martes, marzo 17, 2009

Máis paseos por Belesar




Iste rincón da Ribeira Sacra do Miño xa parece como unha segunda casa , hai máis ou menos 15 días pasámonos por alí por alí e visitamos a Pepe que nos recibeu coma as veces anteriores : con comida ,mencía puro e fresco deste ano e alegría de vivir.
Nese día estaba a facer o augardente no alambique da súa casa e puiden probala alí recén feita, nese día tocáballe á de herbas que fai metendoas xa co bagazo e logo filtrando. Tamén me regalou unha botella dunha augardente vella que mete nun pipo que xa ten madre e que é dunha calidade excelente, un licor que lembra as Adegas Velhas portuguesas que tanto lle gustan a algún familiar meu. Menos mal que as catas eran de pequenos chupitos...

Logo deixounos a lanchiña para ir dar unha volta polo Miño e visitar fermosos rincóns desa magnífica zona da Ribeira, un bo día.
Por alí tamén andaba o Chaplín, que se mirades a foto xa sabedes o motivo do seu nome

2 comentarios:

ADRIANA dijo...

Que bonito Chaplin!!

Meris dijo...

O Chaplin recordame a unha cadela que tiven ata fai pouco. Da mesma raza pero de cor mais escura. Tamén tiña as patas de adiante tortas! (pero non tan esaxerado)
Que cousa bonita!!!!!