lunes, abril 13, 2009

Proximamente: Ventresca de bonito con dous tomates e fabas verdes frescas. Algo tamén sobre os tomates secos



Ao seguir este blog podédevos dar conta de que o bonito e sen dúbida un dos meus peixes favoritos, e si é a ventresca mellor que mellor, neste caso mesturado con tomates (fresco e seco) e unhas fabiñas verdes frescas para quitarlle algo de contundencia a un prato cheo de sabor , alimento e saúde.

Por certo, como iriades comprobando veño usando en moitos pratos como ingrediente os tomates secos. A verdade é que teño algo de excedente deles e hai que darlles saída , pois sendo certo que aguantan tempo e tempo ,van decaendo en calidade a medida que pasan os meses.

Os tomates secos son típicos da cociña mediterránea e moi usados no Sur de Francia e seica en toda Italia. Teñen un sabor agridoce e serven para ensaladas , pastas, para dar sabor a un guiso ou unha salsa,etc.

Eu os teño comprado en Francia , na Boquería (estes últimos foron regalo de Quesé, gracias) pero non hai que ir tan lonxe porque hoxe hainos en calquer super en bote bañados en aceite. Eu de todos os xeitos prefiroos secos de todo para logo facer as miñas preparacións, o máis habitual que fago é metelos en aceite de oliva (non virxe) con albahaca. O próximo que farei será secalos eu mesmo, terei que esperar ao vindeiro verán , pois o máis importante é a calidade do tomate fresco.