martes, marzo 31, 2009

Próximamente: Virutas de setas, con tomates secos, noces, Porto e parmesano.





Esta receita que fixen recentemente é sen dúbida a mellor de pasta que teño feito xamais, a combinación resultou acertada e o tempo adicado non superou os 20 minutos, é pois unha receita sinxela pero con algún truquiño que a fixo máis gostosa.

Sen dúbida gran parte do mérito está na calidade dos productos usados, principalmente das fenomenais virutas de setas da casa Sandro Dessi, unha pasta que cada vez me sorprende máis.


En breve a receita, non a perdades.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Veña colga xa a receita que ten moi boa pinta pero indica tamén a procendencia dos ingredientes, lugar de compra e prezo. Bicos. Lupita.