sábado, mayo 30, 2009

miércoles, mayo 27, 2009

Sir Ranulph Fiennes, o último explorador británico



Hai menos dunha semana voltou a estar de actualidade, é case unha celebridade no Reino Unido, trátase de Sir Ranulph Fiennes, o último británico que conserva o espiritú dos magníficos exploradores que ten dado ese país.

A tradición exploradora británica é inmensa, nomes como Livingstone, Scott ou o mesmo Darwin están na mente de todos cando falamos dos aventureiros dese país. Habitualmente as expedicións británicas estaban compostas de auténticos "gentleman", xente educada e moi formada, normalmente en varias disciplinas, pois acompañaban as súas inquietudes xeográficas doutras como a botánica, zooloxía, minería ,etc e no seu país sempre foron considerados como auténticos herois (canto teriamos que aprender as veces nos a darlle valor ao que temos).

Fiennes é un deses homes de grandes cualidades, souben del por primeira vez hai uns 7 anos cando buscando un libro para ler relativo a estes temas ,dos que me gusta coleccionar, atopei o seu relato autobiográfico "El Riesgo de Vivir", un libro dunhas 700 páxinas cheas de aventuras , viaxes, mundo e sobretodo moita , moita vida.

Primo do célebre actor Ralph Fiennes e membro dunha distinguida familia inglesa, Ranulph naceu en Inglaterra pero pronto emigrou a Constantia (Sudáfrica) pois a súa familia tiña moitas terras nesa zona coñecida polos seus magníficos viños. A infancia de Ranulph en África marcouno para toda a vida, iso que ademais tivo que pasar por Eton, o célebre colexio para as clases altas británicas. Non por iso se debe confundir a Fiennes cun "pijo", pois a súa vida está plagada de penosidades e incertidumes que logra ir salvando. Estivo no exército , nas SAS, e nos Royal Scots Greys , mesmo sirveu ao Sultan de Omán na loita contra os fieros Jemires Rojos de Yemen del Sur.

No historial de Fiennes tamén aparecen sabotaxes a empresas que producían danos ecolóxicos como diques que tentou de facer estourar con explosivos, pero o máis destacable é a súa interminable lista de xestas aventureiras entre as que destaca a Transgloge Expedition, na que acompañado do seu equipo e finalmente en condicións de gran risco para a súa vida conseguen circunvalar o globo arredor do meridiano de Greenwich, atravesando para elo os dous Polos da Terra. Ademais Fiennes atravesou so a Antartida, descubreu en Omán a cidade perdida de Ubar, explorou as fontes do Nilo, remontou o Amzaonas en canoa,subir o Eiger con 63 anos, etc.

Nos últimos anos Fiennes correu 7 marathons en 7 días en 7 lugares en 7 continentes (contando Antártida) ...despois de ter sufrido había pouco tempo un infarto de miocardio!!!. Empezando pola Antartida, correu logo en Santiago de Chile, Sidney, Singapur, El Cairo , Londres y New York.

Agora Ranulph volve saltar a actualidade por subir ata o Everest con 65 anos de idade, tras un intento fallido hai dous anos no que declarou que non trataría de subilo nunca máis...pero parece que este home non ten acougo, cal será a próxima?.

E todo esto, por qué? , moita xente pensaría que o fai por cartos ou recoñecemento; supoño que algo haberá diso, pero o certo é que o gran Ranulph Fiennes soe doar os beneficios obtidos a fundacións benéficas, da súa subida ao Everest acadou 3,5 millósn de dolares para a Fundación Marie Curie para a loita contra o cancro, enfermidade da que morreron varios dos seu familiares, coma a súa muller e acompañante en varias expedicións Gennie

A todos os que teñan interese nestes temas recoméndolles "El riesgo de vivir", e hoxe como homenaxe a este home comprarei o seu libro sobre a vida do capitán Scott, co título de "Scott" considerado un dos mellores retratos sobre o malogrado explorador británico, un dos paradigmas desta disciplina.

