viernes, febrero 27, 2009

Do mellor de 2008: Vetusta Morla "Salvese quien pueda"

O 2008 foi o ano da sorte deste madrileños que seica levaban xa como grupo nove anos tocando por circuitos indies alternativos. Non sei moi ben como clasificalos despois de ir escoitando o seu disco pouco a pouco e gustándome máis e máis, dende logo teñen unha personalidade propia ben definida . O que sí teño claro é que así , de entrada, non é un grupo fácil , pero par ir entrando neles axudan as súas letras , potentes, directas, cun punto de pesimismo agresivo e inconformismo.
Supoño que este é un triunfo merecido pola calidade e a constancia e o seu fantástico disco "Un día en el mundo" xa leva uns cantos premios e colleitará moitos máis, por certo teño gañas de velos nun directo pois son un grupo xa curtido.
Xa sei que iste é un dos discos favoritos do ano do meu amigo Manuel Cortizo, tamén me gusta que sexa un dos preferidos do que eu espero sexa o novo lehandakari, o compañeiro Patxi López, como puiden ler aquí



De propina "Un día en el mundo"

Kakos de Entroido




Como vedes o blog está un pouco parado pero prometo darlle un pouco de marcha a semana que ven xa que nesta non dou feito.

Aquí vos poño unha foto de Entroido,deste ano foi un pouco diferente para min pois non puiden ir ata Laza por primeira vez nos últimos 1o anos pero o ano que ven non se perdoa, de verdade que sentín morriña desa gran e única festa coa boa xente desa terra.

Polo menos o sábado disfrazámonos e acudimos á procesión de Santo Torrisco que neste ano contou con moita participación e moita xente con disfraz. Nos iamos de cacos, un disfraz sinxelo, cómodo e tamén divertido. De verdade que o pasamos ben aínda que non conseguimos o noso obxectivo de levarnos a Santo Torrisco.

jueves, febrero 19, 2009

O cometa Lulin




O vindeiro 24 de febreiro achegárase á Terra o cometa Lulin (que non Lalín) descuberto no 2007 por uns xóvenes astrónomos chinos.

O Lulin que xa se pode ver con dificultade a simple vista ten a curiosidade de crear un efecto óptico polo que parece que ten 2 colas, de todos os xeitos que ninguén espere a espectacularidade a simple vista do Hale-Bop. Hai que aproveitar para velo, pois non voltará a pasar ata dentro de miles de anos.

A historia do descubremento do Lulin é moi fermosa e un auténtico impulso para a afección a Astronomía,lede o que pon nas páxinas en castelán da NASA. Aí tedes algunahs informacións para localizalo no ceo nos vindeiros días e unha foto do singular cometa.


Un cometa verde se aproxima a la Tierra
El cometa Lulin está aproximándose a la Tierra. A fin de este mes, se encontrará a 61 millones de kilómetros (38 millones de millas) de distancia. El cometa verde, con dos colas, está desplegando un bello espectáculo para los telescopios pequeños y después podría ser observado a simple vista.


Febrero 4, 2009: En 1996, un niño de 7 años, en China, se inclinó sobre el ocular de un pequeño telescopio y vio algo que cambiaría su vida: un cometa de extravagante belleza, brillante e hinchado, con una activa cola. Al principio pensó que él mismo lo había descubierto, pero no, se enteró que dos hombres llamados "Hale" y "Bopp" le habían ganado de mano. Dominando su decepción, el joven Quanzhi Ye tomó la decisión de encontrar su propio cometa algún día.
Y un día lo encontró.
Adelantemos el tiempo a una tarde de verano, en julio de 2007. Ye, ahora de 19 años y estudiante de meteorología en la Universidad Sun Yat-sen, de China, se inclinó sobre su escritorio para mirar un campo de estrellas en blanco y negro. La fotografía fue tomada algunas noches antes por el astrónomo taiwanés Chi Sheng Lin, quien se encontraba "patrullando el cielo" en el Observatorio Lulin. El dedo de Ye se movía de punta a punta —y se detuvo. Una de las estrellas no era una estrella, era un cometa y, esta vez, Ye lo vio primero.
El cometa Lulin, llamado de ese modo en honor al observatorio en Taiwán donde fue tomada la fotografía del descubrimiento, se está acercando a la Tierra ahora. "Es una belleza verde que podría ser observada a simple vista en cualquier momento", dice Ye.


