martes, mayo 05, 2009

Ferrán Adriá en TVE

Hoxe emitiron o primeiro dos programas documentais sobre Ferrán Adriá e o fenómeno "El Bulli" na 2 de TVE, un percorrido polo nacemento do considerado mellor restaurante do mundo ata mediados dos anos 90.
Sen dúbida un documental interesante que permite ver por dentro os conceptos que foron marcando os camiños de Ferrán Adriá e o seu equipo e as influencias que foron tomando nesa evolución. Gustoume porque ademais de ideas podíase ver a concreción das mesmas, os exemplos prácticos e a súa concepción e orixe. Salvando as distancias as imaxes facían pensar nos talleres dos grandes mestres da pintura -italianos,holandeses ou españoles- lograban facer evolucionar a súa arte nun traballo orixinal pero en equipo.
Ferrán Adriá, o do mundo real e o da pólémica, nunca buscada por él, ten marcado un camiño único e sen volta atrás para colocar a cociña española no lugar que lle correspondía : unha cociña de evolución de séculos, tremandamente variada e pensada para seducir aos comensais e non so alimentalos, algo que os de aquí xa sabiamos dende nenos pero que agora , en gran parte gracias a Adriá, tamén saben os de fora.
Seguiremos con atención os novos programas de TVE desta semana e prestarémoslle especial atención ao 59 segundos no que ademais de Ferrán estará o tamén xenial Andoni Luis Aduriz ,chef do Mugaritz.
Mentres vos deixo cunha entrevista informal de Hilario Pino na súa TV por Internet a Ferrán no mesmo Bulli.