viernes, enero 30, 2009

Para a fin de semana unha sorpresa do 2008: Fleet Foxes "He doesn´t Know Why"

Supoño que é unha sorpresa que no ano 2008 un dos mellores disco fora simple, melódico,case folk americano dun quinteto de hippies de Seattle que se chaman Fleet Foxes.
Cando os vin pro primeira vez no YouTube parceume unha viaxe no tempo, pero ao escoitalos as súas melodías vante collendo e enganchando e escoitanse con moita tranquilidade.
A verdade que o disco sorprende e lembra a moitas cousas doutros tempos, da época do LSD mesturada con música coral. Tedes que escoitalos e a ser posible todo o disco pois ten moitas cancións, todas dunha liña parecida, que se levan pracidamente.Poño de propina outra canción pois non sabía por cal decidirme, a segunda chámase "White winter hymnal",é moi curiosa.




Astronomía moi simple: Polar, Osa Mayor e Osa Menor


A falta de ter o ceo limpo de nubes para botar unha ollada as estrelas e aos planetas, comezarei a publicar cousas sinxelas e moi básicas de como irse iniciando na Astronomía de xeito moi simple da mesma maneira que eu vou aprendendo.

Din que o primeiro que hai que facer é coñecer un pouquiño o ceo e o que se ve nel, iso pódese facer a simple vista ou cuns prismáticos normais e a día de hoxe cos programas informáticos que hai (Cartes du Ciel, Stellarium, etc) mesmo sen mirar para o infinito podemos ter unha idea aproximada.
É moi importante antes de empezar a manexar un telescopio saber localizar ben os puntos cardinais, coñecer e memorizar en imaxes certas constelacións que nos axudan a situarnos. Hoxe en día moitos telescopios, os de afeccionados tamén, móntanse cun localizador que nos permite dirixir o noso obxectivo aos planetas , estrelas ou nebulosas dun xeito automático, simplemente para manexalo debemos saber orientar o telescopio ao Norte e coñecer unhas poucas estrelas ben visibles para poder guialo.
Polo tanto o primeiro e imprecindible é saber localizar a Estrela Polar (Polaris) que como case todo o mundo sabe está na constelación da Osa Menor (Ursa Minor), o que pasa é que moitas veces esa constelación ten estrelas que non son doadas de ver e pode resultar difícil atopar polo que compre recoñecer a sempre visible Osa Mayor (Ursa Major ou o Carro) moito máis doada de atopar e máis grande.
A localización de Polaris, que sempre está na vertical Norte do horizonte no hemisferio Norte, é imprescindible para a localización doutras moitas estrelas e obxectos celestes seguindo unha carta do ceo.
De todos os xeitos cando fagamos observacións dende un mesmo punto convén ter marcado xa o Norte para así evitarmos problemas se algunha zona do ceo esta con nubes.
Ben aquí vos poño unhas sinxelas instruccións para facer esto do que falei. Máis adiante falaei do que vou aprendendo das condicións da observación e cousas da lúa.




Como vos dicía hai que recoñecer a Osa Mayor, unha das súas partes coñecidas como Gran Carro, e localizando Dubhe (bastante brilante) e Merak xa temos apuntado cara á Polar, seguindo esa liña a 5 veces máis distancia (baixo a nosa apreciación terrestre) que a que separa ambas estrelas xa temos localizada Polaris, se trazamos unha liña vertical imaxinaria dende esa estrela ata o horixonte xa temos o Norte marcado.

Aquí tedes unha foto nocturna de longa exposición que me sirveu para marcar o Norte perfectamente dende o meu balcón. Fixádevos que a posición entre as dúas constelacións pode variar e así o fai dependendo da época do ano.

martes, enero 27, 2009

Somiedo 2004









Nestes días de neve recuperei case por casualidade algunhas das fotos que creia perdidas no seu formato dixital dunha memorable visita que fixemos na primavera do 2004 a Somiedo e nos sorprendeu unha intensa nevada que fixo que alguns nos namoraramos máis aínda daquelas fermosas montañas.

Hai veces que moito apetece escapar...

