martes, abril 28, 2009

Misha Bies Golas/Miguel Calvo Ulloa en Vieiros


Miguel ten exposición recente en Santiago na Galería Metro, como todo o que fai Miguel é moi orixinal e diferente do convencional, pero non podo opinar moito máis porque cando fun era a inauguración e había unha chea de xente, polo que entre falar e saudar non houbo tempo para vela , de todos os xeito pronto volverei vela.

A expo non pasou desapercibida para os amigos de Vieiros que lle fixeron unha pequena reportaxe con entrevista , tamén destacaría a que lle fixo recentemente o Faro de Vigo do Deza.
M.S.P. - 12:30 26/04/2009

Tags: arte exposición metro misha bies golas
Un fondo de papel milimetrado e imaxes do real, fotografías tiradas de fontes diversas, aínda que maioritariamente de elementos da cultura popular (o gusto polas revistas e os patróns de moda) e a imaxinación e o azar para combinalas. Eis os instrumentos que dan lugar aos 'Artefactos' de Miguel Calvo, Misha Bies Golas, obras que malia partir do real e da figuración absoluta acaban convertidas en imaxes puramente abstractas.

O construtivismo e Rodchenko andan detrás de todo isto nos formatos e mecanismos empregados, e a obra resultante achégase moito ás creacións surrealistas. Xa dicía o propio Rodchenko que "se se desexa ensinar ó ollo humano a ver dunha forma nova, é necesario mostrarlle os obxectos cotiáns e familiares baixo perspectivas e ángulos totalmente inesperados e en situacións inesperadas". "En moitos casos non é algo que estea previsto, intervén moito o azar, depende dos materiais que vaian caendo nas miñas mans", di o fotógrafo e artista lalinense, que hai uns meses expuxo na Galería Sargadelos de Compostela a mostra 'Patróns', na que traballaba a partir das coñecidas revistas de patróns. Estes elementos preexistentes axúdanlle, di, a dar o primeiro paso: ao igual que o papel milimetrado que "potencia os volumes e facilita o traballo: serve de primeiro paso, axuda a loita contra ese abismo do papel en branco".

Noutra obra foron un conxunto de postais de Leningrado dos anos cincuenta o punto de partida; era o catálogo 'Leningrad', que publicou canda ao Ronseltz Xoan Carlos Rodríguez, nunha iniciativa do Verbum que tamén se puido ver no Granell compostelán.

Lonxe de calquera afán de pretenciosidade, Miguel Calvo quere, en calquera caso, "desmitificar, restarlle importancia, quitarlle ferro á arte". Vén de Lalín, onde nese núcleo artistico que constitúe o Barriga Verde colabora con autores de moitas disciplinas distintas.

O nome artístico, Misha Bies Golas, procede dunha tradución mal feita do seu propio nome: "Misha é o diminutivo de Mijail, sería algo así como Miguelito. E o Bies Golas debería ser o meu apelido, Calvo, pero como o amigo meu ao que se lle ocorreu e que sabía algo de ruso, non sabía dicir 'calvo', puxo 'sen pelo'".

Artefactos. Misha Bies Golas. Galería Metro, até o 13 de maio

jueves, abril 23, 2009

San Jorge, San Xurxo, Sant Jordi...

Non o dubides: regala un libro hoxe...
...ou tamén podes esperar ata o vindeiro 8 de maio, día dun gran acontecemento editorial.

Unha crema de zanahorias tuneada


As veces para darlle máis cor e sabor a pratos de sempre basta cunha simple actualización, redecoración ou tuneo , dame igual como se chame o importante e facer a receita tradicional e logo darlle algo máis de vida.

Neste caso unha crema de zanahorias e porros foi complementada cuns tomates secos, panceta ,perexil e unhas gotiñas de aceite virxe para conseguir que a pota feita que me levou 3 días consumir non sabera sempre igual.


Ortegal, Capelada, Garita de Herbeira, San Andrés de Teixido...




