jueves, noviembre 26, 2009

Restaurante el Nuevo, Teverga , Asturias

A entrada a El Nuevo de Teverga

Unha carta de domingo
Xabarín

Repolo recheo

Fabes con setas e gambas

Nas proximidades do Parque Natural de Somiedo está o Concejo de Teverga, tamén esta zona caracterízase polas súas macizas montañas , aínda que máis baixas que as somiedanas , e por un bo coidado do entorno. Na vila de San Martín , a capital do municipio, está un dos mellores descubrimentos gastronómicos que teño feito.

Trátase dunha casa de comidas asturiana, das que teñen prezo fixo con menú para elexir e que nos domingos esmeranse en dar de comer magníficamente a quen os visita por un prezo lixeiramente máis elevado que pola semana. Por certo unha tradición que aquí en Galicia non conseguimos sacar adiante e que en Asturias fai que moitas familias se decidan a saír todos xuntos a comer fora sen medo a non chegar logo a fin de mes.

Fun xa , que me lembre, alomenos 4 veces e nunca saín defraudado , a súa comida caseira, contundente e feita con esmero seguindo receitas tradicionais da mellor cociña montañesa asturiana é unha garantía de éxito.

O restaurante garda o vello encanto desas grandes casas de comidas cun bonito e amplo comedor tradicional nunha gran casona. Alí teño comido fabes con setas e gambas , fabes con xabarín, fabes con almejas , fabes con..., o tradicional e sempre exquisito Pitu de Calella (de curral), Xabarín, o Pote, Repolo recheo con salsa, o tradicional arroz con leite ou unha magnífica Tarta de queixo...e todo por un prezo nunca abultado.

Normalmente cando saes de El Nuevo o que che pide o corpo é unha boa siesta nos tranquilos prados da zona ou como xa fixen 2 veces e recomendo:

Alugar unha bici en Proaza a 14 Qm e subirr cara a Teverga unha Vía Verde chamada "La Senda del Osu", que percorre un fermoso trazado dunha subida moi doada e remata moi preto do restaurante. Logo despois de comer so hai que deixarse levar costa abaixo pola suave pendente respirando natureza e facendo a dixestión...tamén, por certo, é posible despois de tanta faba experimentar a "autopropulsión"

1 comentario:

elhermanodetuprima dijo...

Pois teño que decir, que seguindo as indicacións deste post, fomos comer a ese tal Novo, e, ainda que non había xabarín, as fabes con setas e gambas e o repolo recheo estaban moi moi ricos.

Eres un sabio.