viernes, enero 16, 2009

Xenocidio en Gaza



 

Hai quen a día de hoxe resístise a chamarlle deste xeito ao que están facendo os israelíes en Gaza, pero vexamos a definición deste termo " Exterminio ou eliminación sistemática dun grupo social por motivos de razas , etnia, religión, política o nacionalidad", penso que con esta introdución xa non hai dúbida.
 Pódese argumentar que os de Hamas son terroristas indesexables, é certo, pódese argumentar que Israel tería dereito a defenderse,pode ser certo, pero non é menos certo que a desproporción ,a barbarie, o frío cálculo dos ataques, o nulo repecto pola poboación civil , o asesinato indiscriminado de nenos non deixan outra saida que cualificar a ese país que se di democrático como un niño de bestas asasiñas que agora mesmo so pretenden destruir o futuro do pouco que queda do pobo palestino. 
 Penso que Israel, país xudeo, conseguíu nestes anos perder gran parte do aprezo que se lle gardaba dende Europa debido á grande represión sofrida durante a 2ª Guerra Mundial a man do nazismo. Hoxe en día sería difícil atopar moitas diferencias entre o guetto de Varsovia e a pequena franxa de Gaza. Hoxe en día viven preto do medio millón de persoas nun territorio reducido , case totalmente rodeado por Israel , onde coas fronteiras pechadas para que non escapen o exército israelí ataca sen miramentos buscando facer o máximo dano e de xeito salvaxe ás xentes que alí viven.
 Penso que esta barbarie israelí terá as súas consecuencias, rematou o crédito que tiñan no S.XX, estamos noutra era é non por opoñerse as matanzas que perpetran ten un que ser anti-sionista. Tamén me parece vergoñento que Israel estea pensando na tregua condicionada unha vez que xa logrou os seus obxectivos, ataque á ONU incluída, e agora que a toma de posesión de Obama se achega, pretendendo deste xeito adiantarse e coaccionar as posibles negociacións e apertura do novo presidente de cara a outros países de Oriente Medio, pois dende o seu Gabinete xa se anuncian conversas mesmo ata con Israel.
 Por iso mesmo é importante que se os estados occidentais non toman a iniciativa que polo menos os civís deses países tomen partido e denuncien a desproporción sen sentido nas matanzas palestinas.
 En Lalín o sábado haberá uns actos de protesta organizados polo Naranxo aos que non poderei asistir pero aos que espero contribuir dalgún xeito con este post:

A asociación cultural O Naranxo vai levar a cabo o vindeiro sábado 17unha acción

reivindicativa contra o xenocidio do pobo palestino. A acción comezará ás 20 horas coa instalación dun marcador ao pé da bandeira de Palestina, pintada o sábado pasado pola asociación na Avenida de “O Naranxo” (entre a Principal e a Praza das Pipas), onde se rexistrará todos os días ás 16:30 horas o número de víctimas provocadas polo asedio israelí a Gaza.

Haberá tamén lectura de poemas de diversos autores palestinos, acompañada pola música de María García  (violín) e Benxamín Otero (obóe). Por último, acenderanse cirios en memoria das vítimas. O Naranxo quere convidar a toda a xente a asisitir e participar levando poemas ou cirios.