Lugares máxicos e incribles, o espéctaculo da forza da terra e do mar enfrontados , paisaxes e símbolos imprescindibles para coñecer algúns dos segredos deste país, lugares de visita obrigada nesta vida ...ou na outra.

Eu xa cumprín, pero si hai outra vida non me importaría voltar por alí , recoller de novo a herba de namorar e mercar uns sanandreses.



Restaurante Nito de Viveiro, un clásico da Mariña



O Nito leva sendo unha referencia da zona dende hai moitos anos, lembro ir a este restaurante de Viveiro xa de neno seguindo pola xeografía galega as fazañas do C.D. Lalín, nestes últimos anos tiven a oportunidade de volver ata alí 2 veces cunha sorte desigual.

O restaurante está situado nun alto sobre o mar co porto de Celeiro a un paso, e que é a principal procedencia dos manxares que se serven neste local, que dispón ademais dun comedor agradable de mesas amplas e inmellorables vistas.

Hai casi 2 anos cun grupo numeroso e como parte dunha celebración en pleno mes de xullo, a visita ao Nito foi memorable, fundamentalmente polos peixes , pola abundancia na carta e tamén porque sendo festa pasámolo moi ben , bebimos viños únicos e o prezo non foi moi elevado. Daquela lembro o sabroso Rollo de Bonito, outros acordanse como non da pescada.

Desta ocasión non foi mala a experiencia, pero si que houbo certa frustración pois a carta estaba algo escasa , xa que non é tempo de chipiróns ou de bonito, de todos os xeitos todos quedamos contentos cos pratos que comemos. De primeiro compartimos uns pementos cheos de marisco, un salpicón que era todo bicho e finalmente decidinme pola Pescada de Celeiro á bilbaína, que estaba no seu punto de cocción e sabor, sen dúbida un peixe ben fresco. Coa comida compartimos o fantástico viño Predicador de Benjamín Romeo, un deses autores de viños personais que tamén fai Contador ou Que bonito cacareaba.

Para rematar tomamos postre , algunha copiña e algún café. Dicir que o prezo desta ocasión pareceume algo elevado, sinalando ademais que postres como o arroz con leite , o leite frito ou un xeado non poden custar 6€ aínda que as racións sexan abundantes.

Non vou crucificar ao Nito desta vez ,pois en liñas xerais cumpreu, pero espero que sexa capaz de conter os prezos este negocio que é un dos estandartes do turismo nesa zona do país.

Casa da Torre en Viveiro




Xa hai algún tempo falamos aquí doutra casa en Viveiro, a Casa Areal Rural , desta tócalle a outro establecemento de turismo rural da zona que polo que parece ten a oferta ben cuberta.

Esta Casa da Torre está na estrada que vai de Vilalba a Viveiro a uns 3 Qm da capital da Mariña . Trátase dunha casa que parece que datado S XV e na que se levou a cabo unha magnífica restauración.

Consta dun edificio principal onde están as un acolledor salón e as habitacións, estas son moi amplas e cunha decoración señorial e sinxela. A recepción xa está noutro edificio que está pegado e que consta so dunha planta, esta é a zona máis chamativa da casa pois restaurouse o antigo forno integrándoo entre madeira e aceiro conseguindo amplos espazos para a recepción e o comedor, todo completamente acristalado con vistas ao coidado e gran xardín no que destaca un muiño que aproveita o regato que por alí pasa.
A verdade é que se trata dunha casa cómoda e fermosa, un bo lugar para descansar e achegarse ata a Mariña para desfrutar dos seu paisaxes e xantares. No inverno o prezo para o que ofrece a casa pódese considerar de ben axustado (63€ doble), no vran xa sube pois estamos falando dunha zona eminentemente turística.















