martes, mayo 05, 2009

De ponte de maio por Madrid

Hai algo máis dun mes fun por Madrid con Carlos e Rafa, desta vez foi con María de viaxe totalemnete lúdica e de relax, tanto que non quedamos con ninguén daqueles que coñecemos na Villa y Corte, aínda que poucos quedarían alá aproveitando os festivos para marchar.
Foi unha fin de semana ben aproveitada con visita a ida a El Escorial e a volta parada en La Granja de San Ildefonso.
Polo medio fumos facendo un pouco de todo nunha cidade que atopábase relaxada con 3 días festivos seguidos. O primeiro día como os guiris polo Madrid dos Austrias e o das Letras, paseando e tomando unha desas cañas tiradas con mestría alí e outra acolá, para finalmente degustar sabrosas e típicas tapas de sempre. Sorprendinme sen dúbida polo éxito da representación dos sabores de Lalín na capital do estado representados pola Taberna Maceiras na rúa Huertas, na que a xente facía cola, extranxeiros incluidos, antes de abrir. Éxito sostido na comida típica da zona(polbo á feira, richada, empanada ,etc) a prezos que na carta semellan ridículos para Madrid, non sei das racións porque nunca comín no pequeno emporio dos Lamazares.
Ao día seguinte visita ao Thyssen onde vin a exposición "La Sombra" da que falarei en Paparevivir e paseo curioseando e as veces ata mercando, nas poucas tendas abetas ou na Feira do libro antigo e de ocasión. Pola tarde pola zona de Fuencarral e o gozo de ver o derbi arrodeado de madridistas nun bar , caladiñamente desfrutando dun partido inesquecible, aínda sigo a rir lembrando á Cibeles coas vallas de protección ante a posible victoria do Madrid...je,je,je.
Xa na noite o prato forte gastronómico da viaxe pois fumos ao Asia Gallery no Hotel Westin Palace, un lugar magnífico do que aínda levo no padal a miña primeira experiencia, e que non sexa a derradeira, co Pato lacado ao estilo de Pekín, tamén haberá crónica desto . Logo visita ao que é o meu local nocturno favorito en Madrid, o Moby Dick, local con excelente música e que por ser ponte estaba moi agradable nunha noite de sábado pois non había agobios, mágoa non estar alí o vindeiro venres xa que estarán tocando Grand Archives, un dos grupos rebelación do ano pasado.
No domingo máis paseo e finalmente , visita a ese fermoso , prácido e relaxante paraxe de La Granja. Hoxe foi un dos luns no que menos me custou erguerme a pesares de chegar a unha da mañán e ata cheguei sen decatarme unha hora antes de tempo a traballar.
Non so se recargan pilas na montaña as fins de semana polo que parece...