martes, mayo 05, 2009

Algunhas compriña gastronómica e a súa aplicación práctica





En Madrid , entre a Gran Vía e Chueca e tamén en Claudio Coello hai un novo local que podería considerarse como a reinvención do fenómeno Vips en versión "fashion", trátase de Isolée, un espazo onde podes atopar dende un bar, roupa moi "in" , libros , cosmética ou unha interesante e selecionada gastrotenda.

Alí fixen algunha compriña, da que agora vendo os resultados estou moi orgulloso, velaí vai unha descripción.
- Os manises de Wasabi (2,50€) : o snack máis curioso e sorprendente que tomei nunca, o efímero picante do wasabi que nunca deixa de sorprender. É probar un e rapidamente pensar e comer outro. Vanme dar xogo para algunha receitiña ben curiosa.
- Os aliños americanos Briannas (3 € cada un) : curiosas combinacións para alegrar dunha forma diferente as ensaladas, polo de agora so probei o de Xenxibre Mandarina, cunha textura acaramelada e de sabores agridoces e exóticos que probei con esta ensalada da que tiven que facer outra ración pois non me chegou a nada:
Ensalada de foie trufado con aguacate e salsa de xenxibre e mandarina
5 minutiños de traballo e unha cea de gourmet: mezclum de ensalada, aguacate, tomate cherry, pepino, foie trufado (de oferta no Eroski estes días a 2 €),sal en escamas e o aliño mencionado.