Por certo algunhas fotos da fin de semana para os amigos:










miércoles, abril 22, 2009

Estaca de Bares



43º47´N, esta lectura da latitude está inscrita nunha roca da Estaca de Bares, marca como sabedes o punto máis septentrional dá Península Ibérica, un deses límites extremos dos que o noso país ten bos exemplos.
Ademais da súa significación xeográfica completada polo feito de separar o Atlántico do Cantábrico, Bares ten unha importancia histórica antiga e importante. Ata aquí xa tiñan chegado os fenicios moito antes da romanizacion da Gallaecia, co suposto fin de controlar rutas comerciais, logo chegarían os romanos e outros moitos pobladores. O seu importante interese estratéxico fixo que ata hai non moitos anos os USA mantiveran aquí unha base militar de control marítimo. Din tamén que dende aquí partiron moitas das incursións dos primeiros galegos nas diferentes Illas Británicas e supoño tamén forma parte das nosas conexións célticas
O cabo é imponente e de seguro nas rochas batidas por un mar habitualmente enbravecido escóndense deliciosos segredos en forma de magníficos percebes, mellor tesouro que o que ofertan as deterioradas garitas do exército americano que hoxe en día practicamente so valen para danar a paisaxe.

Sinalar tamén que Bares é un LIC pola cantidade de aves que usan este septentrión como punto de entrada na sosa península , puidéndose observar moi diferentes , sendo considerado un paraíso dos ornitólogos , non vin máis que gaivotas desta vez.
Pola zona tamén está o Hotel Semáforo de Bares, un pequeno pero interesante establecemento hosteleiro situado nun lugar único cunhas vistas inigualables. A súa habitación principal xa está reservada durante varios meses

martes, abril 14, 2009

Me gusta leer

Fermosa video-creación fomemtando a lectura de paso que promociona a web ME GUSTA LEER de Mondadori.

Perdede uns minutiños porque o merece...


lunes, abril 13, 2009

Os Abruzzos e o seu Duque: Luis Amadeo de Saboya





A pasada semana a terra vibrou con forza tráxica en Italia levándose por diante vidas e fogares , para moitos o nome da rexión soáballes descoñecido, pois non é unha das zonas mais famosas de Italia e tampouco afectou a ningunha das súas cidades máis coñecidas (Roma, Florencia, Milan, Venecia, Génova,etc).
A min escoitar o nome dos Abruzzos, pois así se chama a rexión (Abruzzi, en italiano), lembroume a un dos máis importantes exploradores e montañeiros do que hoxe se chama Italia e que colleu o nome das montañas que arrodean á devastada cidade de L´Aquila.

Trátase de Luis Amadeo de Saboya-Aosta , fillo do brevísimo rei español Amadeo de Saboya. Este noble montañeiro ,que naceu en Madrid mentras o seu pai ocupaba o trono, é descendente dunha das máis senlleiras estirpes da vella Europa e foi un deses pioneiros nas aventuras da exploración e o alpinismo.
Empecei a escoitar falar del vendo ese magnífico programa de TVE que é "Al filo de lo imposible", pois non eran poucas as veces que Sebastian Álvaro falaba do noble italiano cando se trataba de visitas ao Himalaya.
O Duque dos Abruzzos comezou nas montañas nos Alpes e seica foi a escalada a unha arista do fermosísimo e piramidal Cervino cando decideu que ía dedicarse a exploración e subir montañas. Logo foi o primeiro en escalar algúns montes en Alaska, tratar de alcanzar o Polo Norte.
A súa máis grande proeza alpinista foi chegar ata os 7500 m. no K2 establecendo o record mundial de altura na época e abrindo nesa montaña a ruta para as expedicións que no futuro alcanzarían o cumio da montaña máis dura do planeta. Hoxe en día o "Espolón dos Abruzos" ,nomeado de tal xeito na súa honra ,é un paso obrigado na ruta desa cima.
Luis Amadeo de Saboya-Aosta retirouse a Etiopía onde faleceu. Nos últimos anos da súa vida montou unha cooperativa agrícola , facendo unha pioneira ONG de desenvolvemento en África e continuou explorando rincóns dese continente.
Ao final dos seus días, estando xa moi enfermo propuxéronlle volver a Italia para ser atendido axeitadamente e rexeitou a axuda argumentando ""prefiero que en torno a mi tumba se entrelacen las fantasías de las mujeres somalíes, antes que la hipocresía de los hombres civilizados" , renunciando deste xeito as prebendas dunha persoa da súa posición. Din que entre outras causas pola desazón que sentía polas liortas políticas do seu país e de Europa.
O Duque dos Abruzzos é hoxe un dos principales referentes históricos da vella e rica tradición do montañismo expedicionario italiano como Vittorio Sella ou o máis recente Ardito Desio, evidentemente sen contar a aqueles que chegaron ata o noso país hai 2000 anos.
Agora esta rexión de Italia pasa por malos momentos, pero polo que andiven indagando estes días ,é dunha gran fermosura e o Parque Nacional dos Abruzzos foi o primeiro en establecerse en Italia, polo que é un lugar que algún día me gustaría visitar, quen se anima?
O maxestuoso K2 , o espolón e o último tramo pola súa dereita