Feb. 6: El cometa Lulin pasa cerca de Zubenelgenubi, una estrella doble en el fulcro de las balanzas de Libra. Zubenelgenubi no sólo es divertido de pronunciar, sino que también es una guía útil. Usted puede ver a Zubenelgenubi a simple vista (es casi tan brillante como las estrellas en la Osa Mayor); los binoculares apuntados hacia la estrella binaria revelan al cometa Lulin en una bella proximidad.
Feb. 16: El cometa Lulin pasa cerca de Spica, en la constelación de Virgo. Spica es una estrella de primera magnitud y una guía que ni siquiera los astrónomos de la ciudad pueden perderse. Un telescopio buscador apuntado hacia Spica capturará al cometa Lulin en el campo de visión, centrando la óptica a un pequeño paso de ambos objetos.

Feb. 24: ¡El máximo acercamiento! En esta especial mañana, Lulin estará a sólo unos pocos grados de Saturno, en la constelación de Leo. Saturno se puede observar a simple vista y lo mismo podría suceder con Lulin. Si esto no lo saca de la cama, nada lo hará.


Ye hace notar que el cometa Lulin es interesante no solamente por su extraña belleza, sino también por la rara manera en la cual fue descubierto. "Éste es un 'cometa de colaboración' entre astrónomos taiwaneses y chinos", dice. "El descubrimiento no se hubiera podido realizar sin la contribución de ambos lados del estrecho que separa nuestros países. Chi Sheng Lin y otros miembros del equipo del Observatorio Lulin me permitieron obtener las imágenes que quería, mientras que yo analicé los datos y encontré al cometa".
En algún lugar, este mes, imagina Ye, otro jovencito se inclinará sobre un ocular, verá al cometa Lulin y sentirá la misma emoción que él sintió cuando observó al cometa Hale-Bopp, en 1996. ¿Y quién sabe hacia dónde podría conducir esto…?
"Espero que mi experiencia pueda inspirar a otros jóvenes a perseguir los mismos sueños estelares que yo", dice.

Do mellor de 2008: o ritmo de Vampire Weekend

Estes neoiorquinos comezaron a facerse famosos gracias a Internet , como case todas as novas bandas que agora aperecen. Son coñecidos pola rede dende 2006 pero o gran ano para eles foi o pasado 2008. Todas as revistas e webs especializadas falan deles como unha das novas e frescas bandas dun pop divertido.
A min particularmente gostanme máis as propostas de Fleet Foxes ou Grand Archives, pero teño que recoñecer que Vampire Weekend teñen unha marcha e ritmos alegres dos que carecen os outros, algo que podedes perfectamente comprobar nesta A-Punk.
Unha música que se adapta ben para os vindeiros días de Entroido, que en certo modo tamén é unha fin de semana de vampiros.

Ghaiteiro e marela







Ten pes...

Ano da Astronomía en Lalín

Polo de agora o Ano da Astronomía en Lalín so se nota no IES Ramón María Aller Ulloa no que hai unha semana houbo unha charla do profesor Docobo da USC sobre o astrónomo lalinense e mañán venres as 20h teñen programada outra que tratará máis o aspecto personal e ó encargado de achegarnos o universo íntimo de Aller será Victorino Gutierrez Aller (Coco, para amigos e familiares) . Tamén me chegan estes días a idea dun proxecto dun gran artista e fotógrafo lalinense que quere recuperar as primeiras fotografías feitas por D. Ramón e reinvindicar a súa posta en valor nesta disciplina, desto seguiremos informando.
Eu non me perderei esta charla e aproveitarei para ver in situ o excelente traballo que se está facendo na Biblioteca de Lalín, un verdadeiro foco animador de cultura educativa en Lalín, algo que como é habitual non consegue o noso Concello.
Na páxina da biblioteca A Marela Tarabela, interesante ciberrevista, puiden atopar parte da charla do profesor Docobo e teredes máis información sobre as charlas programadas.
Parabéns a Mario Pereira e aos que colaboran con él.

Outro paseo por Belesar













Supoño que se nota no blog que Belesar é un dos meus lugares favoritos do país e xa levo uns cantos post. Hai uns días de paseo con Montoto e Sito, con papatoria incluida, desfrutamos dun día de sol de febreiro que ben se agradeceu despois de tanto frío e tanta oscuridade como trouxo este inverno.

