jueves, noviembre 26, 2009

Somiedo en setembro











Tempo levaba sen darlle moito ao blog, nunca pensei en abandoalo pois escribir aquí entretenme , pero un exceso de ocupacións deixoume sen tempo libre para actualizar, tratarei agora de seguir unha cadencia que volva a atraer aos fieis da páxina.
Aquí como vedes vos traio algunhas fotos da visita feita con bos amigos as fermosas terras somiedanas, un dos meus destiños preferidos e seguramente un dos entornos mellor conservados da Península Ibérica . Comarca asturiana que destaca pola harmonia lograda entre a conservación esplendorosa do entorno, as tradicionais actividades humanas como a gandeiría e un dos novos modos de vida dos seus habitantes: o turismo. O certo é que o coidado dese Parque Natural por todos os que residen ou traballan nel merece unha mención especial pois mesmo as veces entre bromas rematas preguntándote quen será o xardiñeiro que pode manter aquelo...
Hoxendía dicir Somiedo é dicir natureza, é dicir tamén oso pardo , montaña, gastronomía, etc. En definitiva un entorno que acepta perfectamente ese cualificativo de moda denominado "sostible", un exemplo que deberiamos seguir os galegos coas nosas serras orientais, Ancares e Courel, declarándoas xa Parque Natural.
Nesta ocasión a excusa era a montaña, facer un bo percorrido polo Valle do Lago, subir aos Lagos de Saliencia para logo ascender aos Picos Albos de máis de 2000m. Como vedes foi un día fermoso de gran visibilidade que nos permiteu por exemplo ver Peña Ubiña dende a cima. Logo ao baixar despois dunha boa ruta aínda refrescamonos no magnífico Lago del Valle para finalmente baixar a Valle del Lago e volta a Pola de Somiedo porque unha ducha e unha grandísma cea esperaban como premio. Tampouco faltou unha curiosa verebena pois eran as festas patronais da vila e o II Certamen Internacional de la Vaca Asturiana de los Valles, que tremendo alboroto facían todas elas na feira de gando local
Da miña experiencia acumulada teño que dicir que a hostelería de Somiedo gaña a cada ano que pasa, cada vez hai más hoteis, apartementos, casas de turismo rural ou pensións desta aloxámonos nos Apartamentos Miño e so podo dicir que eran excepcionais, pero tamén está o Hotel Castillo del Alba, o Palacio Flórez-Estrada (xa de categoría)...podedes atopar máis nesta páxina http://www.somiedo.info/
En canto a gastronomía a oferta de Pola de Somiedo é magnífica para unha vila tan pequeniña. Podes empezar tomando unha sidra ou unha tapa onde o río (non lembro o nome) para logo decantarte por unha potente comida ou cea na Sidrería-Restaurante Carrión (lexendario pote asturiano), o Restaurante El Urogallo ,etc. Desta sorprendeunos moi gratamente o Restaurante do Hotel Castillo del Alba, carta variada todo moi sabroso, contundente como a gastronomía da zona, con bos viños a elexir e dun prezo moi contido. Sinto non ter apuntada a cea pero sei que foi agradecida , abundante e non pasou dos 30 euros con bo viño , postre e algún dixestivo: unha agradable sorpresa.

O certo é que Somiedo sempre está pedindo que volvas e tamén vale o outono ou o inverno.