Esmelle, Covas, Ponzos, Doniños...


A costa Norte de Ferrol está chea de nomes bonitos e de paisaxes mariños aínda máis fermosos , si ademais na visita ves arroaces e arroaces preto da costa...unha excusa máis para subir ata alí.






Proximamente: Ventresca de bonito con dous tomates e fabas verdes frescas. Algo tamén sobre os tomates secos



Ao seguir este blog podédevos dar conta de que o bonito e sen dúbida un dos meus peixes favoritos, e si é a ventresca mellor que mellor, neste caso mesturado con tomates (fresco e seco) e unhas fabiñas verdes frescas para quitarlle algo de contundencia a un prato cheo de sabor , alimento e saúde.

Por certo, como iriades comprobando veño usando en moitos pratos como ingrediente os tomates secos. A verdade é que teño algo de excedente deles e hai que darlles saída , pois sendo certo que aguantan tempo e tempo ,van decaendo en calidade a medida que pasan os meses.

Os tomates secos son típicos da cociña mediterránea e moi usados no Sur de Francia e seica en toda Italia. Teñen un sabor agridoce e serven para ensaladas , pastas, para dar sabor a un guiso ou unha salsa,etc.

Eu os teño comprado en Francia , na Boquería (estes últimos foron regalo de Quesé, gracias) pero non hai que ir tan lonxe porque hoxe hainos en calquer super en bote bañados en aceite. Eu de todos os xeitos prefiroos secos de todo para logo facer as miñas preparacións, o máis habitual que fago é metelos en aceite de oliva (non virxe) con albahaca. O próximo que farei será secalos eu mesmo, terei que esperar ao vindeiro verán , pois o máis importante é a calidade do tomate fresco.

domingo, abril 12, 2009

Médulas, estaban tolos estes romanos???





Pois paréceme que non , que eran bastante cabróns... , si é certo, pero a verdade é que tras visitar as médulas quedaste abraiado da capacidade de organización e a evolución dos seus enxeñeiros hai case dous mil anos, semella que a obra civil non volveu a evolucionar dende eles ata hai dous séculos.
A paisaxe das Médulas no Bierzo, esa xigante mina de ouro, é hoxe fermosa ,chamativa e grandiosa, pero como visitante un non pode menos que tratar de lembrar a dureza e o sofrimento de tantos e tantos miles de astures e galaicos que traballaron alí decenios e decenios sometidos polos romanos para soster co dourado metal ao máis influínte Imperio da historia da humanidade.
Ao pasear por entre eses picos vermellos ou meterse nos escuros tuneis, un vaise imaxinando todo aquelo cheo de centos e centos de homes con dificultades para verse entre eles mentras traballaban macahacando a terra entre nubes dun fino po roxo cos seus pulmóns desfeitos . Pódese incluso lembrar como tremaba a terra cando nos ocos excavados na roca deixabase entrar a auga para romper a montaña co inxenioso sistema do "ruina montium". Supoño que en ocasións habería erros e ao derrubar a montaña as riadas de lodo e rocas devastaban mesmo poblados enteiros.
Como dicía As Médulas son un dos monumentos humanos/naturais máis vistosos da Península, un espectáculo de historia e paisaxe feita ao longo dos tempos entre home e natureza. Hoxe que son Patrimonio da Humanidade son unha fonte de riqueza para o turismo do Bierzo , ademais dos fermosos castiñeiros desa zona.
Non entendo como eu aínda non caera por alí...