Solombo de terneira nova asado


En 30 minutos outro xeito diferente e san de comer un solombo de terneira diferente da prancha. Cun solombo tenro de terneiro novo da casa de María que me dou a súa nai (moitas gracias) con cenouras da mesma casa xa cocidas e envasadas fixen un prato sano e equilibrado sen maltratar productos de primeira.
Ao ser un solombo pequeno decidín asalo un pouquiño no forno enteiro para logo facer uns medallóns. Foi para o forno acompañado das cenouras e unha combinación para facer unha salsa que a priori pode parecer forte pero non foi así: polvo de cantarellus, mostaza diáfana louit e viño branco.
Despois de 20 minutos xa estaba rematado e combineino cunha ensalada de canónigos ,piñóns e noces. Un prato cheo de cor, sabor e tamén saúde.
En breve os pasos da receita.
Ao saír do forno

lunes, enero 26, 2009

A sinxeleza de Pedro Roca







As fotos son de "Capitulo O" de Manuel Gago, gracias por adiantado, pois non levei a cámara.

Fun o sábado pasado pola noite ata Santiago coa única intención de cear no novo restaurante de Pedro Roca. Está situado na nova "zona cero" da gastronomía de Santiago e posiblemente galega , a zona de Galeras ,do antigo Hospital Xeral e que en menos de 300m. ten nomes como Marcelo, El Mercadito , Acio...
O local dividido practicamente en dous salóns, é un lugar acolledor , sen moitos detalles non cae nesas frías decoracións minimalistas e as dimensións e a madeira do chan danlle calor a cores a priori frías, un lugar elegante pero dentro da sobriedade.
Ben pero imos o que é importante: a cociña de Pedro Roca é dunha sinxeleza encomiable baseada no que hai no mercdo que cada vez vai tendo máis adeptos. Este cociñeiro diseña uns pratos magníficos coa simple combinación de 2 ou 3 ingredientes principais.

Tampouco cae Pedro Roca no enmascaramento de sabores e trata de sacar o mellor de cada producto e mesturalo con outros sen estridencias. Merece unha reseña a búsqueda do punto exacto de cocción de cada ingrediente principal e a querencia e o repecto pola cociña e os productos de orixe tradicional galega.

Na nosa visita pedimos o menú degustación do Mercado de Abastos e que comezaba cun entrante que combinaba cecina, queixo de Arzúa, sardiña marinada con pementos e un magnífico e sinalable lacón trufado con trufas , un bo punto de partida frío para ir entrando en matería.
A continuación servironnos unhas zamburiñas con ceboliñas e alcachofas, deliciosas de sabor no seu punto e cunhas ceboliñas deliciosas. Continuamos cos moluscos galegos cunhas ameixas con setas, dicir que de entrada a María non lle gustaban as setas por fortes, pero suxerinlle que as comera combinadas coas ameixas e daquela xa mudou a súa percepción reforzando deste xeito o acerto da combinación de ingredientes.
Logo pasamos a un choco con fideos negros dunha sinxeleza apabullante pero cheo de sabor, este é un prato tan simple que facelo na casa non é complicado, pero cun detalle , non o preguntei pero penso que os fideos eran de casa Sandro Dessi da que xa teño falado en Paparevivir pola súa calidade.
Para rematar cos peixes unha ben rematada merluza de Celeiro con berberechos e espinacas, un prato que non me entusiasmou pero que non estaba dende logo mal.

De carne tocounos coa degustación un lombo de lechazo asado cheo de sabor que ademais viña realzado cun suave toque oriental de espècies (non sei se algo de canela, ou un toque de tandoori que tamén a leva).
Logo de postre a tartaleta de requeixón con xeado de frambuesa , cunha ración contundente para rematar chea de sabores doces diferentes e refrescantes que axudaron a rematar dunha maneira exitosa unha moi boa cea ademais duns "petit fours" para o café

Nos acompañamos a cea dun Coto de Hayas garnacha centenaria, un viño xove de crianza da DO aragonesa de Campo de Borja, un viño dun aroma cheo de froitas vermellas cun sabor intenso e agradable. Un deses viños que eu recomedo pola súa relación Calidade/Prezo/Satisfacción e que lle gusta moito ao meu amigo Sito. Para acompáñar o postre un PX

Ben en resumo , unha nova pero xa coñecida proposta en Santiago que dende logo vai ter éxito pois é unha cociña adaptada a todos os gustos, sinxela e sen estridencias que seguro que terá continuidade a pesares dos tempos que vivimos. De entrada ese día o comedor estaba cheo.
En canto ao prezo sinalar que co menú degustación+viño+café+PX saeunos por 53€ persoa que si ben é un prezo elevado non é excesivo para o restaurante que é, pois estas visitas fanse poucas veces.
Un saúdo a Pallares que nunha mesa cercana ceaba coa súa nai e que tamén estaba contento co comido

Temporal e A Fervenza do Toxa




Nestes días todos puidemos ver e mesmo sofrir os graves danos causados polo temporal, eu mesmo quedei asustado ao ver o sábado pola mañán carballos centenarios arrincados da terra, establos derruídos con vacas sepultadas, torretas eléctricas desfeitas...

