sábado, marzo 07, 2009

Mencía Mencía, en Lugo sempre se come ben

Levaba xa uns días co blog parado e a verdade é que teñounha chea de recomendacións gastronómicas das que falar, comezarei por orde cronolóxico por este restaurante lugués que visitei hai aproximadamente un mes.
Non teño fotos pero sí algo de memoria e podo dicir que este restaurante é unha opción máis a ter en conta en Lugo pois trátase dun lugar agradable onde se come ben e a bo prezo.
Esta na destartalada estación de autobuses de Lugo, ainda que pode parecer un lugar pouco axeitado, o comedor que se atopa no piso superior do bar do mesmo nome é moi confortable, espacioso e cunha decoración acolledora para nada fai lembrar ao edificio no que se aloxa.
Forma parte do Grupo La Palloza, importante empresa hosteleria desa cidade, e segue as pautas de combinar tradición e gusto polo auténtico habituais na casa matriz que está na saída de Lugo cara a Oviedo.
Non lembro exactamente o que comemos, sei que algo de cecina, unha ensalada... pois hai xa máis dun mes, pero sí que vos podo falar por exemplo do meu Solombo de terneira sobre pan galego con queixo San Simón, moi sabroso , de moi boa calidade e no seu punto , combinado co toque afumado característico dese gran queixo galego conseguindo con sinxeleza un prato moi moi recomendable.
Tamén destacar o Arroz negro de chipirones que tomou Isa, nunha ración espectacular que ben chegaba para dous, polo que aproveitei para probar e estaba magnífico.
De postre eu tomei un souffle de chocolate que estaba bo pero non espectacular.
Eramos 3 e cunha botella do grandísimo El Vínculo (moi boa relación Calidade/Prezo/Satisfacción) e cafes saimos aproximadamente por 30€ polo que se pode considerar un prezo axustado aos tempos que corren.
Creo que cando volva a Lugo xa non saberei para onde tirar pois o Mencía Mencía ponlle as cousas complicadas nas miñas preferencias ao tamén económico pero fenomenal Casa Paco.

2 comentarios:

Gourmetdeprovincias dijo...

Volvín onte a este restaurante na que era, coido, a nosa cuarta visita en dous anos. E concordo contigo en que o que ofrecen é de boa calidade e en racións máis que xenerosas, pero tamén é verdade que respecto a anteriores visitas notamos unha clara tendencia da carta a ser cada vez máis conservadora, o que non deixa de ser unha magoa.

Deixando esa cuestión á marxe, o certo é que é un lugar para comer ben e a moi bo prezo. Onte, con dous entrantes, dous principais, dous postres, augas e cafés saimos por 26€. E, como probei o mesmo solombo que comentas no post, teño que dicir que tamén me pareceu excelente. Moi pobre, iso si, a carta de postres.

master rrhh online dijo...

En tu blog tienes razon. Te enseño un sitio donde yo fui a comer en Lugo.

http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ordRs=30&ctre=3321&crec=1391&idversion=1-4A26SX&refnumber2=01040301&cidi=E&premium=