jueves, febrero 19, 2009

Ano da Astronomía en Lalín

Polo de agora o Ano da Astronomía en Lalín so se nota no IES Ramón María Aller Ulloa no que hai unha semana houbo unha charla do profesor Docobo da USC sobre o astrónomo lalinense e mañán venres as 20h teñen programada outra que tratará máis o aspecto personal e ó encargado de achegarnos o universo íntimo de Aller será Victorino Gutierrez Aller (Coco, para amigos e familiares) . Tamén me chegan estes días a idea dun proxecto dun gran artista e fotógrafo lalinense que quere recuperar as primeiras fotografías feitas por D. Ramón e reinvindicar a súa posta en valor nesta disciplina, desto seguiremos informando.
Eu non me perderei esta charla e aproveitarei para ver in situ o excelente traballo que se está facendo na Biblioteca de Lalín, un verdadeiro foco animador de cultura educativa en Lalín, algo que como é habitual non consegue o noso Concello.
Na páxina da biblioteca A Marela Tarabela, interesante ciberrevista, puiden atopar parte da charla do profesor Docobo e teredes máis información sobre as charlas programadas.
Parabéns a Mario Pereira e aos que colaboran con él.