Aquí vos deixo un par de videos deste auténtico fenómeno:







Sir Ranulph Fiennes Everest Challenge Episode Two from Liz Scarff on Vimeo.





lunes, mayo 25, 2009

O Carreirón, na Illa de Arousa





Un dos lugares que vale a pena visitar na parte Sur da Ría de Arousa é o Parque Natural do Carreirón situado na zona máis meridional da Illa de Arousa. Para chegar ata alí so hai que cruzar a Ponte e logo a primeira a esquerda e seguir as indicacións, non hai perda.

O Parque, non moi grande pero sí moi interesante, é un lugar de gran interese para os ornitólogos polas moitas especies de aves que alí habitan ao longo do ano. Tamén é fermoso para calquera que alí se achegue e queira dar un paseo nesa mestura de ría, rosario de pequenas praias e bosque de piñeiros.
A paisaxe muda coas mareas , e con elas as cores do Parque , que está cheo de minúsculos areais onde deterse a tomar o sol o darse un chapuzón nas claras augas do interior da Ría, mirando cara a Enseada da Toxa. Un lugar fermoso para perderse nel nestes primeiros días de sol (que aínda non vemos con craridade)

Asia Gallery, seica o mellor chinés de Madrid




Segundo un dos máis prestixiosos blogastrónomos , o Sr Maribona de Salsa de Chiles, o restaurante Ásia Gallery é o mellor representante da comida chinesa de calidade na capital de España, en dura competencia co chinés do Villamagna , Tse-Yang. Así que seguindo esa recomendación na última visita que fixemos a Madrid , María e máis eu achegámonos ao histórico Hotel Westin Palace no que está localizado o restaurante.
Simplemente o paseo dende o hall ata o restaurante xa é magnífico podendo contemplar un fermoso sañón cunha gran cúpula que precede á entrada do restaurante. Dentro xa deste o que chama a atención é a magnifica decoración de ambientación oriental e aconformación de diferentes espazos nunha sala de restaurante na que non hai moitas mesas. Sen dúbida o marco do restaurante é magnífico, vexamos a comida:

Pedimos un menú degustación, o bautizado como Menú Pequinés de 38€, que comeza cunha Sopa Agripicante que quizais pode resultar moi picante ,a min gustoume pero María non foi capaz. Continuamos cuns Rollitos Primavera e uns Langostinos Fenix de Jade, as dúas frituras magníficas no seu punto de crocante, os langostinos simplemente deliciososos.




E despois chegou a auténtica estrela da noite o Auténtico Pato Lacado Estilo Pekín, nunca comera este prato ata o de agora, teño visto por exemplo no Barrio Chinés de Londres aos patos colgados a secar pero nunca o probara e penso que é un deses pratos que é imprecindible porbar algunha vez na vida. Primeiro foinos presentado o pato antes de curtalo, xa que para esta prpeparación so se aproveita a parte da pel e o que está intimamente ligado, para despois metelo nuns rulos de pasta china. O sabor incrible e delicado, a textura do pato cruxe pero á vez e suave. Unha delicia. Hai que dicir que preparar ben un Pato a este estilo leva varias xornadas pois é un proceso ben complexo que empeza por soplarlle por dentro ao pato en crú para ir separando a pel da carne e logo caramelizar ata lacar esa mesma pel.

Por último non ían tirar o resto do pato e o serven como Filetes de Pato ao Jengibre Fresco, que tamén está moi rico e verdadeiramente tenro, acompañado duns tradicionais Tallarines ao Estilo Chinés, suaves e sen pasarse de graxa como fan nos típicos restaurantes barateiros chineses.
Para rematar o menos logrado, un postre de plátano fritido con xeado, que deixandose comer non está a altura do resto.

