jueves, febrero 19, 2009

Outro paseo por Belesar













Supoño que se nota no blog que Belesar é un dos meus lugares favoritos do país e xa levo uns cantos post. Hai uns días de paseo con Montoto e Sito, con papatoria incluida, desfrutamos dun día de sol de febreiro que ben se agradeceu despois de tanto frío e tanta oscuridade como trouxo este inverno.

Como vedes estas ladeiras que caen sobre o Miño, cheas e cheas de viñas , son un lugar moi fotoxénico e no que se poden atopar moitos xogos de luces e reflexos.
Dende Belesar pódense facer moitas rutas, algunhas delas sinaladas, co atractivo engadido de vellos mosteiros románicos, unha praia, vellas aldeas do río, fermosas casas tradicionais e bodegas para visitar.

Por exemplo dende a bodega Vía Romana , sobre Belesar, ata Abadía da Coba , sobre a praia da Coba pasando pola vella Igrexa románica do mesmo nome que hai séculos foi priorato, sexa en coche en bici ou andando hai unha chea de lugares para sorprender aos nosos ollos.

Máis cando sorpresivamente aparece un cisne.