A natureza pon ao home no seu sitio e con estas sacudidas ensinanos o pequenos que somos contra ela, tamén nesta destrucción pódese atopar beleza. Supoño que na costa o mar debía de ser un espectáculo sorprendente , batendo cunha forza descomunal con ondas xigantes.
Na nosa comarca a beleza estaba nos ríos cheos e con forza, e pensei que a Fervenza da Toxa debía estar reventando de auga polo que decidín achegarme ata alá.

Fun atopando obstáculos como poidedes ver nas fotos, pero finalmente cheguei ata alá, confeso que non era doado estar a menos de 50m sen mollarse , pero a forza da auga caendo era unha imaxe impresionante.

A pesares de que as fotos non son de moita calidade podedes ver a forza bestial da fervenza .Achegarse moito era poñerse como un pito (así foi) e o obxectivo da cámara enseguida se empañaba coa néboa de auga pulverixada pero as imaxes ben o valen.

viernes, enero 23, 2009

Outra delicia do 2008 para a fin de semana, "The Rip", Portishead

O trío de Bristol levaba dez anos sen botar un disco ata que no 2008 decidíronse e dende logo foi un dos lanzamentos máis agardados e sen dúbida un dos discos do ano. Estes meigos da música, máximos representantes con Massive Attack do denominado "Trip Hop" , fixeron con este "Third" (terceiro album, pensaron eh) un deses traballos densos nos que hai cancións que precisan de ser escoitadas varias veces pero cando se te meten dentro segues tarareando e e daslle ao botón para que comece de novo.

Nesta canción que vos poño a lentitude inicial , o intimismo e o misterio únense de xeito maxistral á voz envolvente da cantante Beth Gibbons e parece que nos levan polo aire. É unha gran canción pero non a única impresionante deste disco.

Póñovos un video de "The Rip", non pode ser o oficial pois Island Records non deixa collelo no YouTube pero como recompensa apareceu outro magnífico con Johnny Greenwood e o gran Tom Yorke de Radiohead facendo unha versión no backstage dun concerto en St. Louis. Outra marabilla.



Inverno como os de antes








Así poderiamos cualificar este inverno, como un dos que lembro en Lalín de cando era neno, con neve, sin ver moito o sol. Este ano está sendo así e de verdade que pode ser ben incómodo pero tamén , bonito e ata divertido.

Hoxe xa pasou o temporal con neve pero ven un de choiva e case calor ,pero seguro que na memoria do meu sobriño Xosé a palabra neve xa é igual a diversión, supoño que tamén a frío , pois aprendeu que sen luvas as mans logo queiman ademais de que cando neva non hai clase.

Di o meu amigo Pallares que últimamente abuso un pouco das fotos, é porque hai imaxes que me gustan.




Algunhas cousas de Madrid Fusión 2009: viños

Sabedes seguro porque sae en todos os informativos de Tv que nestes días estase celebrando en Madrid o importante encontro internacional gastronómico Madrid Fusion, un escaparate que vai collendo moito prestixio e que nos mostra sempre moitas das novidades que van dominar o panorama culinario.
Irei poñendo algunha cousiña do que vou lendo e hoxe empezo polos viños, pois nese certame celebrouse un concurso chamado "Mejor vino español de menos de 30€" algo que ten moito que ver co que vos teño falado da relación Calidade/Prezo/Satisfacción. A min gustaríame que arriscarán aínda máis e que fixeran un certame con premios para viños por debaixo dos 15€.

