comezan a zoar algo máis debido aos cambios bruscos nas radiacións solares e ao descenso térmico.
Vos deixo cun video dunha televisión xaponesa, breve pero onde se pode ver o máis importante, que se poida entender o que di a rapaza xa é outro cantar.
Aquí tedes tamén un enlace dunha infografía moi boa de eclipses de El País


Monte e Lagoa de Louro











Para min iste é unha das más arrebatadoras paisaxes do país, un lugar fermoso e unico. Na boca da Ría de Muros e Noia, un imponente monte de rocas graníticas garda ao seu carón unha pequena lagoa litoral bordeada por dunas e unha praia salvaxe dunha area branquísima . O contraste do areal cun mar de intenso azul fai o resto para debuxar unha paraxe dunha intensa beleza.
Non me canso de fotografiar esta zona de Galicia e sempre que a visito traio novas fotografías. Desta a novidade foi achegarme ata a lagoa para mirar os paxaros. Non teño moita idea, non son afeccionado a ornitoloxía pero estou seguro de que é un lugar valiosísimo pola súa riqueza faunística. No tempo que estuven alí quedei marabillado pola variedade de aves que vin, algunha de grande tamaño como unha garza? que vedes na foto, tamén había patos de moitísimas cores. O mellor de todo é paz e tranquilidade coa que marchas despois de pasar uns minutos ollando para un lugar tan singular e toda a vida que o arrodea, que siga así por sempre.

No vran: Xuntanzas amistosas e celebracións familiares




Moitos dos que len este blog son amigos ou familiares que o seguen de xeito habitual , por iso mesmo sempre me están a pedir que saque pois todo este tipo de xuntanzas e mesmo as veces se me poñen pesadiños, pero non hai que facerlle , teño que ser condescendente.
No vran son típicas as xuntanzas de amigos e as celebracións familiares, nestas dúas últimas fins de semana tiven un pouco de todo.
Hai 9 días fun á tradicional e xa anunciada aquí xuntanza de Muros , que coa xenerosidade dos amigos Sisi e Marcos Sierra converteuse e 2 magníficos de días de amigos ,risas e como non boas e moi ben regadas papatorias, a pesares do tempo indeciso puidemos tamén desfrutar do mar e da inmellorable paisaxe de Louro. Gracias a todos , que ben o pasamos, mágoa por Mónica.
Nesta última fun ao Bautizo da primeira filla de Reyes e Álvaro , Fernandita, que é unha neniña simpatiquísima , inquieta e parece que máis boa que a súa nai de pequena (aínda que non o pareza Reyes de nena era un demiño). Aos avós e tíos se lles cae a baba. A festa foi divertida, nun marco no que os asistentes nos sentimos moi cómodos ,coa praia ao lado e unha boa merenda na que non faltou unha pulpeira do Carballiño. Que ben o pasamos todos!!!.

viernes, julio 17, 2009

Muros 09


Mañán acudo a unha tradicional xuntanza de amigos á casa de Louro -Muros que alí ten o meu xeneroso amigo Marcos Sierra, van ser seguro dous días estupendos a pasar con moitos amigos, estou seguro que o domingo vaime doer o bandullo de tanto rir.
Para todos este video elevador de ánimo, que xa parece que chegou o sol, dunha campaña que fixo a compañía T-Mobile con centos de persoas cantando o "Hey Jude!" dos Beatles en Trafalgar Square, como vos dixen anima moito.

Grupo de fotografía


"Tuneei a moto coma un auténtico patriota de Lalín"


" Se non fora polas hortensias"



"Lalinenses desequilibrados"


"50 puntos de luz, cona!"




"40 anos despois"


Hai menos dun mes un grupo de afecionados lalinenses á fotografía xuntámonos e decidimos crear un grupo co único fin de facer fotos , desfrutar do noso hobby e compartir impresións.

Ademais quedamos en facer cousas en conxunto , e o primeiro reto foi facer 5 fotografias do Lalín urbano. Resultoume algo complicado pois o casco da nosa vila non é precisamente fermoso e gústame a fotografias como medio para captar aquelas cousas que me parecen bonitas, pero tamén se pode utilizar para darlle un sentido crítico.
Estas son as 5 que fixen eu, xulgade vos mesmos.

Os meus brotes verdes


Estes son de verdade e sementados por min cunha semente mercada no Lidl e que está dando bos resultados. Trátase de cebollino e perexil rizado, o cultivo é moi sinxelo.

