martes, enero 13, 2009

Casa Tino Fandiño en Allariz, tradición galega



Dende 1917 leva este resturante dando de comer en Allariz, antes como Casa Fandiño simplemente, hai uns poucos anos que mudou de ubicación para unha casa restaurada do magnífico e coidado casco antigo de Allariz. Lembro ir comer a aquela primeira casa de camiño para Laza con Rafa e Sito para ir ver baixar A Morena...
Xa logo nas 4 últimas veces que visitei este restaurante xa estaba na nova casa, cuns comedores restaurados conseguindo un espazo amplo dentro dunha casa vella moi ben aproveitado.
Tino Fandiño é unha das referencias da cociña tradicional galega, gústame ir a ese restaurante porque sabes sempre o que te vas atopar: receitas de toda a vida, perfectamente recoñecibles, calidade nos productos e sabor da terra nas preparacións.
Para comer alí vos fago algunhas suxerencias, a min de entrante gústame probar as empanadas , desta última vez foi a de zamburiñas, deliciosa coma sempre, pero dende logo hai que estar atento a o que depara a tempada pois podeste atopar cuns deliciosos pementos do Arnoia.
LogoFandiño destaca nas carnes do país con atención especial á terneira e ao cabrito, tamén en tempada de caza din que serven unhas perdices memorables aínda que desta non tiña o corpo para elas.
Decanteime por uns dos pratos que máis me teñen convencido alí, o xarrete no seu xugo, toda unha delicia de mantecosidade e sabor producto dunha coidada cocción, de guarnición equecédevos de artificiosidades, chícharos e patacas
Non so de carne vive o home e lembro que en Fandiño teño tomado unha magnífica Robaliza ou unhas anguías do Miño fritidas que ben valían.
Para os postres continúa a tradición e desta pedimos unhas filloas recheas cunha crema que lebvaba castañas, postre ben larpeiro.
Por último dicirvos que na bodega de Fandiño podédevos atopar cos mellores Ribeiros da zona, bos Mencías e unha boa selección de Rioxas e Riberas.
En canto ao prezo, dicir que Fandiño mantén unha moi boa relación calidade/prezo , significar por exemplo que o Xarrete está so a 10€ na carta, normalmente por 25€ sen meterse en peixes ou mariscos podes ir moi ben comido.
Este post vai dedicado ao meu amigo Chones con quen desfrutei dunha boa enchenta en Fandiño hai xa uns cantos anos...

Non puxen fotos pero non vos esperedes nada diferente do que vos servían as vosas nais ou ávoas nas vosas casas.

1 comentario:

Gourmetdeprovincias dijo...

Estupenda pinta. Ando a voltas cunha posible escapada pola zona e non está de máis telo localidad. Ainda que, agora que o penso, se me vai acumulando o choio nesa parte da provincia.