Non coñezo algún dos premiados, e por exemplo nos brancos aínda habendo dous galegos eu os sustiruiría por outros de diferentes D.O, pero supoño que o xurado terá mellor criterio ca min. Estes son os gañadores, a ver que vos parece:

VINOS BLANCOS
PAZO PIÑEIRO. ADEGA PAZOS DE LUSCO S.L. D.O. Rías Baixas
CHIVITE COLECCIÓN 125 BLANCO 2006. BODEGAS JULIÁN CHIVITE S.L. D.O. Navarra
SANTIAGO RUIZ. BODEGA SANTIAGO RUIZ. D.O. Rías Baixas

VINOS TINTOS
AMAREN TEMPRANILLO. BODEGAS LUIS CAÑAS S.A. D.O. Ca. Rioja
SAN ROMÁN. BODEGAS Y VIÑEDOS MAURODÓS S.A. D.O. Toro
HACENDA MONASTERIO. BODEGAS HACIENDA MONASTERIO S.L. D.O. Ribera del Duero

VINOS ESPUMOSOS
MANUEL RAVENTÓS GRAN RESERVA PERSONAL. JOSEP MARÍA RAVENTÓS I BLANC S.A. D.O. Cava
MERITUM. FREIXENET S.A. D.O. Cava
GRAN RESERVA PARXET MARÍA CABANÉ EXTRA BRUT. PARXET S.A. D.O. Cava

VINOS GENEROSOS Y DE LICOR DE ANDALUCIA
PALO CORTADO TRADICIÓN. BODEGAS TRADICIÓN S.L. D.O. Jerez - Xérès - Sherry
SELECCIÓN ROBLES 1927 PEDRO XIMÉNEZ. BODEGAS ROBLES S.A. D.O. Montilla - Moriles
PX 1927 DULCE VIEJO. ALVEAR S.A. D.O. Montilla - Moriles

O próximo post será para a Merluza de Celeiro e que fixeron con ela Marcelo e Xosé Cannas

A proeza de Chus Lago



A la izquierda el cartel homenaje a Amundsen y Scott , los primeros en alcanzar el Polo Sur. El cartel dice:
ROALD AMUNDSENDecember 14, 1911
“Y así llegamos y conseguimos poner nuestra bandera en el Polo Sur Geográfico”
ROBERT F. SCOTTJanuary 17, 1912
“El Polo. Sí, pero bajo circumstancias muy diferentes de las esperadas”


Se falamos de mulleres galegas estes días hai que felicitar e sentirse orgullosos dunha: a viguesa Chus Lago. Esta muller míuda-míuda muller alcanzou o pasado 8 de xaneiro de 2009 as seguintes coordenadas: 90º 0.00 ´S ,0.00´W, é dicir, un dos confíns do planeta, o deserto mundo branco da Antartida no seu lugar máis extremo: o Polo Sur.

Esta aventureira e deportista completaba en solitario deste xeito unha vella ambición nun lugar no que moitos ilustres homes exploradores teñen sucumbido. Chus Lago xa hai tempo que ven facendo proezas deste tipo, como subir ao Everest sen O2 e levando o nome de Galicia e Vigo con forza por onde pasa, pero desta vez a súa fazaña non tivo tampouco excesiva publicidade.

Seguín algúns días o seu blog de viaxe, feito por compañeiros coas cousas que Chus lles contaba por radio, e debo dicir que me sinto algo culpable por non terlle dado máis publicidade , polo que é de xustiza que se lle faga unha boa homenaxe pois ben merecida a ten.

Collo do seu blog de viaxe o momento culminante , así como fotos e videos que creo que pagan a pena.

Moitas gracias Chus Lago e segue así.

7 Enero 2009
Posición: 89º 51.373′ S - 085º 25.758′ W

Cielo: despejado
Distancia recorrida: 25,000 kms.
Kms recorridos totales: 1116,850
kmsPolo Sur a: 13.150 kms (aprox.)

Chus me llamaba al filo de la madrugada. Con la emoción vibrando en su voz, me relataba de su itinerario sobre una nieve aún excesivamente blanda y sastrugis en un primer estadio de formación, que le exigían un gran esfuerzo. Estaba agotada, con ese cansancio que vacía el cuerpo y alimenta el espíritu de quien se fija como meta un reto inhumano, una hazaña como la conquista del Polo Sur en total soledad.El horizonte ante la entrada de su tienda empezaba a cambiar. A lo lejos le había parecido intuir un brillo, quizás el sol incidiendo sobre la cúpula metálica del Polo Sur y, en sus proximidades, pequeñas manchas oscuras inmóviles que no ha sabido precisar de que se trataba. Me lo relataba sin tener mucha consciencia de lo que estaba a punto de conseguir, como si realmente después de tantos días sin una referencia visual a la que agarrarse, aquel destello fuese sólo un espejismo. Restaban en ese momento 13 kilómetros a la meta.
Tenía previsto ponerse en marcha muy temprano, alcanzar el Polo alrededor de las 13:00, hora española. La emoción de estos últimos instantes me hace imaginar cada paso que da, ver como el horizonte por fin toma forma y se convierte finalmente en ese punto al borde sur de la tierra… veo a la Dama Blanca conquistando su Polo Sur.
Siempre Sur, hasta donde la mirada alcanza.


