domingo, abril 12, 2009

Médulas, estaban tolos estes romanos???





Pois paréceme que non , que eran bastante cabróns... , si é certo, pero a verdade é que tras visitar as médulas quedaste abraiado da capacidade de organización e a evolución dos seus enxeñeiros hai case dous mil anos, semella que a obra civil non volveu a evolucionar dende eles ata hai dous séculos.
A paisaxe das Médulas no Bierzo, esa xigante mina de ouro, é hoxe fermosa ,chamativa e grandiosa, pero como visitante un non pode menos que tratar de lembrar a dureza e o sofrimento de tantos e tantos miles de astures e galaicos que traballaron alí decenios e decenios sometidos polos romanos para soster co dourado metal ao máis influínte Imperio da historia da humanidade.
Ao pasear por entre eses picos vermellos ou meterse nos escuros tuneis, un vaise imaxinando todo aquelo cheo de centos e centos de homes con dificultades para verse entre eles mentras traballaban macahacando a terra entre nubes dun fino po roxo cos seus pulmóns desfeitos . Pódese incluso lembrar como tremaba a terra cando nos ocos excavados na roca deixabase entrar a auga para romper a montaña co inxenioso sistema do "ruina montium". Supoño que en ocasións habería erros e ao derrubar a montaña as riadas de lodo e rocas devastaban mesmo poblados enteiros.
Como dicía As Médulas son un dos monumentos humanos/naturais máis vistosos da Península, un espectáculo de historia e paisaxe feita ao longo dos tempos entre home e natureza. Hoxe que son Patrimonio da Humanidade son unha fonte de riqueza para o turismo do Bierzo , ademais dos fermosos castiñeiros desa zona.
Non entendo como eu aínda non caera por alí...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Las fotos se salen!!!!

Carlos Calvo Ulloa.