miércoles, febrero 04, 2009

Cascaxide ,o bosque singular e ameazado



Por fin , xa era hora de ir ata Cascaxide, o fermoso e premiado bosque que na parroquia de Escuadro, xusto ao lado do Pazo do mesmo nome, loita por manterse vivo a pesares das ameazasa que penden sobre él.

Empecei a escoitar falar de Cascaxide ao meu amigo Sito Loño, periodista do Faro, que foi dos primeiros en darlle voz aos problemas de desaparición deste centenario bosque. O caso é que a súa propietaria non puido evitar ata o de agora as talas indiscriminadas que fai a usufructuaria da finca e demais bens do Pazo (a súa nai) e comezou unha xa longa loita para a salvar o que é seu pero patrimonio de todos.

Logo intereseime máis por este tema posto que Lucía Espinosa, que así se chama a dona, fixo fronte común con outro valedor dun dos máis fermosos bosques de Galicia tamén ameazado do que xa teño falado con asiduidade en Paparevivir, o magnífico entorno da Fervenza no Corgo, preto de Lugo. E así pouco a pouco e coa súa loita conseguiron que Cascaxide fose declarado "Bosque Amenazado del Año 2008" nuns premios concedidos polo Ministerio de Medio Ambiente.

Podría parecer que a loita remataría aquí , pero nada máis lonxe da realidade pois parece que a Xustiza non acaba de botar unha man e agora unha das poucas posibilidades de supervivencia que lle queda a Cascaxide é a súa declaración como Espazo Privado de Interese Natural como me contaba pouco despois de visitar aquelo a miña compañeira e alcaldesa de Silleda Paula Fernández.
Ademais do bosque en sí o propio Pazo é unha construción singular, cun xardín interior, cunha grande capela, cun curioso engadido en forma de torre acristalada que supoño que se faría para divisar con nitidez as fermosas vistas que arrodean o lugar, pois está situado no alto do Val do Toxa, cunha visión singular e impactante do Candán , o monte Faro no horizonte e as verdes pradeiras e bosques polas que discorre o río que logo fai a singular fervenza.

A visita foi ben aproveitada e compre dicir que a parroquia de Escuadro é sen dúbida do mellor da Comarca do Deza en riqueza paisaxística e natural, mágoa dalgunhas construcións. Iso sí, puidemos ver unha das máis fermosas casas restauradas da zona e do que levo visto en Galicia (por fora) situada nun deses bosques.

En canto a Cascaxide a Carlos e a min se nos ocorriron algunhas solucións para a nai da dona do bosque e tamén para algún paisano da zona , pero son extemporáneas...
Como dicía Laxeiro :"Fermoso país, pero que xente do carallo!"

2 comentarios:

Anónimo dijo...

De extemporáneas nada

Anónimo dijo...

Menudos aventureiros esades feitos os dous