jueves, marzo 26, 2009

Cousas de Astronomía: a fermosura de Saturno, o planeta complexo



Levaba dende que merquei o telescopio querendo ver ben Saturno e ben fora pola climatoloxía (nubes ou frío escesivo) ou porque facíase visible moi tarde non fun tendo oportunidade, pero a semana pasada cnseguín darme unha volta por alí e desfrutar con emoción da súa visión e dos seus aneis. Estes días podedes velo ata a medianoite pola constelación de Leo moi preto de onde anda o cometa Lulin.


Ao observar Saturno é evidente que o primeiro que chama a atención son os seus aneis, a observación por primeira vez é emocionante pois trátase certamente dun planeta singular tal como lle pareceu primeiramente a Galileo que non acertou a dicir que era aquelo que lle sobresaía e pouco despois tivo que ser Huygens que cun telescopio un pouco máis evolucionado decidira que eran aneis.


Na semana pasada nas dúas observacións que fixen puiden observar con claridade os aneis e nunha ocasión 2 lúas e noutra so 1, non me preguntedes cales eran pois aínda non avancei tanto. Hai poucos días, concretamente creo que o pasado 24 de febreiro prodúxose o tránsito de 4 das lúas de Saturno : Titán (a máis grande, máis que o planeta Mercurio e con atmosfera propia), Enceladus , Diode e Mimas. Este fenómeno so se repite cada 15 anos e gracias ao Hubble temos fermosísimas imaxes.
Antes dicía que Saturno , o sexto planeta do sistema solar e o segundo en tamaño, era un planeta complexo pois non so os aneis o fan especial, tamén o grande número de lúas e corpos que o rodean, o ter un grandísmo tamaño pero pouca densidade o que lle fai pesar moito menos do aparente, ter unha forma ovalada facilmente visible no telescopio, ter unha atmosfera moi grosa composta de gases ou ser un planeta que irradia máis calor do que recibe do sol.

Seguirei mirando para el e aprendendo cousas , deixovos cos interesantes 29 segundos do video do paso das lúas.
Que marabilla