jueves, abril 23, 2009

Casa da Torre en Viveiro




Xa hai algún tempo falamos aquí doutra casa en Viveiro, a Casa Areal Rural , desta tócalle a outro establecemento de turismo rural da zona que polo que parece ten a oferta ben cuberta.

Esta Casa da Torre está na estrada que vai de Vilalba a Viveiro a uns 3 Qm da capital da Mariña . Trátase dunha casa que parece que datado S XV e na que se levou a cabo unha magnífica restauración.

Consta dun edificio principal onde están as un acolledor salón e as habitacións, estas son moi amplas e cunha decoración señorial e sinxela. A recepción xa está noutro edificio que está pegado e que consta so dunha planta, esta é a zona máis chamativa da casa pois restaurouse o antigo forno integrándoo entre madeira e aceiro conseguindo amplos espazos para a recepción e o comedor, todo completamente acristalado con vistas ao coidado e gran xardín no que destaca un muiño que aproveita o regato que por alí pasa.
A verdade é que se trata dunha casa cómoda e fermosa, un bo lugar para descansar e achegarse ata a Mariña para desfrutar dos seu paisaxes e xantares. No inverno o prezo para o que ofrece a casa pódese considerar de ben axustado (63€ doble), no vran xa sube pois estamos falando dunha zona eminentemente turística.















Por certo algunhas fotos da fin de semana para os amigos: