miércoles, febrero 11, 2009

O arroz da miña nai, con chourizos e berberechos



Dos pratos que nos facía a miña nai cando eramos nenos iste é un dos meus favoritos, e de verdade que a miña nai cociña moi ben.

Fixenno un pouco por volver algúns sabores á memoria e porque me caeron uns dese chourizos da casa que saen deliciosos, nin moi curados nin pouco feitos, coa graxa xusta non secos, un deses chourizos galegos que poden ser imitados industrialmente nas boas casas de embutidos de Lalín pero que non hai xeito de copiar.

É dende logo un prato dos que se pode chamar de Mar e Montaña, tan típico na cociña catalana. O sabor marino e arrecendo dos berberechos combinado coa forza dun chourizo co seu pimentón.
A súa elaboración e moi sinxela (que me corrixa miña nai se me equivoco), por certo escollín arroz bomba pois penso que é o mais axeitado para a receita:

1. Picar fina a cebola e o allo laminado e poñer a pochar con aceite de oliva e sal.

2. Cando xa colla color botar o chourizo curtado e deixar que solte a graxa

3. Botar un vaso de arroz e remexer , deixar pochar ben o arroz.

4. Botar o dobre de auga que de arroz e un pouco viño , que ferva e logo baixar o lume para que se faga ao xeito

5. Ao pasar 6 minutos, botar os berberechos
6. Aos 12 minutos retirar e deixar repousar alomenos 2 m. máis.
7 .Servir cun pouco perexil picado.

Simple , pero que sabores.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

nico os berberechos 12minutos?
quero facelo pero pareceme moito tempo para os berberechos, corrixeme se estou equivocada.

bss

miriam

Nico dijo...

Hola Miriam:

Pon que facer o arroz 6 minutos e logo botar os berberechos e deixar 6 máis.
Un saúdo.

Nico dijo...

Hola Miriam:

Pon que facer o arroz 6 minutos e logo botar os berberechos e deixar 6 máis.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Gracias Nico xa che contarei que mañá se non hai novidade cae a receta.
saudos!
MIRIAM