Como vedes estas ladeiras que caen sobre o Miño, cheas e cheas de viñas , son un lugar moi fotoxénico e no que se poden atopar moitos xogos de luces e reflexos.
Dende Belesar pódense facer moitas rutas, algunhas delas sinaladas, co atractivo engadido de vellos mosteiros románicos, unha praia, vellas aldeas do río, fermosas casas tradicionais e bodegas para visitar.

Por exemplo dende a bodega Vía Romana , sobre Belesar, ata Abadía da Coba , sobre a praia da Coba pasando pola vella Igrexa románica do mesmo nome que hai séculos foi priorato, sexa en coche en bici ou andando hai unha chea de lugares para sorprender aos nosos ollos.

Máis cando sorpresivamente aparece un cisne.



viernes, febrero 13, 2009

O mellor de 2008:Christina Rosenvinge, "La distancia adecuada"

Todo o mundo coñecea dende mociña hai preto de 20 anos por aquel "Chas y aparezco a tu lado", hoxe esta guapa rapaza segue co mesmo aspecto que daquelas e o seu último disco está considerado como un dos mellores españois do ano pasado.
Xa hai anos que non está co tal Alex e xa fixo un curioso disco con Nacho Vegas (faille coros nesta canción) hai dous anos e cando parecía que non tería moito máis que ofrecer volta cun disco tranquilo, suave e melódico , cunha música que se pode ter posta e relaxadamente facer outras cousas.
Esta canción non é a mellor do disco pero sí a máis promocionada, espero que faga videos das outras deste "Tu labio superior"
Boa fin de semana.

O Cocido


O bonito cartel de Castillo (mágoa de Pazo)

Unha vez máis cando ronda o Entroido chega unha dos días máis importantes da nosa vila Lalín, é a Feira do Cocido, unha xornada de exaltación dun dos pratos máis corais da gastronomía mundial e sen dúbida un dos máximos expoñentes da tradición culinaria galega.


Ten chovido moito dende as primeiras edicións e compre dicir que lembro xa unha chea delas e o paso do tempo ten contribuido a aumentar a fama do Cocido de Lalín, non sei se o seu prestixio, pero a fama dende logo sí.


Do Cocido o que máis me gusta é a posibilidade de atoparse ,como fan moitísimas familias de Lalín, con amigos chegados de moitos lugares que acoden puntuais a devorar os nosos manxares, ademais da volta a casa de moitos que so ves nas datas sinaladas como esta. Tamén me gusta do Cocido actual o invento de facer o Mes do Cocido, que fai que nuns días habitualmente tristes ,entre Nadal e o Entroido, en Lalín haxa certo movemento.


Pero tamén hai cousas que non me gustan do Cocido, sen dúbida o que máis aborrezo é a intención de identificar a Lalín simplemente cun porco e a chamada "Gala do Cocido" na que non se lle fai ningún favor a D. Álvaro Cunqueiro entregando os premios que levan o seu nome nun marco tan pouco axeitado. Tampouco me gusta a politización que se ten feito da Feira, algo que neste ano electoral parece que se vai parar, agradecese pois a súa utilización non podería máis que contribuir a desprestixiala.


Ben, aos amigos, espérovos para papar o sábado e o domingo comerei outro magnífico cocido máis, pois parece obriga de lalinense que se precie non comer menos de 5 cocidos neste mes. E vou rematando pois aínda que buscara inspiración e fixera un artigo dunha prosa fermosa que non teño e loubara como ninguén as sinfonias palatais do porco é ben seguro que a min ,as imparciais sentencias de tan prestixiosa crítica, non me ían outorgar ningún premio deses que levan o nome do xenio galego que imaxinou a Simbad.

Un delicioso Cebreiro e a cea de pastor




Non pensariades que da breve viaxe feita ao Cebreiro ía voltar coa bolsa baleira, evidentemente trouxen este magnífico queixo artesán. O queixo da D.O.P. Cebreiro é un deses productos únicos da nosa terra. Feito de leite de vaca, fresquiño , sen moita acidez, de boa dixestión é un queixo que se adapta a moitísmas propostas e ben pode acompañarse dun prato salgado ou doce.
Este que merquei co nome "O Galego" é totalmente artesán , feito de leite cru e foi o que me recomendaron como o mellor da zona pola súa acidez contida o pola súa textura espumosa como rechea de aire. Todo un descobrimento que tratarei de probalo con algo máis que mel, por exemplo o domingo pasado acompañeino dun pouco aceite de oliva virxe e de reducción de vinagre de Módena e foi unha delicia.
Ao ter un so para min e debido a que tiven unha semana moi apretada en cuestións de tempo, neste últimos días a miña cea foi o que María denominou "Cea de pastor" composta por os fantásticos chourizos da casa dos que xa falei con pan de Lalín e de postre o Cebreiro con mel de Zobra. Dicirvos que será moi simple o menú, pero quen fora pastor moitas veces con productos desta calidade