Receita: Virutas de setas, con tomates secos, noces, Porto e parmesano.

Por fin o video da receita das magníficas virutas de setas de Sandro Dessi, unha das mellores pastas que teño comido nunca nunha receita sinxela e moi sabrosa, cun toque final de manteiga ,allo e aceite que os fai fabulosos.

martes, abril 07, 2009

Guillermo Aymerich entrevistado en Vieiros

O amigo Guille presenta parte das últimas creacións chinesas en Santiago e Vigo, Vieiros adicoulle unha entrevista con video incluído. Por certo o video non ten desperdicio para comprender o arte de Guillermo e tamén para rir un pouco cando di que el é "un chino galaico" ou un "pintor cazador" do que non teño nincgunha dúbida, pero para coñecer mellor o que pretende o grande Aymerich aquí tedes a entrevista:

Si queredes ver o video , este é un enlace:
http://www.vieiros.com/nova/72968/guillermo-aymerich-o-pintor-viaxeiro

Guillermo Aymerich, o pintor viaxeiro
O artista, afincado en Beijing, expón en Vigo e en Santiago de Compostela a súa obra máis recente, unha mestura do sentimento artístico chinés e do galego.
Redacción - 10:00 05/04/2009
Tags: artista Guillermo Aymerich pintura

Bretaña, os Alpes Bávaros, os Balcáns, Brasil, Nova York, Porto Rico, a República Dominicana... e agora China. Os diferentes destinos que acompañaron a vida do artista lalinense (aínda que compostelán de nacemento) foron deixando pegada na súa traxectoria pictórica, unha obra xa recoñecida e que agora recala nos xeitos e nas formas chinesas. Alí, en Beijing vive o artista dende hai tres anos por períodos de oito meses anuais. E de alí, dos seus códigos propios xorden as últimas composicións de Guillermo Aymerich, que se poden visitar na sala viguesa Galería-PM8. Ao tempo, outra mostra expón unha Recolecta do seu traballo máis recente, que se pode visitar na sala compostelá c-5 Selección
.O propio Aymerich defínese como un pintor viaxeiro, ao xeito do artista cazador: "escollo un lugar no mapa e viaxo cara el; unha vez alí estou atento aos estímulos que me ofrece", explica. Desa vixiante mirada nace a mestura entre "o sentimento galaico" e o chinés e de aí a súa obra: "non estou interesado en facer arte local como se fai naquel lugar ao que viaxo; estudo os códigos locais, compároos, contrasto e mesturo coa nosa realidade", explica.Vella verdura: ViridisEn Vigo, Vieiros compartiu con Aymerich a montaxe da súa última exposición (ver vídeo), un escenario no que novamente xoga cos formatos, cos materiais, cas paisaxes, cos contrastes.