AQUÍ VEDES UN VIDEO COS PREPARATIVOS DA EXPEDICIÓN CAIXANOVA

viernes, enero 16, 2009

Little Joy, unha delicia para a fin de semana

Nas diferentes listas dos mellores discos do ano 2008 hai nomes que se repiten como Vampire Weekend, Coldplay, REM, Fleet Foxes, Sigur Ros...pero hai 2 discos que son dalgún xeito proxectos alternativos de xente xa consagrada noutros grupos, dun deles xa falei aquí, The Last Shadow Puppets e o outro e Little Joy un grupiño creado arredor do batería dos Strokes co brasileiro Rodrigo Amarante.
Como poño na entrada , é unha delicia escoitar este disco sinxelo, fresco e alegre, para min foi un bo descubrimento deste últimos días, de verdade escoitade esta canción breve chamada "Unattainable"

Albariño Don Olegario no Wall Street Journal


 Pediume o meu amigo Manuel Cortizo que fixera referencia a este viño da DO Rías Baixas que tantos éxitos está colleitando, non falei ata o de agora pois non tiven a oportunidade de probalo e coñecelo e non me gustaría falar de memoria sobre todo en cuestións de viños, ademais quen lea este blog xa sabe que eu son máis de Ribeiros e de Godellos . De todos os xeitos déixovos a nova dende a óptica de La Voz de Galicia. 


El albariño de Don Olegario, que se elabora en Vilanova, es uno de los nueve vinos más deliciosos del mundo, según The Wall Street Journal. La publicación selecciona a los que, en su opinión, son los nueve mejores caldos y el único español que aparece en esta lista es el mencionado Rías Baixas.

«Algunos de los vinos más excitantes vienen de España y los albariños son un ejemplo de ellos», afirma el diario norteamericano. La crítica corresponde al Don Olegario del 2005. De él dice que «es fantástico para beber solo, pero también para acompañar cualquier tipo de marisco», afirma.

Don Olegario es el único caldo de Rías Baixas que figura en la lista de los nueve mejores vinos del mundo, pero también el único español. En ella figuran varios caldos australianos, algunos franceses, un sudafricano, un italiano y un argentino. Según explican los autores del artículo, de los miles de vinos que prueban cada año solo uno o dos de ellos merecen el más alto calificativo y solo otro 1% de todos los que prueban reciben el adjetivo de «deliciosos», que es donde se enmarca el Don Olegario en esta ocasión. Se le otorga esta mención por que se trata de un vino fiel a la zona en la que se produce, a la variedad de uva con que se elabora y al bodeguero que lo elabora, explica el autor del artículo, quien también destaca que en esta lista de vinos deliciosos, muy pocos de ellos cuestan más de veinte dólares.

Xenocidio en Gaza



 