miércoles, febrero 11, 2009

O arroz da miña nai, con chourizos e berberechos



Dos pratos que nos facía a miña nai cando eramos nenos iste é un dos meus favoritos, e de verdade que a miña nai cociña moi ben.

Fixenno un pouco por volver algúns sabores á memoria e porque me caeron uns dese chourizos da casa que saen deliciosos, nin moi curados nin pouco feitos, coa graxa xusta non secos, un deses chourizos galegos que poden ser imitados industrialmente nas boas casas de embutidos de Lalín pero que non hai xeito de copiar.

É dende logo un prato dos que se pode chamar de Mar e Montaña, tan típico na cociña catalana. O sabor marino e arrecendo dos berberechos combinado coa forza dun chourizo co seu pimentón.
A súa elaboración e moi sinxela (que me corrixa miña nai se me equivoco), por certo escollín arroz bomba pois penso que é o mais axeitado para a receita:

1. Picar fina a cebola e o allo laminado e poñer a pochar con aceite de oliva e sal.

2. Cando xa colla color botar o chourizo curtado e deixar que solte a graxa

3. Botar un vaso de arroz e remexer , deixar pochar ben o arroz.

4. Botar o dobre de auga que de arroz e un pouco viño , que ferva e logo baixar o lume para que se faga ao xeito

5. Ao pasar 6 minutos, botar os berberechos
6. Aos 12 minutos retirar e deixar repousar alomenos 2 m. máis.
7 .Servir cun pouco perexil picado.

Simple , pero que sabores.

neve B/N




Un branco Cebreiro











O título desta entrada non é polo queixo se non polo aspecto que presentaba hai poucos días a aldea prerrománica de O Cebreiro, un deses lugar máxicos que hai pola nosa xeografía.

O Cebreiro a 1300m. é o fin da máis dura das etapas do Camiño Francés (xunto coa de St Jean a Pied de Port a Roncesvalles) , polo tanto un lugar inesquecible para os camiñantes que van cara a Santiago, polo esforzo de chegar ata alí dende as terras bercianas ademais da beleza da paisaxe. Hai moitas lendas (ou non tanto) arredor deste lugar único ,unha delas é a do miragre do Cebreiro e do Santo Grial que se ten situado na súa Igrexa. Nesta vez o caliz non estaba na vitrina (supoño que por seguridade) onde sí se atopaban as reliquias do miragre. Ao lado da Igrexa tamén se atopa un dos refuxios máis importantes e antigos do Camiño, a Hospedería de San Giraldo de Aurillac.


Faltaba o Grial

Ben ,pero desta non fumos ao Cebreiro polos seus feitos relixiosos, se non para ver a ben conservada aldea coas súas pallozas baixo un manto de neve que nos sorprendeu pola súa abundancia. Tanto que tivemos certas dificultades para camiñar polas rúas e tamén para sortear os trineos dos rapaces.

Desfrutando da fermosura do lugar a pesares da néboa e do frío, podiamos imaxinar a dureza e o sofrimento dos peregrinos medievais a Santiago , da ledicia de atopar nas montañas a hospedería e conseguri calor e descanso. Tamén pensar nos que nos invernos máis duros quedaron no Camiño mentres subían polas montañas que dan entrada a Galicia , os seus corpos moitas veces non se recuperaban ata que marchaba a neve.
Curiosa lámpara de xeo
Paisaxe

