miércoles, febrero 11, 2009

Un branco Cebreiro











O título desta entrada non é polo queixo se non polo aspecto que presentaba hai poucos días a aldea prerrománica de O Cebreiro, un deses lugar máxicos que hai pola nosa xeografía.

O Cebreiro a 1300m. é o fin da máis dura das etapas do Camiño Francés (xunto coa de St Jean a Pied de Port a Roncesvalles) , polo tanto un lugar inesquecible para os camiñantes que van cara a Santiago, polo esforzo de chegar ata alí dende as terras bercianas ademais da beleza da paisaxe. Hai moitas lendas (ou non tanto) arredor deste lugar único ,unha delas é a do miragre do Cebreiro e do Santo Grial que se ten situado na súa Igrexa. Nesta vez o caliz non estaba na vitrina (supoño que por seguridade) onde sí se atopaban as reliquias do miragre. Ao lado da Igrexa tamén se atopa un dos refuxios máis importantes e antigos do Camiño, a Hospedería de San Giraldo de Aurillac.


Faltaba o Grial

Ben ,pero desta non fumos ao Cebreiro polos seus feitos relixiosos, se non para ver a ben conservada aldea coas súas pallozas baixo un manto de neve que nos sorprendeu pola súa abundancia. Tanto que tivemos certas dificultades para camiñar polas rúas e tamén para sortear os trineos dos rapaces.

Desfrutando da fermosura do lugar a pesares da néboa e do frío, podiamos imaxinar a dureza e o sofrimento dos peregrinos medievais a Santiago , da ledicia de atopar nas montañas a hospedería e conseguri calor e descanso. Tamén pensar nos que nos invernos máis duros quedaron no Camiño mentres subían polas montañas que dan entrada a Galicia , os seus corpos moitas veces non se recuperaban ata que marchaba a neve.
Curiosa lámpara de xeo
Paisaxe