Non sei si é o mellor de Madrid pois non coñezo outros salvo o Indochina na zona de Chueca tamén moi recomendable, pero non hai cor , o Asia Gallery é dun nivel superior e dende o local ata a propia comida están moi coidados. De prezo, pois co menú degustación e un Les Terrases do Priorat a cousa saeu arredor dos 55 euros por cabeza, pero collendo outro viño máis asequible e sen tomar menú podes saír arredor dos 40 por persoa.

martes, mayo 19, 2009

Consume leite galego


Foto: Miguel Vila. Colineta

De seguro que nestes tempos no que todo é crise(inmobiliaria,financieira,naval,..)tamén tedes oído da crise no sector lácteo polo baixo prezo que lle pagan aos gandeiros polo leite,ata 18cts/l.Pero agora coa chegada das marcas blancas ás grandes superficies esta crise estase agravando.


Aínda que o verdadeiro problema non son só estas senon as empresas como Pascual,Río,García Vaquero,...que están traendo leite doutros países,Francia e Portugal,cousas do libre mercado;pero este leite que non cumpre as mesmas garantías tanto sanitarias coma organolépticas que o galego,estase a envasar en Galicia como leite galego,aproveitando a súa boa fama e nos estamolo pagando como tal.¿Fraude?


Cando compras un cartón de calquera marca atopas o nº de lote,a caducidade e lugar de envasado,nunca a procedencia,cousa que non ocorre noutros productos(mel,viño,froitas,peixe...)Se queremos calidade nun producto tan básico na nosa alimentación e pagar polo que de verdade buscamos merquemos productos lácteos producidos en Galicia:Feiraco,Larsa ,Xoia,O Alle,Central Lechera Asturiana(si,tamén é leite galego).


É a nosa maneira de apoiar a un sector tan castigado e olvidado tanto polas administracións locais como centrais que non tomas decisións convintes ó respecto.

María Blanco Penedo
Veterinaria de vacún

miércoles, mayo 13, 2009

Fagan apostas: de qué vai iste viral?

Moitos xa o sabemos, pero cómo é que se reúnen estes tipos e para qué?. Que quedé claro que algún dos membros dese equipo non gozan das miñas simpatías.

Se dejaba llevar...

Foise o máis grande do pop español de todos os tempos, alguén que fixo da música un refuxio no que moitos entrabamos compartindo a súa gran sensibilidade.
A música, a súa guitarra e sen dúbida as letras nos acompañarán por sempre a todos os que tivemos a oportunidade de escoitalo. Dende logo a poucos artistas conseguen tanta coincidencia nos gustos de tanta e diversa xente.
Foise Antonio Vega pero as súas cancións serán coñecidas polos nosos netos e os que veñan, a inmortalidade está garantida para a alguén que puido non sentirse demasiado cómodo entre nós.
A súa morte, tantas e tantas veces anunciada, supoño que deixaría moi triste ao amigo Miguel De La Cierva e a todos aqueles que sentiamos que Antonio Vega xa era unha parte familiar dos veráns no Naútico de San Vicente.
Ata sempre Antonio,na Barrosa botarémoslle algo por tí.

Me quedo contigo (versióneando a Los Chunguitos)



Lo mejor de nuestra vida



Con Miguel "Elixir de juventud", se ve y escucha mal pero...








martes, mayo 12, 2009

Tras a lectura de "La Casa de Brandán"


O autor no medio dun deses bosques atlánticos da súa novela

Xa hai días que rematei coa lectura do libro de Carlos e gustaríame deixar a miña opinión sobre a súa primeira novela, opinión dun simple lector habitual que non ten o máis mínimo coñecemento de crítica literaria, pero como calquer asiduo lector de novelas pode dar o seu parecer sobre aquelo que le.

En primeiro lugar sinalar que darei a miña opinión tratándome de abstraer do feito coñecido de que Carlos é meu amigo, non sei se o conseguirei pero tentareino de todos modos, pois non lle faría moito favor doutro xeito.

Ao meu entender "La Casa de Brandán" é unha novela curta moi entretida e dende logo ben escrita. Supoño que haberá cuestións criticables , pero do que non teño dúbidas é de que está ben escrita , característica que faina doada de ler sen necesidade de achacarlle esta virtude a súa brevidade.

