miércoles, abril 22, 2009

Estaca de Bares



43º47´N, esta lectura da latitude está inscrita nunha roca da Estaca de Bares, marca como sabedes o punto máis septentrional dá Península Ibérica, un deses límites extremos dos que o noso país ten bos exemplos.
Ademais da súa significación xeográfica completada polo feito de separar o Atlántico do Cantábrico, Bares ten unha importancia histórica antiga e importante. Ata aquí xa tiñan chegado os fenicios moito antes da romanizacion da Gallaecia, co suposto fin de controlar rutas comerciais, logo chegarían os romanos e outros moitos pobladores. O seu importante interese estratéxico fixo que ata hai non moitos anos os USA mantiveran aquí unha base militar de control marítimo. Din tamén que dende aquí partiron moitas das incursións dos primeiros galegos nas diferentes Illas Británicas e supoño tamén forma parte das nosas conexións célticas
O cabo é imponente e de seguro nas rochas batidas por un mar habitualmente enbravecido escóndense deliciosos segredos en forma de magníficos percebes, mellor tesouro que o que ofertan as deterioradas garitas do exército americano que hoxe en día practicamente so valen para danar a paisaxe.

Sinalar tamén que Bares é un LIC pola cantidade de aves que usan este septentrión como punto de entrada na sosa península , puidéndose observar moi diferentes , sendo considerado un paraíso dos ornitólogos , non vin máis que gaivotas desta vez.
Pola zona tamén está o Hotel Semáforo de Bares, un pequeno pero interesante establecemento hosteleiro situado nun lugar único cunhas vistas inigualables. A súa habitación principal xa está reservada durante varios meses

1 comentario:

Pitu dijo...

Pasei catro anos en Viveiro, e ía por alí a miúdo... máis ningún momento foi tan especial entre dous mares coma éste.