viernes, febrero 13, 2009

Un delicioso Cebreiro e a cea de pastor




Non pensariades que da breve viaxe feita ao Cebreiro ía voltar coa bolsa baleira, evidentemente trouxen este magnífico queixo artesán. O queixo da D.O.P. Cebreiro é un deses productos únicos da nosa terra. Feito de leite de vaca, fresquiño , sen moita acidez, de boa dixestión é un queixo que se adapta a moitísmas propostas e ben pode acompañarse dun prato salgado ou doce.
Este que merquei co nome "O Galego" é totalmente artesán , feito de leite cru e foi o que me recomendaron como o mellor da zona pola súa acidez contida o pola súa textura espumosa como rechea de aire. Todo un descobrimento que tratarei de probalo con algo máis que mel, por exemplo o domingo pasado acompañeino dun pouco aceite de oliva virxe e de reducción de vinagre de Módena e foi unha delicia.
Ao ter un so para min e debido a que tiven unha semana moi apretada en cuestións de tempo, neste últimos días a miña cea foi o que María denominou "Cea de pastor" composta por os fantásticos chourizos da casa dos que xa falei con pan de Lalín e de postre o Cebreiro con mel de Zobra. Dicirvos que será moi simple o menú, pero quen fora pastor moitas veces con productos desta calidade