Carlos di que nesta novela quere falar da natureza, da natureza galega que coñece ben e que como se recoñece no texto ama e defende a través das personaxes que dan vida ao relato. A influencia da literatura inglesa é recoñecida polo autor , principalmente do escritor Evelyn Waugh, pero dende logo tamén aparecen reminiscencias da inevitable Agatha Christie e mesmo do grandísmo Graham Greene. Non so nas cuestións de intriga a literatura británica está na súa obra , mesmo o tratamento e a relación das personaxes están influenciadas polos modos ingleses .





Supoño que Carlos recoñecera a influencia da galega Pardo Bazán e doutros moitos autores, pero tamén dun xeito fundamental atópanse nesta novela ocos para a aparición das fábulas e lendas da nosa Galicia interior , salpicadas con reminescencias históricas ben coñecidas nesta comarca: os castros, os pasadizos das torres e fortalezas, o wolframio...Tampouco debemos esquecer as furibundas críticas que se lle dedican a aqueles que esmagan a nosa terra e a nosa paisaxe, feitas dun xeito intemporal que ben valerían para moitas das graves situacións que Galicia padeceu nos últimos 20 anos.





Finalmente lembrar os toques de humor , recoñeciblemente autobiográficos para aqueles que o coñecemos, representados por un aflixido e noble hipocondríaco que é motivo de gracias e burlas dun médico inxenioso e borrachín

En resumo, para min trátase dunha pequena novela entretida e que a pesares de ser curta está chea de detalles, cun tratamento moi coidadoso da linguaxe descriptiva que non pesa en exceso


ao tratarse dun relato breve , pero que nunha novela máis longa necesitaría máis lixeireza ao meu parecer. Atopamos tamén en "La Casa de Brandán" un sutil pero recoñecible sentido crítico de moitos dos males que secularmente ven pacendo Galicia sen moita solución de continuidade, chegados fundamentalmente dunha situación continuada de incultura ao parecer do autor.

A miña máis sinceira noraboa ao meu gran amigo, pois o seu primeiro libro debe ser o comezo dunha producción máis prolífica que estou seguro que xa está a proxectar. Ten xeito e ten gañas, o resto xa o farán as musas.

Un "chollo" xeográfico







Moitas veces un vai mercar unha cousa e remata levando outra que non tiña pensado e habitualmente ao saíres da tenda vaite collendo un sentido de remordemento. Nada de iso pasoume hai poucos días cando en La casa del libro en Vigo atopei este magnífico Atlas da prestixiosa Editorial Taschen a un prezo incrible.

A obra chámase Atlas Maior e a orixinal data do ano 1665. Trátase dunha recopilación de mapas e ilustracións xeográficas da epoca, tempos no que o desenvolvemento da xeografía xa conseguira representar o mundo dun xeito parecido a como o coñecemos hoxe.
Os fermosos mapas están acompañados de fantásticos debuxos onde se representan caracteristicas dos lugares mostrados como animais, xentes ou vexetación. Ademais tamén se inclúen textos actuais e antigos sobre os países representados e faise un pequeno repaso aos instrumentos de medición que usaban os xeógrafos daquela. Destacan tamén as belísimas láminas desplegables que representan aos continentes feitas en papel de altísima calidade.

Aínda estou empezando a mirar e ler este libro xigante, as súas dimensións en tamaño e nº de páxinas son inmensas pero voume decatando de que fixen unha compra magnífica por un prezo irrisorio
Se queredes o libro podédelo atopar en Internet na web de La Casa del Libro pois teñen rebaixas en moitos artigos de Taschen tamén moi recomendables.
Ah! o prezo actual: 50€, o seu prezo orixinal era de 150€.

miércoles, mayo 06, 2009

Exposición de Nicolás González Aller no Club Financiero de Vigo.


O meu pai, o pintor Nicolás González Aller, inaugurará unha nova mostra na Galería de Arte do Club Financiero de Vigo o vindeiro xoves día 7 ás 20h.