Tradición culinaria no Cebreiro





Alía arriba no Cebreiro existen varias opcións para facer unha parada e coller forzas, algunhas das posibilidades máis profesionais que outras, que coinciden nos menús de corte tradicional onde polas características dos visitantes habituais non poden faltar o caldo galego ou a sopa de cocido.
Paramos na Venta Celta (curiosa a celtificación do Cebreiro) que está no medio da aldea , unha vella casa de pedra e lousa da zona rehabilitada dun xeito moi tradicional e que mantiña no comedor o ambiente dunha vella taberna con lareira.
Alí co frío reinante tomamos unha obrigada e reconfortante sopa de cocido, un polbo á feira con cachelos e queixo do mesmo Cebreiro con mel, todo un menú tradicional do país, económico, pero non por iso menos apetecible ou delicioso, pois naqueles momentos de frío e humidade era o que o corpo pedía.
Supoño que iste mesmo menú tras 30 e pico quilómetros de subida e logo dunha ducha quente debe ser un pracer inesquecible e que se defruta en cada instante.

viernes, febrero 06, 2009

Para a fin de semana outra sopresa do 2008: Grand Archives con "Torn blue foam couch"

Para min esta é unha das 5 mellores cancións do ano e como Fleet Foxes son un deses novos grupos de Seattle (é evidente que o poderío da música desa cidade non se foi con Kurt Cobain) recuperan dun xeito actualizado moitos dos mellores sons americanos dos 60 e 70 facendo unha música marabillosa.
Este tema que empeza dun xeito tranquilo vai collendo forza e forza converténdose nunha peza poderosa e optimista , vale para cantar e tamén dende logo para ir colendo forzas e bailar ata rematar dando saltos, con algunha similitude ao final con algún daqueles míticos himnos de Pulp
O lider deste grupo chámase Mat Brooke e foi un dos compoñentes de Band of Horses, grupo que case non coñecía e ao que tamén me estou afeccionando.
Escoitade esta estupenda peza por favor.


O sábado a X Xuntanza da Desorde dos Larpeiros do Cocido

E xa van dez, eu teño perdido algunha e tamén vou perder esta, polo menos a comida, pois penso estar ao pasarrúas previo pero hai veces que un non se pode duplicar.
Estou seguro, seino polos organizadores, que como os anteriores será unha xuntanza espectacular e pasarán cousas ben divertidas, confío moito nos comensais e sei de seguro que ningún defraudará.
Como sempre haberá novos Larpeiros , ata que un día "por fin" no collamos no Currás e poder ver a cara de José Antonio se o facemos noutro sitio...unicamente por iso xa está ben crecer.
Dende aquí un saúdo a Zalo e Kali aos que dende logo botaremos moito moito de menos , rapaces sinto que este ano van faltar moitas das miñas fotos pero haberá quen as faga para poñervolas...ou mellor non? vos diredes. Tamén un saúdo a Angelito Dofeca que andará decidindo que facer con Chavez o vindeiro día 15 ala por aquelas terras bolivarianas. Ser larpeiro é garantía de coller mundo...
O cal, o cal, o caldo de María sabe mal...

O Video da 9ª

miércoles, febrero 04, 2009

La Ribera Sagrada??????




Así comeza a páxina adicada ao Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil nunha guía (interesante por certo) titulada "80 rutas únicas con Paradores" que acompaña á revista Viajar deste mes de febreiro.
Nestes días nos que algúns inventan que o castelán esta sendo oprimido polo galego compre fixarse nestes exemplos que cada día aparecen en moitas publicacións ou mesmo vemos ou escoitamos noutros medios para poñer as cousas no seu sitio e reinvindicar o que todos no fondo sabemos que é a realidade.

Supoño que foi un pequeno desliz da revista pois logo fala de DO Ribeira Sacra, de Santo Estevo de Ribas de Sil (menos mal que non lles dou por Santo Esteban de la Ribera del Sil), ou noutros Paradores galegos do libro refírese a Baiona, O Rosal , As Rías Baixas, pazo de Raxoi, Santo dos croques (imaxinádevos Santo de los coscorrones)...

Perdoado o erro debo sinalar que tanto a guía como o contido da revista está moi ben este mes e non por iso hai que crucificala.

Unha tarde no muíño



Moendo

Un tataraneto de Eladio e máis María


Metendo crema nas cañas

Na parroquia lalinense de Prado hai un muíño que aínda segue moendo. Moe trigo do país e a súa singular fariña podédela atopar nalgúnhas das principais superficies comerciais de alimentación de Galicia e noutras de fora. É unha fariña tradicional que da un pan de Lalín magnífico e que na casa serve para a cociña e para a repostería. Por certo o seu nome é "El Molino del Abuelo".

