viernes, noviembre 27, 2009

Volta o Forum Gastronómico a Santiago


Aínda que por un tempo a súa celebración estivo no aire ao final impúxose a cordura e Santiago celebrará novamente do 20 ao 24 de Febreiro unha nova edición do Forum Gastronómico que dará continuidade ao celebrado no 2007 e alternacia aos que se veñen celebrando en Girona.

O evento presentouse o pasado 25 de Novembro e certamente promete ser moi completo coa presenza de moitos dos grandes cociñeiros tanto de España como do mundo, alí estará como non Ferrán Adriá que repetira visita a Compostela, os irmán Roca con 3ª estrela Michelin baixo do brazo, Pierre Gagnaire, Eneko Atxa...e unha nutrida representación da mellor cociña galega como Flavio Morganti, os irmáns Cannas, Solla, Pedro Roca...

O programa ten algunhas novidades, a primeira é que desta vez celebrarase en Amio para gañar en espazo expositivo antes as restriccións do Pazo de Congresos , aínda que hai certo malestar entre os gandeiros que supoño que poderán solucionar ese problema.

Terá unha parte máis ben profesional con moitos talleres de cociñeiros e ensalzamento de productos da nosa terra. Tamén contara durante a fin de semana cunha parte máis lúdica para o público en xeral na que se conserva o Concurso de Pulpeiras. Parte destas actividades celebraranse no casco urbán de Santiago para permitir que o Forum tome a cidade.

Seguiremos informando do evento gastronómico do ano 2010 en Galicia, alí penso estar como na edición anterior.