A pesares de ser o seu fillo non sei moito do material que se vai expoñer desta vez pero polo visto na tarxeta de invitación a influencia do seu paso por Costa de Marfil segue pesando na súa pintura e supoño que estará mesturada co seu universo máxico galego.

Espero podervos contar máis e poñervos imaxes dos cadros nos vindeiros días polo de agora hai que conformarse con algún xa expostos previamente.
Como vedes no meu entorno moita actividade cultural e unha axenda apretada nesta semana.

O video promocional de "La Casa de Brandán"

Xa a teño nas miñas mans e xa estou empezando a ler esta novela do amigo Carlos, en canto a remate xa vos conto.
Polo de agora vos deixo co video que a Editorial Slovento fixo como promoción do libro.
Para aqueles que me preguntastes onde se podía mercar aí van algunhas solucións:

- En Lalín: en Dalvi e Albarellos.
- En Santiago: Follas Novas
- En Internet: La Casa del Libro (enlace directo)

Tamén podedes pedilo na vosa librería habitual e de seguro que ides contribuir á súa difusión e distribución

martes, mayo 05, 2009

Ferrán Adriá en TVE

Hoxe emitiron o primeiro dos programas documentais sobre Ferrán Adriá e o fenómeno "El Bulli" na 2 de TVE, un percorrido polo nacemento do considerado mellor restaurante do mundo ata mediados dos anos 90.
Sen dúbida un documental interesante que permite ver por dentro os conceptos que foron marcando os camiños de Ferrán Adriá e o seu equipo e as influencias que foron tomando nesa evolución. Gustoume porque ademais de ideas podíase ver a concreción das mesmas, os exemplos prácticos e a súa concepción e orixe. Salvando as distancias as imaxes facían pensar nos talleres dos grandes mestres da pintura -italianos,holandeses ou españoles- lograban facer evolucionar a súa arte nun traballo orixinal pero en equipo.
Ferrán Adriá, o do mundo real e o da pólémica, nunca buscada por él, ten marcado un camiño único e sen volta atrás para colocar a cociña española no lugar que lle correspondía : unha cociña de evolución de séculos, tremandamente variada e pensada para seducir aos comensais e non so alimentalos, algo que os de aquí xa sabiamos dende nenos pero que agora , en gran parte gracias a Adriá, tamén saben os de fora.
Seguiremos con atención os novos programas de TVE desta semana e prestarémoslle especial atención ao 59 segundos no que ademais de Ferrán estará o tamén xenial Andoni Luis Aduriz ,chef do Mugaritz.
Mentres vos deixo cunha entrevista informal de Hilario Pino na súa TV por Internet a Ferrán no mesmo Bulli.

Este venres: "La casa de Brandán"


Como xa fun anunciando o acontecemento editorial da primavera , a presentación da primeira novela de Carlos Calvo Ulloa, "La casa de Brandán".

Terá lugar no Pazo de Bendaña no Toural, en Santiago, o vindeiro día 8 ás 19:3o h.

Aínda non a puiden ler pois o autor vaime dar un exemplar mañán e xa vos contarei, aos que non poidades agardar dicirvos que está no escaparate de Follas Novas en Santiago e creo que en Lalín a Dalvi e Albarellos a terán en breve.

Non vos perdades este libro.

Algunhas compriña gastronómica e a súa aplicación práctica





En Madrid , entre a Gran Vía e Chueca e tamén en Claudio Coello hai un novo local que podería considerarse como a reinvención do fenómeno Vips en versión "fashion", trátase de Isolée, un espazo onde podes atopar dende un bar, roupa moi "in" , libros , cosmética ou unha interesante e selecionada gastrotenda.

