lunes, enero 26, 2009

A sinxeleza de Pedro Roca







As fotos son de "Capitulo O" de Manuel Gago, gracias por adiantado, pois non levei a cámara.

Fun o sábado pasado pola noite ata Santiago coa única intención de cear no novo restaurante de Pedro Roca. Está situado na nova "zona cero" da gastronomía de Santiago e posiblemente galega , a zona de Galeras ,do antigo Hospital Xeral e que en menos de 300m. ten nomes como Marcelo, El Mercadito , Acio...
O local dividido practicamente en dous salóns, é un lugar acolledor , sen moitos detalles non cae nesas frías decoracións minimalistas e as dimensións e a madeira do chan danlle calor a cores a priori frías, un lugar elegante pero dentro da sobriedade.
Ben pero imos o que é importante: a cociña de Pedro Roca é dunha sinxeleza encomiable baseada no que hai no mercdo que cada vez vai tendo máis adeptos. Este cociñeiro diseña uns pratos magníficos coa simple combinación de 2 ou 3 ingredientes principais.

Tampouco cae Pedro Roca no enmascaramento de sabores e trata de sacar o mellor de cada producto e mesturalo con outros sen estridencias. Merece unha reseña a búsqueda do punto exacto de cocción de cada ingrediente principal e a querencia e o repecto pola cociña e os productos de orixe tradicional galega.

Na nosa visita pedimos o menú degustación do Mercado de Abastos e que comezaba cun entrante que combinaba cecina, queixo de Arzúa, sardiña marinada con pementos e un magnífico e sinalable lacón trufado con trufas , un bo punto de partida frío para ir entrando en matería.
A continuación servironnos unhas zamburiñas con ceboliñas e alcachofas, deliciosas de sabor no seu punto e cunhas ceboliñas deliciosas. Continuamos cos moluscos galegos cunhas ameixas con setas, dicir que de entrada a María non lle gustaban as setas por fortes, pero suxerinlle que as comera combinadas coas ameixas e daquela xa mudou a súa percepción reforzando deste xeito o acerto da combinación de ingredientes.
Logo pasamos a un choco con fideos negros dunha sinxeleza apabullante pero cheo de sabor, este é un prato tan simple que facelo na casa non é complicado, pero cun detalle , non o preguntei pero penso que os fideos eran de casa Sandro Dessi da que xa teño falado en Paparevivir pola súa calidade.
Para rematar cos peixes unha ben rematada merluza de Celeiro con berberechos e espinacas, un prato que non me entusiasmou pero que non estaba dende logo mal.

De carne tocounos coa degustación un lombo de lechazo asado cheo de sabor que ademais viña realzado cun suave toque oriental de espècies (non sei se algo de canela, ou un toque de tandoori que tamén a leva).
Logo de postre a tartaleta de requeixón con xeado de frambuesa , cunha ración contundente para rematar chea de sabores doces diferentes e refrescantes que axudaron a rematar dunha maneira exitosa unha moi boa cea ademais duns "petit fours" para o café

Nos acompañamos a cea dun Coto de Hayas garnacha centenaria, un viño xove de crianza da DO aragonesa de Campo de Borja, un viño dun aroma cheo de froitas vermellas cun sabor intenso e agradable. Un deses viños que eu recomedo pola súa relación Calidade/Prezo/Satisfacción e que lle gusta moito ao meu amigo Sito. Para acompáñar o postre un PX

Ben en resumo , unha nova pero xa coñecida proposta en Santiago que dende logo vai ter éxito pois é unha cociña adaptada a todos os gustos, sinxela e sen estridencias que seguro que terá continuidade a pesares dos tempos que vivimos. De entrada ese día o comedor estaba cheo.
En canto ao prezo sinalar que co menú degustación+viño+café+PX saeunos por 53€ persoa que si ben é un prezo elevado non é excesivo para o restaurante que é, pois estas visitas fanse poucas veces.
Un saúdo a Pallares que nunha mesa cercana ceaba coa súa nai e que tamén estaba contento co comido

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Buena crónica, Nico.
La verdad es que es una excelente incorporación a la oferta compostelana, aunque creo que el precio debía ser un poco más contenido.
Yo tomé el bacalao al pil pil con puerros y grelos y estaba buenísimo.
Nada que ver en cantidades con la cena de Navidad que hicimos allí mismo.
Un notable, sin duda.
Uma aperta,

Anónimo dijo...

O Pallarés agardo que quedara máis satisfeito que no última ocasión na que quedou con moita fame, ao resto dos comensais desa cea pareceulles moi caro e demasiado escaso.

Anónimo dijo...

A ter en conta aínda que os prezos téranse que adpatar aos tempos.

Anónimo dijo...

Nada que ver las cantidades de la cena anterior con el sábado. Este tipo de cocina no son para cenas grupales. La ración de rape, por ejemplo, pasó de 2 medallones a 5 por arte de magia, jajaja.
uma aperta,