martes, marzo 31, 2009

Cousas de Hungría


Hai uns días miña tía Reyes deixoume na casa do meu avó estes productos húngaros e logo ademais acordei que tiña tamén algo que me trouxeran Carlos e Marta dunha viaxe polas terras magyares.


O certo é que non sei moi ben de que se trata en cada caso pero sei que algún deses tubos que vedes na foto valen para facer o típico goulasch daquelas terras centroeuropeas. O que si me parece é que se trata de productos con moita forza e predominancia da paprika, que ven en po na bolsiña de cor vermella.

Xa probei o que hai no bote e trátase dun triturado de pementos vermellos picantes que xa probei botándolle a un bonito con tomate conseguindo un pouco de chispa picante, algo que non debe ser habitual en Hungria, comer bonito fresco. Tamén probei un dos tubos para facer goulasch, botándollo a un recheo para unhas tortillas mexicanas, non resultou tan forte como parecía e tiña moito sabor a tomate.

Ben seguirei experimentado a ver que ou atopando , tamén vou mirar de atopar algunha receita clásica húngara para facela na casa.

Gracias a Reyes, Carlos e Marta.

A volta ao mundo en 80 telescopios


Interesantísima inciativa dentro do Ano Internacional da Astronomía, parece ser que en Galicia haberá actividades relacionadas o vindeiro venres día 3 no Xuventude Galicia Net, non sei como poderei facer para participar aínda pero seguro que me achego ata Santiago, aquí vai a información. Mentras tanto en Lalín polo de agora e a pesares da cantidade de cartos aprobada, nada de nada.


"La vuelta al mundo en 80 telescopios" consistirá en una retransmisión en directo, durante 24 horas seguidas, desde los telescopios más avanzados del mundo. Las conexiones se iniciarán a las 10 de la mañana del próximo 3 de abril, con el telescopio Gemini en Hawai (EE.UU.) y finalizarán a las 10 de la mañana del día siguiente, con una conexión con el observatorio Palomar, también en EE.UU.
España realiza una enorme contribución al proyecto, ya que participa realizando 11 conexiones, incluyendo retransmisiones desde telescopios ópticos en el Observatorio del Roque de los Muchachos (La Palma), el Observatorio del Teide (Tenerife), y el Observatorio de Calar Alto (Almería), hasta el Radiotelescopio de 30 metros de IRAM (Granada), así como conexiones a los satélites XMM-Newton (rayos X) e INTEGRAL (rayos gamma) desde el Centro Europeo de Astronomía Espacial (Madrid).
Para ver el listado completo de observatorios y los horarios de las conexiones, visita la página oficial en http://www.100hoursofastronomy.org/program/75-live-24-hour-research-observatory-webcast.

También te invitamos a visitar la página principal del proyecto pilar "100 horas de Astronomía" para consultar todas las actividades programadas entre los días 2 y 5 de abril.


E dende a Asociación Sirio:


venres día 3 de abril:
- de 16 a 18 observación solar con prismáticos e telescopios con filtros axeitados.
- ás 18:30 obradoiro de telescopios, nos que cada asistente poderá traer o seu instrumento e lle ensinaremos como empregalo.
- de 21 a 2 da mañá observación urbana nocturna compartida entre catro monitores de Sirio e 1 ou 2 da Asociación coruñesa Ío.

Próximamente: Virutas de setas, con tomates secos, noces, Porto e parmesano.





Esta receita que fixen recentemente é sen dúbida a mellor de pasta que teño feito xamais, a combinación resultou acertada e o tempo adicado non superou os 20 minutos, é pois unha receita sinxela pero con algún truquiño que a fixo máis gostosa.

Sen dúbida gran parte do mérito está na calidade dos productos usados, principalmente das fenomenais virutas de setas da casa Sandro Dessi, unha pasta que cada vez me sorprende máis.


En breve a receita, non a perdades.

El Ermitaño de Benavente, o mellor está no medio.



Hai lugares , locais e restaurantes que polo simple feito de estar de paso rematan esquecidos e cunha personalidade difusa, se hoxe falamos de Medina del Campo ninguén a priori se lembraría do seu esplenderoso pasado medieval e a meirande parte da xente diría: unha vila de camiño a Madrid. Incluso pasaría o mesmo con Tordesillas ou Puebla de Sanabria, localidades que antes da autovía había que atravesar co coche e así aínda polo menos podiamos intuir a súa importante historia.

