lunes, mayo 25, 2009

O Carreirón, na Illa de Arousa





Un dos lugares que vale a pena visitar na parte Sur da Ría de Arousa é o Parque Natural do Carreirón situado na zona máis meridional da Illa de Arousa. Para chegar ata alí so hai que cruzar a Ponte e logo a primeira a esquerda e seguir as indicacións, non hai perda.

O Parque, non moi grande pero sí moi interesante, é un lugar de gran interese para os ornitólogos polas moitas especies de aves que alí habitan ao longo do ano. Tamén é fermoso para calquera que alí se achegue e queira dar un paseo nesa mestura de ría, rosario de pequenas praias e bosque de piñeiros.
A paisaxe muda coas mareas , e con elas as cores do Parque , que está cheo de minúsculos areais onde deterse a tomar o sol o darse un chapuzón nas claras augas do interior da Ría, mirando cara a Enseada da Toxa. Un lugar fermoso para perderse nel nestes primeiros días de sol (que aínda non vemos con craridade)

2 comentarios:

o pai de batman e spiderman dijo...

...está cerca de Villa PSOE?

Nico dijo...

Na outra esquina da Illa, nesa zona non hai ningunha construción, trátase de parte dun parque natural.