Ofrécenos aquí unha mostra desa mestura das concepcións artísticas chinesa-galaica: o xogo co negro e o branco, a vexetación, o contraste entre o baleiro e o cheo, a verdura... poñen a nota galega; mentres, as paisaxes, os cabelos, as mulleres, a vexetación... poñen a nota chinesa. Na mostra, exhibe cinco series: Tocador de chinas, Floresta oculta, Plegaria, Chocolatinas quemadas e Xiao La Lin. De aí o nome que engloba toda a mostra, Vella Verdura: Viridis, que conxuga o verde (etimoloxía latina de "viridis") co vigor, a potencia, o crecemento.
Os dobres sentidos non faltan nas propias palabras: un exemplo é Xiao La Lin, título que parte dos significados de La e de Lin en chino (picante) e das primeiras letras do tecido galego (la e liño), ademais de converterse no topónimo da vila do Deza (Lalín).RecolectaA obra que Ayemrich expón en Santiago recibe o nome de Recolecta e obedece á dobre acepción que ten o termo: "escolma e colleita".
Nunha mesma liña, o autor ofrécenos unha colección ordenada tematicamente na que se inclúen verdes, orgánicos e vexetais. Así, os xéneros e os formatos fusiónanse novamente para constituír unha suxerinte diversidade conceptual e formal, a través dun total de dez series realizadas en diversos paraxes (Galiza, Bretaña, o Cabo de Gata ou a propia China).FuturoO futuro inmediato levará ao artista a marchar en breves novamente para Beijing. Alí ten traballo pendente, nun país no que sente que a súa obra é comprendida: "os chineses identifícanse parcialmente porque ven unhas formas que recoñecen, mais mesturadas con algo novo". A súa opinión sobre Galiza non é diferente, Aymerich séntese aquí recoñecido do mesmo xeito, se cadra polo "carácter emigrante dos galegos", di, "que permite estar aberto á mestura". Do futuro máis a longo prazo nada sabe, "vou pular, iso seguro, mais non sei aínda onde".

Este viño non pode ser malo


Dun lugar tan fermoso sería un crime sacar un viño malo, máis se son viñas de mencía do Bierzo e ,se coma estas , atópanse nas empinadas ladeiras de Corullón. Ignoro se destas mesmas saen as uvas que os Palacios transforman nos seu famosos "Corullón" ou "Pétalos del Bierzo", o que si é certo e que debo un post de caldos desta DO.

Fauna





Cando a un lle gusta pasear polas montañas non é so pola paisaxe, tamén se pretende o avistamento de fauna. O malo dos bichos é que son caprichosos e necesítase moita paciencia par velos e moita sorte para fotografialos, polo que é habitual non ter moita sorte nesas pretensións.

Na visita que fixen na primavera pasada puiden ver corzos liscaron ao vermos e un rebeco (e fotografieino ben). Desta o premio foi unha manada de rebecos que subían pola montaña arriba en gran número e que estuveron "ao noso tiro" durante un bo rato.

Como vedes tamén vin outros bichos menos simpáticos e outros "sabrosos" que puiden "cazar" a tiro de pedra

Nos Ancares de novo




Para min ir aos Ancares é un verdadeiro pracer, son montañas que visito con certa frecuencia e xa teño un bo coñecemento de camiños e roteiros do lado galego pero faltábame algo máis de coñecemento do lado berciano (non creo que menos galego que o outro).
Desta achegueime ata a remota aldea de Burbia, lugar apartado e apacible en proceso de recuperación ao que non é doado chegar polo seu aillamento. Por alí tomamos cara as montañas máis altas dos Ancares polo camiño que discorre por un vla fermoso no que o río Burbia de augas cristalinas vai refrescando o camiño, unhas veces moi preto e outras formando un cañón furado entre carballos, castiñeiros e acibros. Ao fondo do val comeza a subida cara ao Mustallar para a que hai que ir atravesando un frondoso bosque empinado e surcado por regatos e pequenas fervenzas que debemos sortear mentras nos imos desfrutando do encanto dese lugar. Tamén se pode optar polo Cuiña, e a dificultade é máis grande que se tiramos dende Piornedo pois o desnivel é maior nunha distancia parecida, de feito o treito final é moi empinado.
Desta non chegamos ata arriba porque era un pouco tarde e porque xa nas partes altas ,baleiras de árbores, aínda perduraban imponentes palas de xeo e neve.
Foi un paseo fermoso, , cheo de atractivos e co regalo final de ver unha manada de rebecos ao final da nosa ruta, unha sorpresa que premiou o esforzo realizado, aínda que queda o compromiso de chegar ata arriba por esta beira da montaña
Os Ancares non deixan de sorprender e xa vin novas rutas para coñecer máis a fondo este paraíso tan cercano.