Todo o relatado con aterioridade non lle pasa ao fenomenal El Ermitaño ,nas aforas de Benavente , un lugar de parada case obrigada no camiño de Galicia a Madrid. Este restaurante que visitei hai menos dun mes é un dos restaurantes onde mellor teño comido e do que sempre marchei satisfeito.

Nunha casona do S. XVIII restaurada con gusto e sen traizoar os canons das construcións típicas desa terra, está iste acolledor restaurante que dispón dunhas magnífcas salas, bar de sobremesa e mesmo ata capela.

Pero o mellor deste restaurante está na mesa, dende que te sentas ata que marchas e puidemolo comprobar non hai moito. Ofrecen unha cociña moi enraizada na tradición da Meseta Norte, leonesa e castelá, que mestura innovación e tradición coa posibilidade de optar dun xeito máis acentuado por calquera das opcións pois dispoñen de dúas cartas que poderíamos cualificar de paralelas. Na recente visita optamos por probar cousas das dúas.

En primeiro lugar optamos por "Los canutillos de cecina rellenos de hígado de pato semicocido con dulce de membrillo casero", unha ración xenerosa, moi ben servida e repartida entre os 3 comensais , notándose a sólida formación hosteleira do servizo de sala do restaurante. O prato nin que dicir ten que era un auténtico manxar, cheo de sabor pero con certa frescura debida a unha cecina xugosa ,infiltrada e non moi curada, unha combinación moi acertada.

O outro entrante que tomamos foi "La pasta fresca con crestas de gallo, pisto de verdura, leche de oveja y su queso curado", un prato moi orixinal que combina moitos sabores e que non era especialmente forte a pesares do poderío do queixo de ovella, un deses pratos que se saen moito do habitual , arriscado pero que resulta.

De segundo, os 3 coincidimos: "El lechazo asado al horno de leña con patatas asadas al ajo-aceite y pimentón", coa tradicional receita castelá na que o ingrediente case único é o propio lechazo cun pouco de auga e sal. A pesares da sinxeleza, este é un prato inesquecible, algo ao que é difícil dicir non a pesares de haber outras tentacións na carta como "Los pichones de nido escabechadosen soja con arroz cremoso de castañas al queso de oveja" ou "La presa ibérica asada al humo de carbón con su jugo a la canela,reineta, ciruelas y pasas". O certo é que este año e dos mellores que teño probado na miña vida, servido por certo en racións xenerosas que non foron doadas de rematar.

Finalmente de postre, eu optei por "La Crema de Queso de Cabra con Chocolate Blanco,Dulce de Pedro Ximenez,Uvas Pasas y Crujiente de Piñones" , outra marabilla culinaria, xenerosa e golosa, co punto de forza do queixo de cabra. Os outros dous , Rafa e Carlos, non quedaron menos satisfeitos ca min dos seus postres aínda que non lembro exactamente o que tomaron.

Neste momento despois do xantar o índice de satisfacción do xa "papado" era moi elevado, unha desas comidas para lembrar. É non foi menos cando tivemos que satisfacer as obrigas contraídas, porque 40 € para o comido , que foi magnífico en calidade e non menos en cantidade, nun restaurante cunha estrela Michelín non se pode cualificar de excesivo, menos cando non había nin unha semana da frustrante visita a un restaurante compostelán referido máis abaixo. Hai comparacións que non se poderían soster o máis mínimo.

Como podedes imaxinar tratarei de repetir de novo neste templo do "buen yantar".

jueves, marzo 26, 2009

Primavera









Cousas de Astronomía: a fermosura de Saturno, o planeta complexo



Levaba dende que merquei o telescopio querendo ver ben Saturno e ben fora pola climatoloxía (nubes ou frío escesivo) ou porque facíase visible moi tarde non fun tendo oportunidade, pero a semana pasada cnseguín darme unha volta por alí e desfrutar con emoción da súa visión e dos seus aneis. Estes días podedes velo ata a medianoite pola constelación de Leo moi preto de onde anda o cometa Lulin.


Ao observar Saturno é evidente que o primeiro que chama a atención son os seus aneis, a observación por primeira vez é emocionante pois trátase certamente dun planeta singular tal como lle pareceu primeiramente a Galileo que non acertou a dicir que era aquelo que lle sobresaía e pouco despois tivo que ser Huygens que cun telescopio un pouco máis evolucionado decidira que eran aneis.