Este muiño e propiedade da familia do meu amigo e cuñado Rafa dende principios do S. XX e moeu anos e anos ata que se foi abandoando, pero dende hai menos dunha década foi moi ben recuperado polos netos do primeiro muiñeiro (Eladio, logo viría Luis) desa familia e agora ata os bisnetos e mesmo tataranetos semellan tamén entusiasmo por tan singular lugar cando o visitan ou falan del.

Ademais de ser unha pequena empresa ,o muiño é tamén un lugar de esparcimento, cunha finca coidada pero respectada no seu aspecto orixinal e coas construcións moi ben rehabilitadas, ademais dunha acolledora e diminuta casiña que é onde no inverno mellor se está.

Ata alá fomos un grupo de amigos e desfrutamos do merecidamente famoso polbo á feira e da riquísima richada "estilo Lalín" do Mesón Pulpería "Alto da Pena" da mesma parrqouia de Prado e pasamos unha tarde de xaneiro regardados dos comezos dun novo temporal.

En breve farei algunha receita con esta fabulosa fariña do país.
PARA VER AS FOTOS MÁIS GRANDES PINCHA NELAS
Aínda eramos uns poucos

Cascaxide ,o bosque singular e ameazado



Por fin , xa era hora de ir ata Cascaxide, o fermoso e premiado bosque que na parroquia de Escuadro, xusto ao lado do Pazo do mesmo nome, loita por manterse vivo a pesares das ameazasa que penden sobre él.

Empecei a escoitar falar de Cascaxide ao meu amigo Sito Loño, periodista do Faro, que foi dos primeiros en darlle voz aos problemas de desaparición deste centenario bosque. O caso é que a súa propietaria non puido evitar ata o de agora as talas indiscriminadas que fai a usufructuaria da finca e demais bens do Pazo (a súa nai) e comezou unha xa longa loita para a salvar o que é seu pero patrimonio de todos.

Logo intereseime máis por este tema posto que Lucía Espinosa, que así se chama a dona, fixo fronte común con outro valedor dun dos máis fermosos bosques de Galicia tamén ameazado do que xa teño falado con asiduidade en Paparevivir, o magnífico entorno da Fervenza no Corgo, preto de Lugo. E así pouco a pouco e coa súa loita conseguiron que Cascaxide fose declarado "Bosque Amenazado del Año 2008" nuns premios concedidos polo Ministerio de Medio Ambiente.

Podría parecer que a loita remataría aquí , pero nada máis lonxe da realidade pois parece que a Xustiza non acaba de botar unha man e agora unha das poucas posibilidades de supervivencia que lle queda a Cascaxide é a súa declaración como Espazo Privado de Interese Natural como me contaba pouco despois de visitar aquelo a miña compañeira e alcaldesa de Silleda Paula Fernández.
Ademais do bosque en sí o propio Pazo é unha construción singular, cun xardín interior, cunha grande capela, cun curioso engadido en forma de torre acristalada que supoño que se faría para divisar con nitidez as fermosas vistas que arrodean o lugar, pois está situado no alto do Val do Toxa, cunha visión singular e impactante do Candán , o monte Faro no horizonte e as verdes pradeiras e bosques polas que discorre o río que logo fai a singular fervenza.

A visita foi ben aproveitada e compre dicir que a parroquia de Escuadro é sen dúbida do mellor da Comarca do Deza en riqueza paisaxística e natural, mágoa dalgunhas construcións. Iso sí, puidemos ver unha das máis fermosas casas restauradas da zona e do que levo visto en Galicia (por fora) situada nun deses bosques.

En canto a Cascaxide a Carlos e a min se nos ocorriron algunhas solucións para a nai da dona do bosque e tamén para algún paisano da zona , pero son extemporáneas...
Como dicía Laxeiro :"Fermoso país, pero que xente do carallo!"

lunes, febrero 02, 2009

Plaxiando a Pedro Roca


Iso é o que lle pasa por facer unha cociña tan sinxela, que calquera pode practicala na casa. Eu collín os Fideos con tinta da magnifica casa Sandro Dessi e como non tiña un bo calamar sí aproveitei unha coliña de rape e cos osos dese peixa fixen un caldo mariño que foi unha das claves de que o prato estivera tan delicioso.

Pídolle desculpas ao restaurador santiagués i espero que se algún día no seu restaurante trocan o calamr polo rape alguén se acorde de min.

En poucos días teredes a receita paso a paso