Hai quen a día de hoxe resístise a chamarlle deste xeito ao que están facendo os israelíes en Gaza, pero vexamos a definición deste termo " Exterminio ou eliminación sistemática dun grupo social por motivos de razas , etnia, religión, política o nacionalidad", penso que con esta introdución xa non hai dúbida.
 Pódese argumentar que os de Hamas son terroristas indesexables, é certo, pódese argumentar que Israel tería dereito a defenderse,pode ser certo, pero non é menos certo que a desproporción ,a barbarie, o frío cálculo dos ataques, o nulo repecto pola poboación civil , o asesinato indiscriminado de nenos non deixan outra saida que cualificar a ese país que se di democrático como un niño de bestas asasiñas que agora mesmo so pretenden destruir o futuro do pouco que queda do pobo palestino. 
 Penso que Israel, país xudeo, conseguíu nestes anos perder gran parte do aprezo que se lle gardaba dende Europa debido á grande represión sofrida durante a 2ª Guerra Mundial a man do nazismo. Hoxe en día sería difícil atopar moitas diferencias entre o guetto de Varsovia e a pequena franxa de Gaza. Hoxe en día viven preto do medio millón de persoas nun territorio reducido , case totalmente rodeado por Israel , onde coas fronteiras pechadas para que non escapen o exército israelí ataca sen miramentos buscando facer o máximo dano e de xeito salvaxe ás xentes que alí viven.
 Penso que esta barbarie israelí terá as súas consecuencias, rematou o crédito que tiñan no S.XX, estamos noutra era é non por opoñerse as matanzas que perpetran ten un que ser anti-sionista. Tamén me parece vergoñento que Israel estea pensando na tregua condicionada unha vez que xa logrou os seus obxectivos, ataque á ONU incluída, e agora que a toma de posesión de Obama se achega, pretendendo deste xeito adiantarse e coaccionar as posibles negociacións e apertura do novo presidente de cara a outros países de Oriente Medio, pois dende o seu Gabinete xa se anuncian conversas mesmo ata con Israel.
 Por iso mesmo é importante que se os estados occidentais non toman a iniciativa que polo menos os civís deses países tomen partido e denuncien a desproporción sen sentido nas matanzas palestinas.
 En Lalín o sábado haberá uns actos de protesta organizados polo Naranxo aos que non poderei asistir pero aos que espero contribuir dalgún xeito con este post:

A asociación cultural O Naranxo vai levar a cabo o vindeiro sábado 17unha acción

reivindicativa contra o xenocidio do pobo palestino. A acción comezará ás 20 horas coa instalación dun marcador ao pé da bandeira de Palestina, pintada o sábado pasado pola asociación na Avenida de “O Naranxo” (entre a Principal e a Praza das Pipas), onde se rexistrará todos os días ás 16:30 horas o número de víctimas provocadas polo asedio israelí a Gaza.

Haberá tamén lectura de poemas de diversos autores palestinos, acompañada pola música de María García  (violín) e Benxamín Otero (obóe). Por último, acenderanse cirios en memoria das vítimas. O Naranxo quere convidar a toda a xente a asisitir e participar levando poemas ou cirios.


miércoles, enero 14, 2009

Unha recomendación natural:a páxina do fotografo Jose B. Ruiz













Trátase dun dos máis importantes fotógrafos da natureza español e mundial, este home que estudiou para biólogo e o deixou polo camiño pois quería un contacto máis directo co medio que o que lle propoñía a Facultade, é o autor dunhas imaxes fantásticas que calquera fotógrafo afeccionado so pode soñar con facer e mesmo moitos profesionais non son quen de lograr.
Na súa web non so atoparedes moi botas imaxes se non que tamén hai artigos divulgativos sobre técnica fotográfica moi aproveitables con mención especial para as técnicas nocturnas de longa exposición, unha das súas especialidades. Tamén dicir que algunhas das súas técnicas e equipos so están ao alcance de profesionais de alto nivel pois requiren desembolsos moi considerables.

Tamén poderedes ver a cantidade de premios que ten e o difícil que é sacar algunhas fotografías como as súas que requiren horas e horas de traballo.
Un bo descubrimento que atopei vagabundeando pola Rede.

martes, enero 13, 2009

Regalos




Ben contento estou cos Reis Magos este ano, se o ano pasado me trouxeron un magnífico libro da axencia Magnum desta vez ademais doutros bos regalos viñeron cargados cun Globo Terráqueo e un Telescopio (o coñecido Lidlscopio).

A verdade e que estou coma un neno cos dous regalos e non deixou de mirar para eles ou ao través deles. Xa vos contarei dos progresos astronómicos, pero tede coidado porque engancha moito moito...

Moitas gracias maxestades.

Maís imaxes de neve






Visitounos de novo e con máis forza, din que "año de nieves, año de bienes", non sei se acertarán con este 2009, pero polo menos desfrutamos con ela a pesares dos trastornos que as veces trae.
Eu ao vela fun dar unha volta ata o Souto de Catasós e quedei marabillado, a pesares de sacar as fotos en cor xa parecía que saían en branco e negro, hai lugares máxicos.

Foie con albaricoques confitados en Porto


No Nadal tiven a gripe pero algún tempo quedou para cociñar algo. Do que fixen móstrovos esta sinxela receita pero ben resultona que combina o agridoce da froita e do viño do Porto coa contundencia e o sabor intenso do Foie.

