viernes, octubre 02, 2009

Casa Blasquico, parada obrigada no "Valle de Hecho"




Sairamos de volta dende Torla xa a tardiña, rumbo cara o Oeste sen dirección fixa buscando nos maxestuosos vales pirenaicos unha parada e fonda onde recuperar forzas tras ascender o Monte Perdido e seguidamente darlle descanso ao corpo.
No camiño de Jaca a Pamplona decidimos darlle una oportunidade ao Valle de Hecho, caían lóstregos de seguido e a noite aínda que calurosa non era apacible polo que compría atopar canto antes unha pousada.
Chegamos a Hecho , capital dese fermoso val que pertence á comarca da Jacetania, e alí con certa fortuna atopamos Casa Blasquico/Restaurante Gabi (é a mesma casa) onde nos deron unha bonita habitación nunha fermosa casa tradicional e unha fabulosa cea , que colmou o apetito acumulado dos últimos días. O restaurante ten so 6 mesas e o seu comedor está cheo de lembranzas , detalles e flores, pode parecer algo recargado pero é confortable.

Deixámonos guiar pola amable camareira e de primeiro tomamos un magnífico Foie da zona, untuoso e sabroso, non esperabamos menos a escasos Qm de Francia. Logo continuamos coas especialidades da casa as Crepes recheas de setas dos bosques do Val e Verduras recheas.
As crepes eran unha delicia, o sabor dos cogumelos intenso pero sen chegar a transformarse en empalagoso , un prato, outra vez, de evidente influencia francesa ,que mereceu que non quedara nin unha pinga de salsa no prato.
As verduras recheas de carne garda a textura das diferentes hortalizas (berenxena, pataca, tomate , etc), ademais de ser unha obra de microinxeniería, pois non debe ser facil encher unhas cenouras como o fan eles, o que ven demostrar que nesa casa hai un amor evidente polos detalles e pola satisfacción do cliente.

Por último tomamos un chuletón para compartir, mala elección por sairnos das recomendacións, o tamaño non era de chuletón , a carne non estaba mala pero era para nos unha simple costeleta.

Finalmente os postres caseiros tamén estiveron a gran altura nunha magnífica cea, a pesares do erro do chuletón. Todo regado cun Enate crianza Cabernet do próximo Somontano, que é un viño dunha moi boa relación C/P. A conta foi de apróximadamente uns 40 € por cabeza, pero está claro que non foi unha cea frugal nin cara.
Logo houbo que dar un pequeno paseo polas empedradas rúas desa antiga vila, que contén fenomenais casas vellas de lousa e pedra con grandes chimeneas e balconadas formando un bonito consunto arquitectónico.
Despois de durmir,pola mañán cedo descubrimos outro dos segredos da vila, unha pandaderia-pastelería artesanal na que fan uns hoxaldres de mazá, que poucos doces tan bos probei na vida.
Por certo non so os pans e os pasteis sorprenden ao entrar nesa panadería, hai algún tesouro dourado máis...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

"(...)amable camareira (...)", "(...) tesouro dourado (...)". Deixate de eufemismos; onde di "amable" debería dicir cachonda e onde di "tesouro dourado" pasteleira loira cachonda. jejejeje

J.cARLOS cALVO uLLOA

Nico dijo...

Pero tí non eras escritor? qué tipo de lingaxe é esa? Qué van pensar de tí os teus lectores depois desas aseveración pois estabas alí comigo.
Ja,ja