Especias




Non son de botarlle moitas especias á comida pero si que me gusta de vez en cando experimentar con elas e desfrutar dos seus aromas e sabores con moderación. Deste xeito , cun consumo moderado fun acumulando na casa unha gran variedade das mesmas e agora amigos e familiares que van de vaixe amablemente me traen algunhas pois é un agasallo sinxelo de transportar e agradecido.


Recentemente a miña nai trouxome da India pementa negra, noz moscada e tandoori. Hai aproximadamente un ano tamén me dou algunhas especias que lle trouxera unha amiga dende Sri Lanka, unha poderosísima e deliciosa canela, máis pementa negra e un auténtico curry de Madrás.


Hai pouco tamén a miñas cuñada Isa visitou Hungria e trouxome unha selección de Paprikas que se uniron a outras que a miña tía Reyes me regalou. Aínda conservo algunhas herbas aromáticas da Provenza que merquei hai 4 anos en Niza.


Todo esto unido a outras compras recentes como xenxibre en pó, coriandro , diferentes pementas e outras tan nosas como o Pimentón de la Vera ou as ñoras picadas fan que a miña colección de especias sexa variada e de moita calidade , ademais dun anaquiño de moitos mundos e arrecendos exóticos cos que xa se comerciaba hai séculos.


Xa vos digo que non son moito de usalas pero onte fixen uns Lombos de Bonito con coriandro e pementa de Sechuan que lle daban a ese gran peixe un toque realmente interesante e moi diferente do habitual sen chegar a facerse pesado.


Haberá que seguir experimentando, a ver se consigo a receita de Repolo á alemana , prato que lembro cun toque xenial de noz moscada e que unha vez me fixo hai uns 25 anos a miña avoa materna Teresa , aprendida da miña bisavoa Lorenza Khoeler orixinaria dese país, hai tradicións familiares que non se deberían perder.

Gracias aos proveedores, seguide colaborando.

O Mercado medieval de Santiago , o Goji do Tibet e outas compras




Gustoume o mercado medieval que se fixo na zona vella de Santiago, arredor da Quintana, na breve visitaque lle fixen hai un par de semanas. Había entretemento e algunas cousiñas interesantes para mercar.


Entre outros productos descubrín o Goji do Tibet, un pequeno froito silvestre que crece a 4000 m. Seica agora está de moda polas moitas propiedades beneficiosas que ten para o organismo e considerase o alimento con maior concentración de nutrientes, unha auténtica fonte de vitaminas e antioxidantes . O seu sabor é aprecido ao dunha uva pasa pois consúmese seco. Se queredes saber máis sobre as súas propiedades chuzade neste enlace.


Ademais comprei un magnífico ,sabroso e poderoso queixo artesán de cabra de León e unha boa peza de auténtica Sobrasada menorquina de porco negro. Tamén me fixe con algunhas especias como o coriandro, pementa vermella e pementa de Shechuan.


jueves, julio 16, 2009

O curro de Sabucedo 2009













Outro ano máis acudín á cita a Sabucedo, desta non puiden chegar a tempo de subir ao monte pero cheguei a comer o polbo logo ao curro e quedei a verbena despois de moitos anos, é sen dúbida unha das máis bonitas e típicas do país, e dende logo esgotadora e rachada.
No curro houbo un certo trasfondo de emotividade polo pasamento no mesmo día no monte dun dos bravos veciños de Sabucedo, pero os aloitadores fixeron o seu noble e antigo traballo nun recinto cheo a reventar.
Sabucedo coma sempre é moito e ademais vale para atoparse con grandes amigos da Estrada como Pedro Pablo, un saúdo para terras catalanas.







Lecer


No tempo de vran custa un pouco máis poñerse a escribir no blog, non porque non haxa cousas que contar ,que se cadra hai ben máis ,se non porque o tempo libre apetece máis fora da casa, na rúa.

Polo de agora non me fun de vacacións e levo un mes de xullo de "carallo" que foi o que entorpeceu máis a publicación no blog ,pero en ningún momento pensei en pechar este espazo.

Agora no vran teredes a o Paparevivir Versión Lecer que conterá máis fotos e menos texto, ademais de moita música seleccionada. Mentras ,empezo a organizar as miñas vacacións deste ano con algunha viaxe por terras moi verdes.