Para facela elexín albaricoques, sei que é unha froita fora de tempada e os que merquei viñan de Chile ,e estaban a 6€ Kg!!, pero podedes aproveitar outras mías asequibles nestas datas. Esquecinme no video de comentarvos que mentres se douran os albaricoques na manteiga e bo botarlle un pouco de sucre para conseguir unha mellor caramelización dos anacos de froita.

Para traballar o foie o mellor é non menealo moito e se o queredes dourar simplemente con poñer unha prancha moi quente e darlle a volta cando estea dourado abonda para servir, falo por certo de fígado de pato puro, non de micuits ou outras preparacións, se ven enteiro é necesario sacarlle a membrana e as veas.


Casa Tino Fandiño en Allariz, tradición galega



Dende 1917 leva este resturante dando de comer en Allariz, antes como Casa Fandiño simplemente, hai uns poucos anos que mudou de ubicación para unha casa restaurada do magnífico e coidado casco antigo de Allariz. Lembro ir comer a aquela primeira casa de camiño para Laza con Rafa e Sito para ir ver baixar A Morena...
Xa logo nas 4 últimas veces que visitei este restaurante xa estaba na nova casa, cuns comedores restaurados conseguindo un espazo amplo dentro dunha casa vella moi ben aproveitado.
Tino Fandiño é unha das referencias da cociña tradicional galega, gústame ir a ese restaurante porque sabes sempre o que te vas atopar: receitas de toda a vida, perfectamente recoñecibles, calidade nos productos e sabor da terra nas preparacións.
Para comer alí vos fago algunhas suxerencias, a min de entrante gústame probar as empanadas , desta última vez foi a de zamburiñas, deliciosa coma sempre, pero dende logo hai que estar atento a o que depara a tempada pois podeste atopar cuns deliciosos pementos do Arnoia.
LogoFandiño destaca nas carnes do país con atención especial á terneira e ao cabrito, tamén en tempada de caza din que serven unhas perdices memorables aínda que desta non tiña o corpo para elas.
Decanteime por uns dos pratos que máis me teñen convencido alí, o xarrete no seu xugo, toda unha delicia de mantecosidade e sabor producto dunha coidada cocción, de guarnición equecédevos de artificiosidades, chícharos e patacas
Non so de carne vive o home e lembro que en Fandiño teño tomado unha magnífica Robaliza ou unhas anguías do Miño fritidas que ben valían.
Para os postres continúa a tradición e desta pedimos unhas filloas recheas cunha crema que lebvaba castañas, postre ben larpeiro.
Por último dicirvos que na bodega de Fandiño podédevos atopar cos mellores Ribeiros da zona, bos Mencías e unha boa selección de Rioxas e Riberas.
En canto ao prezo, dicir que Fandiño mantén unha moi boa relación calidade/prezo , significar por exemplo que o Xarrete está so a 10€ na carta, normalmente por 25€ sen meterse en peixes ou mariscos podes ir moi ben comido.
Este post vai dedicado ao meu amigo Chones con quen desfrutei dunha boa enchenta en Fandiño hai xa uns cantos anos...

Non puxen fotos pero non vos esperedes nada diferente do que vos servían as vosas nais ou ávoas nas vosas casas.

jueves, enero 01, 2009

Caracois de limón con zamburiñas e guindillas




Mentres aumenta o debe de videos de receitas, poño algunha máis das sinxelas. Xa teño falado abondo aquí das magníficas pastas de Sandro Dessi que dan moito xogo. Desta aproveitei unhas zamburiñas que me quedaban da receita anterior e boteillas aos caracois de limón desas boas pastas catalanas. Cunnha pouca guindilla, allo e perexil para darlle algo de forza. De verdade que en 6 minutos tes un plato orixinal, sabroso e de categoría.

Bon proveito.

Anda solta por ahí estes días


É algo brava.

As neves dos Ancares










Xa con certo retraso vos poño algunha das imaxes que puiden captar hai algúns días nos Ancares, nunha visita rápida para ver como foron de grandes as nevaradas caídas alí durante o fin do outono e os comezos do inverno.

Realmente sorprendente, aquelo estaba fermos, non esperaba tanta neve,polo que incluso me foi complicado camiñar, pois facíanse precisas as raquetas para progresar.
O día estaba fermoso, frío iso sí, e mesmo algún afecionado galego aos cans de trineo estivo con eles de paseo , un espectáculo ben bonito.