miércoles, febrero 04, 2009

Unha tarde no muíño



Moendo

Un tataraneto de Eladio e máis María


Metendo crema nas cañas

Na parroquia lalinense de Prado hai un muíño que aínda segue moendo. Moe trigo do país e a súa singular fariña podédela atopar nalgúnhas das principais superficies comerciais de alimentación de Galicia e noutras de fora. É unha fariña tradicional que da un pan de Lalín magnífico e que na casa serve para a cociña e para a repostería. Por certo o seu nome é "El Molino del Abuelo".

Este muiño e propiedade da familia do meu amigo e cuñado Rafa dende principios do S. XX e moeu anos e anos ata que se foi abandoando, pero dende hai menos dunha década foi moi ben recuperado polos netos do primeiro muiñeiro (Eladio, logo viría Luis) desa familia e agora ata os bisnetos e mesmo tataranetos semellan tamén entusiasmo por tan singular lugar cando o visitan ou falan del.

Ademais de ser unha pequena empresa ,o muiño é tamén un lugar de esparcimento, cunha finca coidada pero respectada no seu aspecto orixinal e coas construcións moi ben rehabilitadas, ademais dunha acolledora e diminuta casiña que é onde no inverno mellor se está.

Ata alá fomos un grupo de amigos e desfrutamos do merecidamente famoso polbo á feira e da riquísima richada "estilo Lalín" do Mesón Pulpería "Alto da Pena" da mesma parrqouia de Prado e pasamos unha tarde de xaneiro regardados dos comezos dun novo temporal.

En breve farei algunha receita con esta fabulosa fariña do país.
PARA VER AS FOTOS MÁIS GRANDES PINCHA NELAS
Aínda eramos uns poucos

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Sitio fermoso para repetir outra comida-cena, canto antes!!!
Levo eu unha outra peli de PMS

Sito.

o pai de batman e spiderman dijo...

...¿de quén era o muiño antes de pertencer á familia de Rafa?

marycu dijo...

de san pedro...