jueves, junio 18, 2009

Marabillas da última feira de xuño.




Para os que non o saiban en Lalín celébrase feira os días 3 e 18 aínda, habitualmente as feiras do 3 son mellores pois a xente ven coller a paga aos bancos e anda con máis cartos pero no vran esta diferencia non se nota tanto pois hai máis visitantes na vila, gran parte deles emigrantes que voltan a pasar as vacacións.
Dende logo as feiras de Lalín xa non son o que eran por moitas razóns pero aínda se poden atopar productos de alta calidade e artesanais, máis neste tempo de primavera no caso dos productos da horta.
Hoxe paseime por alí para mercar uns pementos e un pouco pan de broa cando me atopei cuns chícharos tan grandes como garbanzos nun dos postos que sempre teñen cousas da casa.
Cando cheguei a casa non me puiden resistir a facelos xa e para variar un pouco a clásica preparación con xamón decidín facelos cuns boletos rehidratados e un ovo da casa fritido. So podo dicir que a preparación final superou todas as miñas expectativas , a mestura do frescor duns chícharos únicos coa sabor delicada dos fungos e a cremosidade do ovo foi toda unha explosión de sensacións gustativas. Había tempo que non estaba tan contento cunha receita miña, aínda que o mérito era dos magníficos chícharos ademais do acompañamento do pan de broa.

Hai a quen non lle gustan as feiras de sempre das vilas, so por estes chícharos eu defendereinas sempre.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Joder, que guisantes, tengo que ir más a la feria,¿En que puestom los compraste?

Nico dijo...

No posto que está a dereita xusto antes da baixada ao Campo da Feira, pegado á Praza de Abastos.
Volverei na do día 3

Anónimo dijo...

Pero ese non é pan de millo? Creo que non de broa.Lupita

Anónimo dijo...

ola,os chicharos dichelles unha coccion antes de facelos cos boletus.

Nico dijo...

Lupita:
O pan de broa é pan con millo,trigo e centeo coma este.
Aos chícharos dinlles unha cocción pequena duns 5 minutos , pois eran moi grandiños

marycu dijo...

pues ese es el pan de millo q digo yo q no sabe a nada...unha merda.muy buena pinta los guisantes