Na semana pasada nas dúas observacións que fixen puiden observar con claridade os aneis e nunha ocasión 2 lúas e noutra so 1, non me preguntedes cales eran pois aínda non avancei tanto. Hai poucos días, concretamente creo que o pasado 24 de febreiro prodúxose o tránsito de 4 das lúas de Saturno : Titán (a máis grande, máis que o planeta Mercurio e con atmosfera propia), Enceladus , Diode e Mimas. Este fenómeno so se repite cada 15 anos e gracias ao Hubble temos fermosísimas imaxes.
Antes dicía que Saturno , o sexto planeta do sistema solar e o segundo en tamaño, era un planeta complexo pois non so os aneis o fan especial, tamén o grande número de lúas e corpos que o rodean, o ter un grandísmo tamaño pero pouca densidade o que lle fai pesar moito menos do aparente, ter unha forma ovalada facilmente visible no telescopio, ter unha atmosfera moi grosa composta de gases ou ser un planeta que irradia máis calor do que recibe do sol.

Seguirei mirando para el e aprendendo cousas , deixovos cos interesantes 29 segundos do video do paso das lúas.
Que marabilla


Os cardos e outras verduras con langostinos

Xa está aquí o videod esta nova receita, como vedes é moi sinxelo. Eu usei cardos en conserva xa que a Galicia non chegan estas delicias navarra frescas pero ben valen. É a primeira receita que fago con este ingrediente e penso que é sabrosa e sana , váilda para unha cea lixeiriña. Certamente non ten complicacións.
Bon proveito

jueves, marzo 19, 2009

Benedicto XVI

Me la mama sin condón.

Perdón pola irreverencia, pero hai quen as busca.

martes, marzo 17, 2009

Un domingo de sol de marzo

PACIENCIA








Apacible e relaxado pola costa viguesa despois dunha semana dura.

Unha visita a El Prado

Hai unha semana fixen unha escapada a Madrid con Rafa e Carlos (con visita ao soberbio El Ermitaño en Benavente, crónica en breve), ademais de divertirnos, saír ,pasear, comer e comprar, houbo tempo para a Cultura, sí evidentemente con maiúsculas neste caso.


En principio a idea era visita a exposición retrospectiva de Francis Bacon pero aproveitamos para algunha cousiña máis. A expo de Bacon é dura, non moi sinxela de dixerir, pero dunha evidente calidade e forza, non deixa a ninguén indiferente e da unha idea dos lados escuros que tiña este artista. A verdade é que me custa moito definilo e aínda as veces non sei se me gustou ou non pois había cadros de grande emoción mesturados con outros de evidente repulsión pero de gran forza pictórica, ademais de retratos tremendamente expresivos.

Logo fumos ver a exposición da pintura do Museo de Arte de Ponce en Puerto Rico que de verdade foi unha rebelación de luz e cor, alegría despois da dureza enérxica de Bacon. Nesta exposición os protagonistas son os pintores da Irmandade Prerrafaelita, artistas británicos da época victoriana que buscaban escapar aos canóns da pintura contemporánea do seu país reinvindicando aos mestres italianos previos a Rafael como Boticcelli ou Fra Angelico. Puidemos ver obras magníficas como "O soño do Rei Arturo en Avalon" de Edward Collin Burne-Jones e principalmente o "Sol ardente de xuño" de Frederic Leighton unha pintura fermosa, chea de luz e calidez, de ensoñamento e pracer, en definitiva un regalo para os ollos que me alegro moito de ter visto. Por certo perde moito nestas imaxes, hai que vela en directo.

Despois fumos facer un "percorrido express" por todos os grandes da pintura que alí están , rememorando as impresións que moitas pinturas "imprescindibles" van causando ao longo dos anos.

Tamén fixemos algunha compriña, entre elas un libro que leva camiño de best-seller, trátase de "La Guía del Prado" un libro necesario de compra obrigada pois contén nas súas páxinas de xeito condensado gran parte do mellor do arte de todos os tempos con moi bos textos e imaxes que fan deste libro unha pequena enciclopedia de Arte e Historia da Europa durante 400 anos.

