viernes, julio 17, 2009

Especias




Non son de botarlle moitas especias á comida pero si que me gusta de vez en cando experimentar con elas e desfrutar dos seus aromas e sabores con moderación. Deste xeito , cun consumo moderado fun acumulando na casa unha gran variedade das mesmas e agora amigos e familiares que van de vaixe amablemente me traen algunhas pois é un agasallo sinxelo de transportar e agradecido.


Recentemente a miña nai trouxome da India pementa negra, noz moscada e tandoori. Hai aproximadamente un ano tamén me dou algunhas especias que lle trouxera unha amiga dende Sri Lanka, unha poderosísima e deliciosa canela, máis pementa negra e un auténtico curry de Madrás.


Hai pouco tamén a miñas cuñada Isa visitou Hungria e trouxome unha selección de Paprikas que se uniron a outras que a miña tía Reyes me regalou. Aínda conservo algunhas herbas aromáticas da Provenza que merquei hai 4 anos en Niza.


Todo esto unido a outras compras recentes como xenxibre en pó, coriandro , diferentes pementas e outras tan nosas como o Pimentón de la Vera ou as ñoras picadas fan que a miña colección de especias sexa variada e de moita calidade , ademais dun anaquiño de moitos mundos e arrecendos exóticos cos que xa se comerciaba hai séculos.


Xa vos digo que non son moito de usalas pero onte fixen uns Lombos de Bonito con coriandro e pementa de Sechuan que lle daban a ese gran peixe un toque realmente interesante e moi diferente do habitual sen chegar a facerse pesado.


Haberá que seguir experimentando, a ver se consigo a receita de Repolo á alemana , prato que lembro cun toque xenial de noz moscada e que unha vez me fixo hai uns 25 anos a miña avoa materna Teresa , aprendida da miña bisavoa Lorenza Khoeler orixinaria dese país, hai tradicións familiares que non se deberían perder.

Gracias aos proveedores, seguide colaborando.