Alí fixen algunha compriña, da que agora vendo os resultados estou moi orgulloso, velaí vai unha descripción.
- Os manises de Wasabi (2,50€) : o snack máis curioso e sorprendente que tomei nunca, o efímero picante do wasabi que nunca deixa de sorprender. É probar un e rapidamente pensar e comer outro. Vanme dar xogo para algunha receitiña ben curiosa.
- Os aliños americanos Briannas (3 € cada un) : curiosas combinacións para alegrar dunha forma diferente as ensaladas, polo de agora so probei o de Xenxibre Mandarina, cunha textura acaramelada e de sabores agridoces e exóticos que probei con esta ensalada da que tiven que facer outra ración pois non me chegou a nada:
Ensalada de foie trufado con aguacate e salsa de xenxibre e mandarina
5 minutiños de traballo e unha cea de gourmet: mezclum de ensalada, aguacate, tomate cherry, pepino, foie trufado (de oferta no Eroski estes días a 2 €),sal en escamas e o aliño mencionado.


Pescada en salsa verde con judias e pimentón


Un prato sinxelo, suave e sabroso á vez . Unha receita moi pero que moi sana, baixa en calorias pero con sabores delicados e de sempre.

A chave desta receita está en aproveitar ben a xelatina propia do peixe para ligar a salsa a base de allo e perexil coa axuda dun rouge de Albariño.

Moi importante non facer o peixe de máis e que quede xugoso e tenro. En definitiva unha receita das de sempre que se fai facilmente en 25 minutos. Quen da máis.


De ponte de maio por Madrid

Hai algo máis dun mes fun por Madrid con Carlos e Rafa, desta vez foi con María de viaxe totalemnete lúdica e de relax, tanto que non quedamos con ninguén daqueles que coñecemos na Villa y Corte, aínda que poucos quedarían alá aproveitando os festivos para marchar.
Foi unha fin de semana ben aproveitada con visita a ida a El Escorial e a volta parada en La Granja de San Ildefonso.
Polo medio fumos facendo un pouco de todo nunha cidade que atopábase relaxada con 3 días festivos seguidos. O primeiro día como os guiris polo Madrid dos Austrias e o das Letras, paseando e tomando unha desas cañas tiradas con mestría alí e outra acolá, para finalmente degustar sabrosas e típicas tapas de sempre. Sorprendinme sen dúbida polo éxito da representación dos sabores de Lalín na capital do estado representados pola Taberna Maceiras na rúa Huertas, na que a xente facía cola, extranxeiros incluidos, antes de abrir. Éxito sostido na comida típica da zona(polbo á feira, richada, empanada ,etc) a prezos que na carta semellan ridículos para Madrid, non sei das racións porque nunca comín no pequeno emporio dos Lamazares.
Ao día seguinte visita ao Thyssen onde vin a exposición "La Sombra" da que falarei en Paparevivir e paseo curioseando e as veces ata mercando, nas poucas tendas abetas ou na Feira do libro antigo e de ocasión. Pola tarde pola zona de Fuencarral e o gozo de ver o derbi arrodeado de madridistas nun bar , caladiñamente desfrutando dun partido inesquecible, aínda sigo a rir lembrando á Cibeles coas vallas de protección ante a posible victoria do Madrid...je,je,je.
Xa na noite o prato forte gastronómico da viaxe pois fumos ao Asia Gallery no Hotel Westin Palace, un lugar magnífico do que aínda levo no padal a miña primeira experiencia, e que non sexa a derradeira, co Pato lacado ao estilo de Pekín, tamén haberá crónica desto . Logo visita ao que é o meu local nocturno favorito en Madrid, o Moby Dick, local con excelente música e que por ser ponte estaba moi agradable nunha noite de sábado pois non había agobios, mágoa non estar alí o vindeiro venres xa que estarán tocando Grand Archives, un dos grupos rebelación do ano pasado.
No domingo máis paseo e finalmente , visita a ese fermoso , prácido e relaxante paraxe de La Granja. Hoxe foi un dos luns no que menos me custou erguerme a pesares de chegar a unha da mañán e ata cheguei sen decatarme unha hora antes de tempo a traballar.
Non so se recargan pilas na montaña as fins de semana polo que parece...