Máis paseos por Belesar




Iste rincón da Ribeira Sacra do Miño xa parece como unha segunda casa , hai máis ou menos 15 días pasámonos por alí por alí e visitamos a Pepe que nos recibeu coma as veces anteriores : con comida ,mencía puro e fresco deste ano e alegría de vivir.
Nese día estaba a facer o augardente no alambique da súa casa e puiden probala alí recén feita, nese día tocáballe á de herbas que fai metendoas xa co bagazo e logo filtrando. Tamén me regalou unha botella dunha augardente vella que mete nun pipo que xa ten madre e que é dunha calidade excelente, un licor que lembra as Adegas Velhas portuguesas que tanto lle gustan a algún familiar meu. Menos mal que as catas eran de pequenos chupitos...

Logo deixounos a lanchiña para ir dar unha volta polo Miño e visitar fermosos rincóns desa magnífica zona da Ribeira, un bo día.
Por alí tamén andaba o Chaplín, que se mirades a foto xa sabedes o motivo do seu nome

Restaurante El Mercadito, Santiago

Habitualemte so falo no blog dos restaurantes que me gustan e procuro omitir as críticas para no ofender a ninguén pois supoño que máis ou menos todo o mundo procura facer sempre o mellor. Neste caso supoño que ise será o "leitmotiv" de Gonzalo Rei, cociñeiro deste restaurante compostelán que xa vai por dúas veces que visito e nas dúas non saín contento.
Leo noutros blogs que considero de referencia nestes temas en Galicia que sempre falan con moito entusiasmo de El Mercadito pero eu non lle atopo o punto.
Non vou a alongar a crítica e poñerme a explicar razóns pois non quero que polas miñas malas experiencias condicionar a ninguén, so facer algunha reflexión sobre se iste restaurante non será algo caro para a calidade/cantidade ou excesivamente frío o trato cos clientes. Non o sei, pero tardarei moito tempo en repetir.

sábado, marzo 07, 2009

Proximamente: Cardos e outas verduras e panceta con langostinos marinados en soia


Nunca fixera unha receita con cardos, esa verdura con tanto sabor e tan descoñecida por estes pagos pero de gran prestixio en terras navarras. A miña idea foi combinalos con outras verduras como o calabacín , botarlle un pouco allo ,viño e algo de panceta para logo facer un simple xogo mar e montaña cos langostinos xa macerados na salsa de soia.

Quedou unha receita vistosa e moi sabrosa para o meu gusto pois me gustan moitos os cardos, á María que non lle van moito gustoulle ben o resto

Mencía Mencía, en Lugo sempre se come ben

Levaba xa uns días co blog parado e a verdade é que teñounha chea de recomendacións gastronómicas das que falar, comezarei por orde cronolóxico por este restaurante lugués que visitei hai aproximadamente un mes.
Non teño fotos pero sí algo de memoria e podo dicir que este restaurante é unha opción máis a ter en conta en Lugo pois trátase dun lugar agradable onde se come ben e a bo prezo.
Esta na destartalada estación de autobuses de Lugo, ainda que pode parecer un lugar pouco axeitado, o comedor que se atopa no piso superior do bar do mesmo nome é moi confortable, espacioso e cunha decoración acolledora para nada fai lembrar ao edificio no que se aloxa.
Forma parte do Grupo La Palloza, importante empresa hosteleria desa cidade, e segue as pautas de combinar tradición e gusto polo auténtico habituais na casa matriz que está na saída de Lugo cara a Oviedo.
Non lembro exactamente o que comemos, sei que algo de cecina, unha ensalada... pois hai xa máis dun mes, pero sí que vos podo falar por exemplo do meu Solombo de terneira sobre pan galego con queixo San Simón, moi sabroso , de moi boa calidade e no seu punto , combinado co toque afumado característico dese gran queixo galego conseguindo con sinxeleza un prato moi moi recomendable.
Tamén destacar o Arroz negro de chipirones que tomou Isa, nunha ración espectacular que ben chegaba para dous, polo que aproveitei para probar e estaba magnífico.
De postre eu tomei un souffle de chocolate que estaba bo pero non espectacular.
Eramos 3 e cunha botella do grandísimo El Vínculo (moi boa relación Calidade/Prezo/Satisfacción) e cafes saimos aproximadamente por 30€ polo que se pode considerar un prezo axustado aos tempos que corren.
Creo que cando volva a Lugo xa non saberei para onde tirar pois o Mencía Mencía ponlle as cousas complicadas nas miñas preferencias ao tamén económico pero fenomenal Casa Paco.