miércoles, mayo 27, 2009

Sir Ranulph Fiennes, o último explorador británico



Hai menos dunha semana voltou a estar de actualidade, é case unha celebridade no Reino Unido, trátase de Sir Ranulph Fiennes, o último británico que conserva o espiritú dos magníficos exploradores que ten dado ese país.

A tradición exploradora británica é inmensa, nomes como Livingstone, Scott ou o mesmo Darwin están na mente de todos cando falamos dos aventureiros dese país. Habitualmente as expedicións británicas estaban compostas de auténticos "gentleman", xente educada e moi formada, normalmente en varias disciplinas, pois acompañaban as súas inquietudes xeográficas doutras como a botánica, zooloxía, minería ,etc e no seu país sempre foron considerados como auténticos herois (canto teriamos que aprender as veces nos a darlle valor ao que temos).

Fiennes é un deses homes de grandes cualidades, souben del por primeira vez hai uns 7 anos cando buscando un libro para ler relativo a estes temas ,dos que me gusta coleccionar, atopei o seu relato autobiográfico "El Riesgo de Vivir", un libro dunhas 700 páxinas cheas de aventuras , viaxes, mundo e sobretodo moita , moita vida.

Primo do célebre actor Ralph Fiennes e membro dunha distinguida familia inglesa, Ranulph naceu en Inglaterra pero pronto emigrou a Constantia (Sudáfrica) pois a súa familia tiña moitas terras nesa zona coñecida polos seus magníficos viños. A infancia de Ranulph en África marcouno para toda a vida, iso que ademais tivo que pasar por Eton, o célebre colexio para as clases altas británicas. Non por iso se debe confundir a Fiennes cun "pijo", pois a súa vida está plagada de penosidades e incertidumes que logra ir salvando. Estivo no exército , nas SAS, e nos Royal Scots Greys , mesmo sirveu ao Sultan de Omán na loita contra os fieros Jemires Rojos de Yemen del Sur.

No historial de Fiennes tamén aparecen sabotaxes a empresas que producían danos ecolóxicos como diques que tentou de facer estourar con explosivos, pero o máis destacable é a súa interminable lista de xestas aventureiras entre as que destaca a Transgloge Expedition, na que acompañado do seu equipo e finalmente en condicións de gran risco para a súa vida conseguen circunvalar o globo arredor do meridiano de Greenwich, atravesando para elo os dous Polos da Terra. Ademais Fiennes atravesou so a Antartida, descubreu en Omán a cidade perdida de Ubar, explorou as fontes do Nilo, remontou o Amzaonas en canoa,subir o Eiger con 63 anos, etc.

Nos últimos anos Fiennes correu 7 marathons en 7 días en 7 lugares en 7 continentes (contando Antártida) ...despois de ter sufrido había pouco tempo un infarto de miocardio!!!. Empezando pola Antartida, correu logo en Santiago de Chile, Sidney, Singapur, El Cairo , Londres y New York.

Agora Ranulph volve saltar a actualidade por subir ata o Everest con 65 anos de idade, tras un intento fallido hai dous anos no que declarou que non trataría de subilo nunca máis...pero parece que este home non ten acougo, cal será a próxima?.

E todo esto, por qué? , moita xente pensaría que o fai por cartos ou recoñecemento; supoño que algo haberá diso, pero o certo é que o gran Ranulph Fiennes soe doar os beneficios obtidos a fundacións benéficas, da súa subida ao Everest acadou 3,5 millósn de dolares para a Fundación Marie Curie para a loita contra o cancro, enfermidade da que morreron varios dos seu familiares, coma a súa muller e acompañante en varias expedicións Gennie

A todos os que teñan interese nestes temas recoméndolles "El riesgo de vivir", e hoxe como homenaxe a este home comprarei o seu libro sobre a vida do capitán Scott, co título de "Scott" considerado un dos mellores retratos sobre o malogrado explorador británico, un dos paradigmas desta disciplina.

Aquí vos deixo un par de videos deste auténtico fenómeno:







Sir Ranulph Fiennes Everest Challenge Episode Two from Liz Scarff on Vimeo.