lunes, enero 26, 2009

Temporal e A Fervenza do Toxa




Nestes días todos puidemos ver e mesmo sofrir os graves danos causados polo temporal, eu mesmo quedei asustado ao ver o sábado pola mañán carballos centenarios arrincados da terra, establos derruídos con vacas sepultadas, torretas eléctricas desfeitas...

A natureza pon ao home no seu sitio e con estas sacudidas ensinanos o pequenos que somos contra ela, tamén nesta destrucción pódese atopar beleza. Supoño que na costa o mar debía de ser un espectáculo sorprendente , batendo cunha forza descomunal con ondas xigantes.
Na nosa comarca a beleza estaba nos ríos cheos e con forza, e pensei que a Fervenza da Toxa debía estar reventando de auga polo que decidín achegarme ata alá.

Fun atopando obstáculos como poidedes ver nas fotos, pero finalmente cheguei ata alá, confeso que non era doado estar a menos de 50m sen mollarse , pero a forza da auga caendo era unha imaxe impresionante.

A pesares de que as fotos non son de moita calidade podedes ver a forza bestial da fervenza .Achegarse moito era poñerse como un pito (así foi) e o obxectivo da cámara enseguida se empañaba coa néboa de auga pulverixada pero as imaxes ben o valen.

2 comentarios:

Meris dijo...

As fotos impresionan. Non quero imaxinarme o que debia impresionar estar no sitio...

Cui dijo...

Espectaculares fotografías, sen dúbida. Espero poder achegarme esta fin de semana porque merece a pena ver a fervenza con esta cantidade de auga. Unha pena que no verán a presa da minicentral a deixe case seca.
Un saudo.