martes, mayo 12, 2009

Un "chollo" xeográfico







Moitas veces un vai mercar unha cousa e remata levando outra que non tiña pensado e habitualmente ao saíres da tenda vaite collendo un sentido de remordemento. Nada de iso pasoume hai poucos días cando en La casa del libro en Vigo atopei este magnífico Atlas da prestixiosa Editorial Taschen a un prezo incrible.

A obra chámase Atlas Maior e a orixinal data do ano 1665. Trátase dunha recopilación de mapas e ilustracións xeográficas da epoca, tempos no que o desenvolvemento da xeografía xa conseguira representar o mundo dun xeito parecido a como o coñecemos hoxe.
Os fermosos mapas están acompañados de fantásticos debuxos onde se representan caracteristicas dos lugares mostrados como animais, xentes ou vexetación. Ademais tamén se inclúen textos actuais e antigos sobre os países representados e faise un pequeno repaso aos instrumentos de medición que usaban os xeógrafos daquela. Destacan tamén as belísimas láminas desplegables que representan aos continentes feitas en papel de altísima calidade.

Aínda estou empezando a mirar e ler este libro xigante, as súas dimensións en tamaño e nº de páxinas son inmensas pero voume decatando de que fixen unha compra magnífica por un prezo irrisorio
Se queredes o libro podédelo atopar en Internet na web de La Casa del Libro pois teñen rebaixas en moitos artigos de Taschen tamén moi recomendables.
Ah! o prezo actual: 50€, o seu prezo orixinal era de 150€.