viernes, enero 23, 2009

Outra delicia do 2008 para a fin de semana, "The Rip", Portishead

O trío de Bristol levaba dez anos sen botar un disco ata que no 2008 decidíronse e dende logo foi un dos lanzamentos máis agardados e sen dúbida un dos discos do ano. Estes meigos da música, máximos representantes con Massive Attack do denominado "Trip Hop" , fixeron con este "Third" (terceiro album, pensaron eh) un deses traballos densos nos que hai cancións que precisan de ser escoitadas varias veces pero cando se te meten dentro segues tarareando e e daslle ao botón para que comece de novo.

Nesta canción que vos poño a lentitude inicial , o intimismo e o misterio únense de xeito maxistral á voz envolvente da cantante Beth Gibbons e parece que nos levan polo aire. É unha gran canción pero non a única impresionante deste disco.

Póñovos un video de "The Rip", non pode ser o oficial pois Island Records non deixa collelo no YouTube pero como recompensa apareceu outro magnífico con Johnny Greenwood e o gran Tom Yorke de Radiohead facendo unha versión no backstage dun concerto en St. Louis. Outra marabilla.