martes, mayo 19, 2009

Consume leite galego


Foto: Miguel Vila. Colineta

De seguro que nestes tempos no que todo é crise(inmobiliaria,financieira,naval,..)tamén tedes oído da crise no sector lácteo polo baixo prezo que lle pagan aos gandeiros polo leite,ata 18cts/l.Pero agora coa chegada das marcas blancas ás grandes superficies esta crise estase agravando.


Aínda que o verdadeiro problema non son só estas senon as empresas como Pascual,Río,García Vaquero,...que están traendo leite doutros países,Francia e Portugal,cousas do libre mercado;pero este leite que non cumpre as mesmas garantías tanto sanitarias coma organolépticas que o galego,estase a envasar en Galicia como leite galego,aproveitando a súa boa fama e nos estamolo pagando como tal.¿Fraude?


Cando compras un cartón de calquera marca atopas o nº de lote,a caducidade e lugar de envasado,nunca a procedencia,cousa que non ocorre noutros productos(mel,viño,froitas,peixe...)Se queremos calidade nun producto tan básico na nosa alimentación e pagar polo que de verdade buscamos merquemos productos lácteos producidos en Galicia:Feiraco,Larsa ,Xoia,O Alle,Central Lechera Asturiana(si,tamén é leite galego).


É a nosa maneira de apoiar a un sector tan castigado e olvidado tanto polas administracións locais como centrais que non tomas decisións convintes ó respecto.

María Blanco Penedo
Veterinaria de vacún

3 comentarios:

Xosé Carlos dijo...

Moi boa recomendación á que me apunto.

Carlos Calvo Ulloa.

Anónimo dijo...

Son filla de gandeiros e vou poñer no meu blog un comentario sobre o tema. Consumamos leite galego!
Iolanda

o pai de batman e spiderman dijo...

Como neto de gandeiros productores de leite, non podo máis que sentirme completamente identificado co asunto.