miércoles, febrero 11, 2009

Tradición culinaria no Cebreiro





Alía arriba no Cebreiro existen varias opcións para facer unha parada e coller forzas, algunhas das posibilidades máis profesionais que outras, que coinciden nos menús de corte tradicional onde polas características dos visitantes habituais non poden faltar o caldo galego ou a sopa de cocido.
Paramos na Venta Celta (curiosa a celtificación do Cebreiro) que está no medio da aldea , unha vella casa de pedra e lousa da zona rehabilitada dun xeito moi tradicional e que mantiña no comedor o ambiente dunha vella taberna con lareira.
Alí co frío reinante tomamos unha obrigada e reconfortante sopa de cocido, un polbo á feira con cachelos e queixo do mesmo Cebreiro con mel, todo un menú tradicional do país, económico, pero non por iso menos apetecible ou delicioso, pois naqueles momentos de frío e humidade era o que o corpo pedía.
Supoño que iste mesmo menú tras 30 e pico quilómetros de subida e logo dunha ducha quente debe ser un pracer inesquecible e que se defruta en cada instante.